Mostrar mensagens com a etiqueta Ence. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ence. Mostrar todas as mensagens

domingo, 14 de junho de 2009

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009

15f - Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende!!


(c+p Rede Galiza Non Se Vende)
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para todos!





.

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Ence ameaza: ou conceción eólica o trinta anos máis na Ría

Foto atopada en Desarrollo Sostenible

(Enlaza co artigo orixinal de Vieiros)
Ence manda recado: se non hai concesión eólica, trinta anos máis na ría

O presidente do grupo empresarial, Juan Luis Arregui, asegura ter catro novas posíbeis ubicacións para a celulosa.

O presidente do Grupo Ence, Juan Luis Arregui, entrevistouse este xoves con representantes dos traballadores para asegurarlles que a celulosa conntinuará na ría de Pontevedra “polo menos” até o 2018, ano no que remata a licenza administrativa de actividade. Pero, Arregui foi máis aló ao dicir que a empresa valora seriamente iniciar en 2015 os trámites para lograr unha nova concesión que lle permita estar na ría outros trinta anos.

O presidente do comité de traballadores, Nicolás Fernández, sinalou que Arregui lles explicou que renunciaría a unha nova concesión en Pontevedra sempre e cando a Consellaría de Industria aprobe os proxectos que Ence presenta canda os empresarios galegos Jacinto Rey, Manuel Jove e Epifanio Campo. Se o reparto eólico é favorábel a este grupo empresarial, Arregui afirmou que ten catro localizacións posíbeis a onde trasladar a celulosa.

A entrevista de Arregui cos representantes dos traballadores prodúcese poucas semanas antes de que Industria faga públicas as concesións eólicas. O departamento que dirixe Fernando Blanco comprometeuse a deixar pechado o reparto antes de mediados do vindeiro mes.

Artigo de Vieiros

Via Chuza por Kiko_das_leiras

Ultima Hora
Via Chuza por bieito




Vídeo by PluraliaTV



.

sábado, 15 de novembro de 2008

Rafael Pillado para Europa Press

(foto atopada en Salvemos Monteferro)
Europa Press O movemento 'Galiza non se vende' iniciou ás 10.00 horas de hoxe peches simultáneos en seis localidades galegas para denunciar, con motivo do sexto aniversario do Prestige, a política "continuista" do Goberno bipartito e para esixir que se resolvan os problemas que evidenció o accidente do petroleiro aquel 13 de novembro de 2002.
"Cambiou o goberno, pero cambiaron as políticas?", preguntouse en declaracións a Europa Press Rafael Pillado, voceiro da vintena de activistas concentrados no Concello de Ferrol. Ao mesmo tempo e ata as 13.00 horas prodúcense peches na casa consistorial de Mugardos; no edificio administrativo da Xunta en Vigo; na Consellería de Medio Ambiente en Santiago; no edificio administrativo da Xunta na Coruña; e no Concello de Ribadavia.

Baixo o lema 'Galiza non se vende, goberne quen goberne', pretenden alertar de que se "siga vendendo a Galicia a intereses escuros", que, a seu entender, provocan que nesta comunidade se desenvolvan prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas ou territoriais que "nada teñen que ver coas necesidades" galegas.

En consecuencia, Pillado exclamou "que pouco aprendemos daquela experiencia" e, despois de salientar os danos "gravísimos, case irreparables" do Prestige, considerou que "non son menores" os que xera o "continuísmo" da actual Xunta.

A modo de exemplo, referiuse ao acto conmemorativo que presidirá o titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en Vilagarcía de Arousa, e enmarcouno dentro de "un ritual cínico". "Só bota a vista atrás para seguir sacando proveito daquela traxedia", interpretou, e cargou contra o Goberno galego por "seguir apostando por un vergonzoso continuísmo".

Entre outros exemplos, aludiu a "recheos inxustificados" nas rías, á aprobación do "devastador" Plan Acuícola, ao Plan eólico "deseñado para os xuros empresariais", ao Plan Vigo Integra "creado para os construtores", ou á aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio "sen contar coa participación dos cidadáns".

Tamén criticou a proliferación de polígonos industriais "sen planificación", o cultivo do "clientelismo electoral", ou o mantemento de industrias perigosas, como Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Sogama ou Meirama. Fronte a isto, esixiu á Xunta "un troco de rumbo inmediato" de cara a poñer a sostenibilidade e a xustiza social "no centro" das súas políticas.

(Enlaza co artigo orixinal de Europa Press)


Relacionado

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

Atopan mercurio na auga da Ría de Pontevedra


Greenpeace evidencia nun informe os perigos aos que a industria do cloro expón a cidadáns e medio ambiente

No 2007 Greenpeace recolleu mostras de augas residuais, sedimentos... do entorno das industrias para proceder á sua análise na Universidade de Exeter (Reino Unido). Nas inmediacións de Ence en Lourizán (Pontevedra), onde non se levaron a cabo verquidos nos últimos cinco anos, rexistráronse 1,5 mg/kg de mercurio nunha zona onde actualmente traballan os mariscadores. Na maioría dos verteduras detectáronse metais pesados, como mercurio, cadmio e outros contaminantes característicos desta industria, tales como cloruro de vinilo, dicloroetileno ou cloroformo.... (artigo completo Greenpeace)

APDR denuncia a Ence




.

terça-feira, 14 de outubro de 2008

Arceibe tv


Arceibe tv é un novo espazo onde atoparás moitos dos vídeos publicados na bitácora de Arceibe, tanto de cosecha propia , coma de usuarios do You tube.
.

segunda-feira, 30 de junho de 2008

segunda-feira, 16 de junho de 2008

Apaga e Vamonos


O documental "Apaga e Vamonos", realizado por Manel Mayol, no que se denunciaron os abusos cometidos pola empresa ENDESA contra o pobo indíxena Mapuche durante a construción dunha central hidráulica en Chile.

A empresa disque empezouse a construír no ano 1997 no Alto Biobío, o río máis longo de Chile e provocou que as familias
indíxenas Mapuches propietarias das terras fosen "recolocadas" noutras zonas, ademais de inundar 14 cemiterios Mapuches. O documental tamén denuncia o trato ao que foron sometidos aqueles indíxenas que mostraron a súa oposición a esta situación.
Para o director do documental, a construción da central hidráulica fíxose cunha complicidade absoluta de Endesa co Goberno Chileno.

Endesa entrou no ano 2000 no capital de REGANOSA e talvez a experiencia cos indíxenas mapuches serviulle de referencia para o que algúns anos despois viñeron a facer aos veciños de Mugardos.

Fago esta referencia para que recapacitemos sobre o feito de que hai veces que somos capaces de sensibilizarnos con problemas que nos afectan de lonxe e, sen embargo, somos incapaces de solidarizarnos cos problemas dos nosos veciños aos que néganlles os seus máis elementais dereitos civís.

(copiado do prólogo -
Muros de Silencio)


Apaga e Vamonos vídeo





(vídeo via) http://homepage.mac.com/alambrada/audiovisual/iMovieTheater128.html

Máis información
Apagayvamonos.net
es.wikipedia.org

.



quinta-feira, 12 de junho de 2008

Marcha contra as celulosas - sábado 14 de xuño


CONTRA AS AUTORIZACIÓNS .... MOBILIZACIÓN !!!
MARCHA CONTRA CELULOSAS O SÁBADO 14 DE XUÑO ÁS 20:30
NAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA

"Fronte á ilegalidade, fronte á irracionalidade e o engano, só cabe a mobilización social"

Ver: Convocatoría Marcha 2008


.

ENCE fora da Galiza… Agora xa!!

Enlace co artigo orixinal de Adiante Gz

enceNo día mundial do medio ambiente non podemos menos que denunciar a ENCE de Pontevedra. Industria de enclave capitalista situada na ensenada dos Praceres en Pontevedra. Instalada a principios dos anos sesenta co franquismo empregando buques de guerra e militares contra os civis que defendían o seu posto de traballo, na fazaña militar resultaron feridos varios veciñ@s e outros foron encadeados varios anos.
A loita contra o complexo contaminante de Lourizán foi constante e popular, e onde o nacionalismo máis consecuente tivo importante protagonismo creando organizacións cidadás, facendo denuncias e efectuando accións militares.
Por todo o cal o facho do rechazo e a contestación en defensa da ría e dos seus postos de traballo nunca decaeu.
O complexo foi ampliado nos anos setenta coa instalación dunha fábrica de cloro. Polo cal aumentou a contaminación e o perigo.
A celulosa foi instalada sendo alcalde Filgueira Valverde antigo militante do Partido Galeguista que co remate da guerra golpista non tivo inconvinte en proclamarse falanxista.
Elnosa montouse na década dos setenta sendo alcalde o tamén falanxista García Sánchez.
A situación actual do complexo contaminante é de absoluta ilegalidade posto que incumpre o (RAMINP), lei sobre industrias contaminantes, nocivas e perigosas que esixe que teñen que atoparse a máis de dous mil metros de calquera núcleo de poboación.
Por todo o cal a situación ten uns responsábeis políticos do bipartito da Xunta, PsoE e BnG, que non obrigan ao complexo a cumprir a lexislación vixente.
Por riba temos que soportar as mentiras do señor Pachi Vázquez, conselleiro do mal ambiente. Soamente o rescate da concesión por parte da administración, devolver os terreos roubados ao mar á súa anterior situación de praia marisqueira e a demolición inmediata do complexo poden satisfacer o cumprimento das leis e anceios do pobo máis consecuente.

2018…? Agora xa!!

A mocidade en defensa da Terra!

Via Chuza por Partisano

Relacionado
Tres vídeos para que todos poidamos opinar coa maior información posible


Contaminación da ría de Pontevedra pola papeleira Ence


.

domingo, 25 de maio de 2008

Dous vídeos dende "Amigus - As Pontes" sobre a "Celulosa"

Cómo se fai o papel?



MORFEO explica a NEO o pasado, presente e futuro do papel



Vídeos atopados en Amigus - As Pontes
Relacionado arceibe/informe-papeleira-ence-en-pontevedra


.

sexta-feira, 23 de maio de 2008

(Ortigueira Sostible) O BIPARTITO PIDE DISCRECCIÓN: NÓS TRANSPARENCIA

Foto atopado na bitácora Choiva Azeda

(c+p Ortigueira Sostible) Xa se decataron de que non vai ser doado. Pontevedra rexeita o complexo de Lourizán e o seu traslado é un compromiso político ineludible para o bipartito. Pero tamén hai un compromiso manifesto coa empresa: ENCE debe reubicarse no país. En Galicia, si, di Touriño. E o discurso político atopa malabarísticamente o xeito de conciliar as incontrovertibles razóns de Pontevedra para desterrar a papeleira en incontestables vantaxes polas que a localidade X debería acollela. Pero non está sendo doado. Polo momento a simple mención a título de rumor de A Coruña, porto exterior, como ubicación de acollida, ven de provocar unha excitada reacción por parte do seu alcalde, que a cualifica de brincadeira. Non andou polas ramas o alcalde Losada: Non hai como abortar algunhas ideas antes de que se convertan en posibilidade. E que sexan outros os que liden coas vindeiras APDRs, con manifestacións e litixios nos tribunais. Irisarri non se queda atrás e lle sae ao paso: En Ferrol tampouco. E xa son dous os representantes do PSOE os que cualifican a celulosa de grave risco para a costa e instalación indesexable para a súas localidades. “Si ENCE non contamina que quede en Pontevedra”, di Losada sen ambaxes. Que Touriño, Quintana e Blanco expliquen ao mundo por qué en Pontevedra non, por qué non en A Coruña nin en Ferrol pero sí á beira do Eume. O bipartito toma nota: Non hai que alporizar as pitas. Quintana demanda discreción: A administración seguirá a buscarlle o sitio a ENCE en nome do interese público, pero coidando que os cidadáns non se decaten moito. Obxectivo: disolver a posible contestación social nunha espesa desinformación. Garantir o interese da empresa e procurar o menor impacto...electoral. Porque o impacto ambiental dunha pasteira xa non se pon en dúbida: De ser asentada en As Pontes, a Xunta recoñece que se faría necesario construír unha longa e custosa canalización das súas tóxicas verteduras ata o mar (ría de Ferrol) para non provocar o envelenamento do río que da vida ao parque natural das fragas do Eume. As novas tecnoloxías de producción de celulosa poden reducir as emisións pero non é suficiente para facer desexable para ningunha localidade a súa instalación, nomeadamente tendo en conta que non hai unha compensación social que a xustifique: As novas tecnoloxías, menos contaminantes, tamén consisten nunha maior mecanización da producción e unha necesidade menor de man de obra. A actual ENCE da traballo directo a 300 persoas, a próxima factoría colocará a pouca mais xente que unha carpintería industrial. Eso si, consolidará o cuestionable modelo forestal que ten hipotecados os nosos montes e obstaculizará o desenvolvemento sustentable deste sector. Pero o bipartito ten pechado este debate e asume os intereses da empresa como propios. Agora, pola vía do escurantismo pretende colocar á cidadanía ante feitos consumados. Como se fixo con REGANOSA: Pero aínda non se decataron que esas cousas acaban por estoupar, esperemos que sexa soamente na carreira política de alguén.

(Enlace co artigo orixinal na bitácora Ortigueira Sostible)

.

quinta-feira, 22 de maio de 2008

Notas de prensa do CCE para a Ría de Ferrol e Verdegaia sobre posible traslado de Ence a Ferrol

Nota de Prensa do CCE sobre a Celulosa de ENCE na Ría de Ferrol



Nota de Prensa do CCE


Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE manifesta:


Amosar o noso apoio a Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma, que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría de Pontevedra como patrimonio de todos.


Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano, que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.


As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a “discrecionalidade”, poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.


O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga e titulado “Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia”, e chama a toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.


Ferrol a 20 de Maio de 2008

(C+p) CCE para a Ría de Ferrol


Posible traslado da planta de Ence a Ferrol ou As Pontes



Verdegaia considera que se está a xenerar unha polémica innecesaria en torno á posible ubicación futura da planta de produción de celulosa de Ence-Elnosa. Consideramos que, se esta industria é altamente contaminante, a solución máis acorde co desenvolvemento sostible pasa polo seu peche definitivo e por novas políticas consensuadas sobre a produción e o uso do papel, onde teñan cabida a redución do consumo e o fomento do uso de papel reciclado.

se está a crear unha polémica absurda, falaz e innecesaria sobre a futura ubicación da planta de produción de celulosas que Ence-Elnosa ten actualmente en Pontevedra. Ás recentes declaracións dos alcaldes de A Coruña e Ferrol opoñéndose á ubicación da planta nos portos exteriores de Punta Langosteira e Caneliñas, respectivamente, demostran claramente que ninguén quere afrontar ante os seus/as súas votantes o custo político de permitir esta barbaridade.

A empresa Ence-Elnosa foi condenada en firme por un delicto continuado de contaminación ambiental, ademais de xenerar unha forte oposición cidadá en Pontevedra, polo que reubicar a planta noutro lugar é simplemente cambiar o problema de sitio, non solucionalo. Ademais a empresa está a mentir continuamente sobre os seus niveis de contaminación por mercurio, segue a verter augas cunha carga contaminante moi superior á permitida pola lexislación actual e no ano 2007 foille denegada a solicitude de declaración de innecesariedade do dominio público marítimo terrestre das Marismas de Lourizán.

No que se refire á materia prima para a produción da pasta de papel, Ence-Elnosa é responsable tamén dunha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia, como é a "eucaliptización" do país. A través da súa filial Norfor, Ence é responsable do cultivo de miles de hectáreas de eucalipto, cultivo que moitas veces se fai de maneira ilegal. Tal e como afirman dende a Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra, "o seu modelo de traballo forestal é altamente destructivo. Ao ser Ence o primeiro comprador de madeira de eucalipto exerce de feito como monopolio, establecendo uns precios á baixa para a madeira que arruinan aos propietarios. A xestión forestal de Norfor e Ence é manifestamente insostible social, económica e ambientalmente". Non deixa de ser sorprendente que ningún responsable forestal de Galicia se plantexe que no resto dos países de Europa tamén usan papel, e coa excepción de Portugal, en ningún deles se cultiva eucalipto.

O actual goberno galego non pode pensar en continuar con este modelo antisocial e antiecolóxico, e debería dar os pasos oportunos, de cara ao peche de Ence -Elnosa en 2018, tendo en conta a opinión de todos os sectores sociais implicados, cara a un modelo industrial sostible e compatible cos valores ambientais e naturais de Galicia.
Por todo isto, dende Verdegaia solicitamos á Xunta de Galicia que deixe de dar paus de cego no tema de Ence-Elnosa e que se abra inmediatamente un debate no que se escoite a todos os sectores sociais implicados para atopar unha solución que permita, por un lado, desbotar a opción do traslado de Ence-Elnosa e afrontar o peche definitivo da planta, e por outro, atopar unha solución acorde coas políticas de desenvolvemente sostible para a produción e consumo de papel en Galicia. Ao noso xuizo, estas solucións deberían pasar pola redución no uso de papel e polo fomento do uso de papel reciclado (a propia administración debería dar exemplo nisto), e pola produción sostible e non contaminante de papel usando unha materia prima que non sexa o eucalipto.


Xoves, 22 de Maio do 2008

(C+p) Verdegaia

.

terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

(@migus - As Pontes) - Ence negociará o seu traslado coa Xunta tras as eleccións




Foto atopada en X CHOIVA ÁZEDA

(@migus) O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ordenou abrir unha negociación cos directivos de Ence logo das próximas eleccións xerais do 9 de marzo, para adiantar ao 2012 o traslado da papeleira, que ten permiso para continuar na súa actual localización (dentro da parroquia pontevedresa de Lourizán) ata o ano 2018. O presidente da Empresa Nacional de Celulosa España, Juan Luís Arregui, mantén contactos co Goberno autónomo desde finais do pasado ano... (Artigo completo aquí)
Tamén en Chuza

.

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

Pola denegación da autorización ambiental a ENCE - [Asina]




asinaence.gif [(c+p) Adega] A APDR (ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA) ven de promover unha iniciativa para recoller o maior número de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fatoría de ENCE en Lourizán. Esta autorización suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo inaceitábel para unha parte importante da cidadanía galega. A presenza de ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra coarta o desenvolvemento sustentábel da comarca, que debería vir da man do aproveitamento racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais... ENCE non pode seguir poñendo en perigo a saúde ambiental e cidadá da ría por máis tempo. Baixa e asina o MODELO DE ALEGACIÓNS. (Artigo completo)
Tamén en Chuza


Nas bitácoras amigas