Mostrar mensagens com a etiqueta Música. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Música. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 24 de fevereiro de 2009

terça-feira, 20 de janeiro de 2009

2º concerto da caravana de Galiza Non Se Vende - Coruña


O próximo sábado dia 24 a caravana de Galiza Non Se Vende chega a Coruña cun novo concerto, no que actuaran os grupos: A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, os trés trebóns e Samesugas.
Terá lugar na Casa das Atochas, no bairro de Monte Alto ás 20:30
.

segunda-feira, 29 de dezembro de 2008

Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos


Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 7 cidades ou vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.

O goberno “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias. (Artigo completo na bitácora de Galiza non se vende)


A nova tamén en Chuza
.

domingo, 28 de dezembro de 2008

O Apalpador sairá polas ruas de Ferrol o 30 de Dezembro


O próximo dia 30 de Dezembro a partir das 19:00h, O Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento. Durante esta semana já foi visto em diferentes Comarcas da Galiza.

(c+p) Fundaçom Artábria
Via Plataforma Artabra 21

.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2008

HOXE: Che Sudaka na Fundaçom Artábria!!



"CHE SUDAKA" en concerto na Fundaçom Artábria hoxe 12 de decembro as 22:30 horas, o prezo do billete é de 4 euros para sócios e de 5 euros para o públio xeral. A música continuará con "A Moriña Sound Antisistema"

CHE SUDAKA: http://www.myspace.com/chesudakastyle
A morrinha Sound Antisistema: www.myspace.com/amorrinha

Fundaçom Artábria
Vía Plataforma Artabra 21


.

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

Acto Solidario con Cuba no Teatro Jofre de Ferrol


Víde by Fuco Buxán


Acto Solidario con Cuba
Mércores 10 de decembro ás 20:30
no Teatro Jofre de Ferrol



(c+p Fuco Buxán)Trátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias.
O prezo da entrada son 6 euros.

Organizado pola Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:
ACSUR las Segovias. Ateneo Ferrolán. A. VV de Caranza " Cuco Ruíz de Cortazar". A. VV de Esteiro"Fontelonga". CPS de San Valentín. Asociación E.P. Uruguai-Galicia. Asociación Fuco Buxán.
coa colaboración e patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

Programa do Acto, que será presentado pola periodista Beatriz Picos:

Ulträqäns, Balakandra, Norge Batista ( cantautor cubano), Laura Landeira (recita) Luar na Lubre, Coro Toxos e Froles.


Intervirán: Un representante da Plataforma de Axuda Urxente a Cuba e o Consul Cubano en Galicia.
A recadación ingresarase na conta de Caixa Galicia: 2091 0000 35 3040185583. onde tamén podense facer donativos.
As entradas xa están á venta no Teatro Jofre e por internet na Páxina: http://www.ferrol.es/jofre.

Máis información dos proxectos a financiar.




.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Reganosa NON


Vídeo by Meiga77

Vídeo atopado na bitácora de canariodopenedo

.

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Homenaxe a María Manuela dos Ferroláns

María Manuela na campaña "A Ría na Rúa" foto Comité Cidadán


(c+p Chuza) A cidade de Ferrol e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego unirán-se para render unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Será nunha grande gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partires das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta. Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán, Xurxo Souto e María do Ceo serán algúns dos artistas que estarán na gala.


(máis información en radiofusion)

.

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

“O Recuncho”, o programa de “fuco buxán” en Rádio FilispiM (93.9 FM)


Unha nova emisión - a cuarta – en directo, de “O Recuncho”, o programa de “Fuco Buxán” en Rádio FilispiM (93.9 FM), emitirase o próximo sábado, 22 de novembro, de 11 a 13 horas.

“O RECUNCHO DE TODOS”

Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.

Máis información na Web de Fuco Buxán
O blog do Recuncho é: http://recunchofuco.blogspot.com

.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

Nenos do proxecto "COOPERA" no Congo cantan o himno do Atlhétic


Vídeo By JordiSakolegi

(c+p da información do vídeo)
Este vídeo, está gravado en KIVU, zona do Congo onde nestes momentos existe un conflito militar gravísimo. Nun poboado, onde viven estes nenos, está cooperando unha ONG, con base en Logroño, que se chama COOPERA, (http://www.coopera.cc/é/) e entre os seus voluntarios atópase unha muller catalá, pero residente en Bilbao, Carmen Vidal (Carma), que nunha das súas visitas a Bilbao fai uns meses, suxeriu humildemente algo de material para os nenos que aparecen no vídeo. Contacteille co Athletic, entregáronlle petos e balóns. Ela e os seus nenos, comprometéronse a devolver con medras a amabilidade do Athletic. Xunto cos petos e os balóns, levouse gravado o noso himno, que lle entregou o seu socio Iñigo, na clínica Veterinaria Ensanche de Bilbao. Uns meses despois, este pasado Luns, deixounos a todos pequenos, cando nos fixo chegar este vídeo, que creo que nos emociona e impresiona a todos os que somos do Athletic. (c+p da información do vídeo)


.

quarta-feira, 19 de novembro de 2008

35 ilegalidades na Ria de Ferrol



Dende o 8 de maio do 2007, co Buque Gaseiro "Galicia Spirit", ata hoxe 19 de novembro do 2008, co Buque "LNG Lagos", Reganosa xunto cos seus complices (os da Republica bananera da Xunta vendida) levan cometido 35 ilegalidades na Ria de Ferrol metendo na nosa estreita Ría 35 Gaseiros (Algun deles máis vello co Prestige)

.

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

sexta-feira, 7 de novembro de 2008

Arceibe fai un ano...

Vídeo by esguello


Fai un ano fixen esta entrada; “un vídeo de O Courel e música de Luar na Lubre supera as 400.000 visitas en YouTube“. Despois deste tempo atopamos que a cifra de visitas é moi superior, chegando as 881.103 , unha cifra que comeza a ser importante. Lembrar que o vídeo fíxose para reivindicar a declaración de O Courel como Parque Natural, con imaxes da serra lucense, tomadas da TVG e música de fondo "Terra", un tema do grupo Luar na Lubre.



Axiña chegará ao millón!!




Relacionado

quarta-feira, 5 de novembro de 2008

Yes, We Can




Vídeo by semprenagaliza

.

terça-feira, 28 de outubro de 2008

Magosto popular "A Ría na Rúa"


Este Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade con arte, solidariedade, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense ver en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaranse as 10 obras no Centro Cívico de Caranza, desde as 5 da tarde, onde haberá música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Participa !!
.

Nas bitácoras amigas