Mostrar mensagens com a etiqueta Miño. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Miño. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

sábado, 15 de novembro de 2008

Rafael Pillado para Europa Press

(foto atopada en Salvemos Monteferro)
Europa Press O movemento 'Galiza non se vende' iniciou ás 10.00 horas de hoxe peches simultáneos en seis localidades galegas para denunciar, con motivo do sexto aniversario do Prestige, a política "continuista" do Goberno bipartito e para esixir que se resolvan os problemas que evidenció o accidente do petroleiro aquel 13 de novembro de 2002.
"Cambiou o goberno, pero cambiaron as políticas?", preguntouse en declaracións a Europa Press Rafael Pillado, voceiro da vintena de activistas concentrados no Concello de Ferrol. Ao mesmo tempo e ata as 13.00 horas prodúcense peches na casa consistorial de Mugardos; no edificio administrativo da Xunta en Vigo; na Consellería de Medio Ambiente en Santiago; no edificio administrativo da Xunta na Coruña; e no Concello de Ribadavia.

Baixo o lema 'Galiza non se vende, goberne quen goberne', pretenden alertar de que se "siga vendendo a Galicia a intereses escuros", que, a seu entender, provocan que nesta comunidade se desenvolvan prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas ou territoriais que "nada teñen que ver coas necesidades" galegas.

En consecuencia, Pillado exclamou "que pouco aprendemos daquela experiencia" e, despois de salientar os danos "gravísimos, case irreparables" do Prestige, considerou que "non son menores" os que xera o "continuísmo" da actual Xunta.

A modo de exemplo, referiuse ao acto conmemorativo que presidirá o titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en Vilagarcía de Arousa, e enmarcouno dentro de "un ritual cínico". "Só bota a vista atrás para seguir sacando proveito daquela traxedia", interpretou, e cargou contra o Goberno galego por "seguir apostando por un vergonzoso continuísmo".

Entre outros exemplos, aludiu a "recheos inxustificados" nas rías, á aprobación do "devastador" Plan Acuícola, ao Plan eólico "deseñado para os xuros empresariais", ao Plan Vigo Integra "creado para os construtores", ou á aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio "sen contar coa participación dos cidadáns".

Tamén criticou a proliferación de polígonos industriais "sen planificación", o cultivo do "clientelismo electoral", ou o mantemento de industrias perigosas, como Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Sogama ou Meirama. Fronte a isto, esixiu á Xunta "un troco de rumbo inmediato" de cara a poñer a sostenibilidade e a xustiza social "no centro" das súas políticas.

(Enlaza co artigo orixinal de Europa Press)


Relacionado

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

A crise ambiental do Eume pode repetirse agora na bacía do Miño (Adega)

Mércores 5 de Novembro o Chamoselo segue igual (Foto Amigus - As Pontes)


(Enlaza co artigo orixinal de Adega)

A volta das chuvias evidencia a ineficacia das medidas da consellaría para recuperar o Eume. O río Chamoselo, afluente do Eume, arrastra importantes cantidades de metais pesados e segue amosando un pH estremadamente ácido, con valores por baixo de 3,6. A crise do Eume podería repetirse agora na bacía do Miño. As mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial, a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, unhas 100 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra, que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, (Rede Natura).

A crise ecolóxica no Eume púxose de manifesto en xullo pasado cando comenzou a captación de auga para o recheo da mina de Endesa e se rexistraron as primeiras mortandades de peixes debido á acidificación.
Logo das actuacións de control nos afluentes (Chamoselo e Lavadoiro) e da masiva adición de carbonato no encoro da Capela, ningunha das causas que responsábeis da crítica situación do Eume están hoxe solucionadas:


  • Mantense a captación de auga por parte de Endesa para encher a mina, reiniciada despois do verán. Persisten as incertidumes sobre o comportamento ambiental e xeotécnico desta enorme balsa ácida que está a medrar na cabeceira dun Parque Natural, cuxos efectos, en caso de accidente, poderían ser catastróficose para o Eume e a ría de Ares.

  • Os labores de selado dos taludes e de contención das escorrentías procedentes das obras da autovía Ferrol-Vilalba, que aportan unha alta acidez e preocupoantes cantidades de metais pesados foron ineficaces.

  • As toneladas de bicarbonato cálcico vertidas pola Consellería de Medio Ambiente no río nun inútil intento de por elevar o pH foron só un parcheo e non solucionaron o problema. Estas actuacións, mesmo poden ser causa de máis problemas ambientais e técnicos (inestabilidade do formigón do encoro) que aportar solucións duradeiras.

  • E por se isto fora pouco as mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial. a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, case 1000 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra (bacía do Miño) que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, pertecente á Rede Natura.

Cantas veces vai a Consellería de Medio a cometer os mesmos erros e canto nos vai custar agora?


Adega


Relacionado

.

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

terça-feira, 21 de outubro de 2008

Puñalada no corazón da Ribeira Sacra: Fenosa e o seu proxecto Belesar III

Foto atopada en Desdelesperpento


O proxecto de modificación das características da concesión dos saltos de Belesar e os Peares presentado por Fenosa está encamiñado a aumentar o aproveitamento hidroeléctrico da bacía media do Miño bombeando dende o encoro dos Peares até o de Belesar nas horas nocturnas de baixa demanda e turbinando polo día en horas de alta demanda. Polo tanto este proxecto consumirá enerxía neta e o seu único obxectivo é lucrar á empresa promotora, Unión Fenosa, especulando coas subvencións públicas ás renovábeis. Ao tratarse dunha "modificación" da concesión, vai o Sr. Touriño a permitir esta desfeita como afirmou recentemente e como aconteceu co proxecto de Santo Estevo II no Sil?... (Artigo completo en Adega)


Relacionado


.

segunda-feira, 20 de outubro de 2008

A Fundación Germán Estévez denuncia á Unesco a "desfeita ambiental" que suporán os novos encoros no Miño-Sil



(Enlaza co artigo orixinal en GZnación)

Os técnicos e voluntarios da Fundación Germán Estévez de Protección da Natureza remitiron aos técnicos de patrimonio e medio natural da Unesco un completo dossier con documentación, ao través do cal solicitan a súa visita á Ribeira Sacra para comprobar "in situ" a "desfeita ambiental" que supoñerá a construción dunha macrocentral hidroeléctrica no municipio de Nogueira de Ramuín. Critican a actuación da consellería de Medio Ambiente por conceder a autorización, ironizando con que considerasen que "non dana o hábitat nin a paisaxe" unha obra que, segundo sinalan, "dinamita e perfora as paredes dun río que a natureza tardou máis de mil anos en construír". Así mesmo, solicitan aos alcaldes da Ribeira Sacra que convoquen mocións de apoio á paralización das obras na conca Miño-Sil, e piden aos investigadores universitarios que se pronuncien sobre os danos medioambientais de devanditas obras.

Artigo de GZnación
Via Chuza

Relacionado
Hidroeléctricas contra o Canón do Sil

.

Nas bitácoras amigas