A través da campaña “Galicia, mellor sen touradas”, a Asociación Animalista LIBERA!e a plataforma internacionalStop Our Shame, estrearán o documental "Animal"en diferentes espazos de Galicia, a proxección en Ferrol é o venres día 4 de xullo ás 19 horas no salón de actos doAteneo Ferrolán.
Oxalá que, xa sexa por persecución política ou por necesidade económica, teñades que emigrar. Oxalá que vos vexades obrigados a abandonar a vosa terra. Oxalá que teñades que buscar acollida e oportunidades nun país que non é o voso. Oxalá que atopedes á vosa chegada un centro de internamento. Oxalá que vos resulte case imposible atopar un traballo con contrato e Seguridade Social. Oxalá que vos miren con malas caras en moitos lugares. Oxalá que se aproveiten de vós mentres traballades como animais. Oxalá chegue o día en que, quen votastes en Bruxelas a favor dunha lei despreciable, sufrades nas vosas carnes a explotación e o ninguneo. Oxalá.
JUAN LUÍS URCHEGUI LASARTE - San Sebastián - 19/06/2008 OpiniónEl País
Quercus Eolicus é unha espécie autóctona galega, de caracter robusto, porte maxestuoso, que pode superar unha altura de 150 metros. Presenta un tronco recto e oco de cor braca, unha dura cortiza, e unha única folla verticilada composta normalmente por tres foliolos, tamen de cor branca. Presenta longas raices subterráneas que buscan subestacións ou liñas de alta tensión. Nunca florece, sendo un auténtico mistério a forma de reproducción desta curiosa árbore xigante... (Artigo completo en Triacastela Viva)
En consecuencia, Manuel Rodríguez, presidente doComité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, exixiulle este mércores ao goberno que acate a sentenza xudicial, e que retire os recursos interpostos ante o Tribunal Supremo. "Non se pode permitir que a Xunta apoie a un grupo privado. É unha situación esperpéntica que vai en contra da Xustiza e da cidadanía", denunciou Humberto Fidalgo, deADEGA. O Comité Cidadán fíxolle entrega á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galiciadun escrito de peticiónneste senso.
Nace "Novas na Eumesfera",un agregador social de novas clonChuza, no que se poderán subir todas aquelas novas da comarca do Eume co obxecto de que ao ser votadas e promovidas polos usuarios a súa divulgación será maior.
O documental "Apaga e Vamonos", realizado por Manel Mayol, no que se denunciaron os abusos cometidos pola empresa ENDESA contra o pobo indíxena Mapuche durante a construción dunha central hidráulica en Chile.
A empresa disque empezouse a construír no ano 1997 no Alto Biobío, o río máis longo de Chile e provocou que as familias indíxenas Mapuches propietarias das terras fosen "recolocadas" noutras zonas, ademais de inundar 14 cemiterios Mapuches. O documental tamén denuncia o trato ao que foron sometidos aqueles indíxenas que mostraron a súa oposición a esta situación. Para o director do documental, a construción da central hidráulica fíxose cunha complicidade absoluta de Endesa co Goberno Chileno.
Endesa entrou no ano 2000 no capital de REGANOSA e talvez a experiencia cos indíxenas mapuches serviulle de referencia para o que algúns anos despois viñeron a facer aos veciños de Mugardos.
Fago esta referencia para que recapacitemos sobre o feito de que hai veces que somos capaces de sensibilizarnos con problemas que nos afectan de lonxe e, sen embargo, somos incapaces de solidarizarnos cos problemas dos nosos veciños aos que néganlles os seus máis elementais dereitos civís.
Poden coincidir ata 25 buques de guerra no arsenal militar de Ferrol [cargados de caramelos e xoguetes para os nenos], gaseros na ría e, que tal se cargamos de yijadistas un boeing 747 e dirixímolo cara ao aeroporto da Coruña, a través do corredor aereo que atravesa a cidade de Ferrol e a regasificadora de mugardos (REGANOSA)?
Humor grafico dendeReganosa-Demolizónopositores que reclaman a demolizón da planta de gas de Reganosa e a restitución do espazo que ocupa ao seu estado orixinal.
No día mundial do medio ambiente non podemos menos que denunciar a ENCE de Pontevedra. Industria de enclave capitalista situada na ensenada dos Praceres en Pontevedra. Instalada a principios dos anos sesenta co franquismo empregando buques de guerra e militares contra os civis que defendían o seu posto de traballo, na fazaña militar resultaron feridos varios veciñ@s e outros foron encadeados varios anos.
A loita contra o complexo contaminante de Lourizán foi constante e popular, e onde o nacionalismo máis consecuente tivo importante protagonismo creando organizacións cidadás, facendo denuncias e efectuando accións militares.
Por todo o cal o facho do rechazo e a contestación en defensa da ría e dos seus postos de traballo nunca decaeu.
O complexo foi ampliado nos anos setenta coa instalación dunha fábrica de cloro. Polo cal aumentou a contaminación e o perigo.
A celulosa foi instalada sendo alcalde Filgueira Valverde antigo militante do Partido Galeguista que co remate da guerra golpista non tivo inconvinte en proclamarse falanxista.
Elnosa montouse na década dos setenta sendo alcalde o tamén falanxista García Sánchez.
A situación actual do complexo contaminante é de absoluta ilegalidade posto que incumpre o (RAMINP), lei sobre industrias contaminantes, nocivas e perigosas que esixe que teñen que atoparse a máis de dous mil metros de calquera núcleo de poboación.
Por todo o cal a situación ten uns responsábeis políticos do bipartito da Xunta, PsoE e BnG, que non obrigan ao complexo a cumprir a lexislación vixente.
Por riba temos que soportar as mentiras do señor Pachi Vázquez, conselleiro do mal ambiente. Soamente o rescate da concesión por parte da administración, devolver os terreos roubados ao mar á súa anterior situación de praia marisqueira e a demolición inmediata do complexo poden satisfacer o cumprimento das leis e anceios do pobo máis consecuente.
Para escoitalos en directo, achegate este ano ao Festival do Río Castro en Narahio este 5 de Xullo de 2008.
BALAKANDRA nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta ós seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Co “parón” do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a tomar forza e a asentarse como grupo. Nesta primeira formación estaban Martín Sanjurjo, "Farru" Rodríguez e Juanjo Porta. No ano 2004 Balakandra presentase ó concurso “GALIZA SONS FOLK” alcanzando a final do concurso e grabando así un disco conxunto cos outros dous finalistas. Durante os anos 2005 e 2006 tocan por gran cantidade de concellos, salas e festivais de Galiza. A principos do ano 2007 Juanjo ten que abandonar o grupo, pero Martín e Farru seguen adiante con Balakandra incorporandose Manolo Dopico, o que fora guitarrista de grupos coma Leixapren e Maria Manuela. Na primavera do 2007 entra a voz de Amparo Calvo, membro de Saraibas, e no outono incorpórase "Dubi" Lamas ó baixo. Xa coa nova formación asentada Balakandra volta á carga e están a preparar un longo 2008 no que pasearán a súa música por toda Galiza coa mente posta na grabación do seu primeiro disco. A súa música: Dificil sería poñer unha etiqueta ao que nos ofrecen Balakandra, nas súas cancións mistúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo atísvanse algunhos ritmos balcánicos, todo isto pasado por un filtro de folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén atrapando ao público nesta viaxe polos sons do mundo. Balakandra son: Martín Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, Violín, Dobro e Voz, Farru Rodríguez: Batería, Percusións, Acordeón e Guitarra, Manolo Dopico: Guitarra acústica e española, Mandocelo e Voz, Amparo Calvo: Voz e Percusión, Dubi Lamas: Baixo.
“Unha vez mais o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocavos hoxe aquí para celebrarmos o Día Mundial do Medioambiente rexeitando a ubicación da Planta de Gas dentro da Ría, a mais de advertirvos das novas ameazas que a súa ilegal producción ten para a cidadanía e para a Ría.
Nesta ubicación, dentro da Ría, se se produce un accidente, non existen nin medios materiais, nin técnicos, nin plans de emerxencia capaces de evitar unha enorme traxedia.
En instalacións perigosas como Reganosa, que ademais está construída ao lado do complexo petroquímico, “Forestal del Atlántico”, un accidente terá un desenlace de morte e devastación.
Desgraciadamente hai evidencias, mais que suficientes, de que a pesares das estrictas medidas de seguridade, un accidente pódese producir en calquera momento, polo que a única seguridade posible para a poboación e o medioambiente é a distancia suficiente a instalación.
A Planta de Gas de Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades, amparadas pola conivencia política do goberno Fraga, Aznar e do bipartito PSOE-BNG e axudada por determinados mercenarios mediáticos que poñen en práctica principios propagandísticos nazis dunha mentira mil veces repetida convírtese nunha verdade.
Pero Reganosa a pesares de que está funcionando e de que ten moitos permisos, segue a ser ilegal e non cumpre coa normativa esixida a este tipo de instalacións. É ilegal porque non foi avaliada medioambientalmente, temos dúas sentenzas favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que así o demostran. É ilegal porque o Concello de Mugardos modificou irregularmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal para construír Reganosa, tal e como acaba de dictaminar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nunha nova sentencia favorable ¡e xa van tres!. E é ilegal, porque non ten acreditados os condicionados da súas autorizacións, pois dentro da Ría é imposible que Reganosa poida demostrar que:
- está a unha distancia suficiente da poboación, como ordena o artigo 12 da Directiva Seveso II,
- que os gaseros, en caso de emerxencia, poden saír ao mar aberto polos seus propios medios, segundo require a norma EN-1532,
- o efecto dominó que prevé o RD 1254/99, non se tivo en conta que a Planta fíxose adosada a un complexo petroquímico, o que magnificaría enormemente as consecuencias dun accidente na Planta ou no complexo petroquímico.
Queremos advertiros de que a fraudulenta entrada en funcionamiento de Reganosa e a ambición dos seus propietarios sométenos a novas ameazas:
- Reganosa quere ampliar a súa capacidade de regasificación porque a marxe de beneficio das empresas gasísticas baixouna o Goberno en decembro do 2006. Esta ampliación terá como consecuencias o verquido e uso de 600.000 m3 diarios de auga da Ría e a entrada e saída de dous gaseros a semana. Esta ampliación segue a respoder á insensatez de Reganosa, xa que só está producindo ao 47% da súa capacidade, aínda así ten que mandar a metade desta producción fora de Galiza, porque aquí non hai necesidade dese consumo. E ese gas que manda fora, só representa o 6% do total que se consume en España. É evidente que a Planta de Gas de Reganosa nin é estratéxica nin é viable.
- O feito de transportar polas estradas galegas camións cisternas de 20 toneladas, que equivalen a 1.600 bombonas, constitúe unha mostra mais da impunidade coa que actúa Reganosa, sometendo a un enorme perigo a poboación galega, nun alarde propagandístico de exaltación da súa viabilidade.
- A Autoridade Portuaria ten aprobado o dinamitado da canle de entrada a Ría coa única intención de favorecer o tránsito dos gaseros que abastecen a Planta de Reganosa. Intención feita pública, polo seu presidente, D. Amable Dopico, nunha TV local o pasado ano.
Con este dinamitado non van garantir a saída ao mar dos gaseros polos seus propios medios, en caso dunha emerxencia. De levarse a cabo, cos cartos públicos, que son de todos nós, este dinamitado degradaría aínda mais a Ría e terá consecuencias negativas para os Castelos e o banco marisqueiro, do que viven 600 familias, e fará desaparecer parte dun Lugar de Interese Comunitario, que está protexido e que é ilegal intervir nel . Acción que só se pode calificar de fraude, cando vai entrar en funcionamento o Porto Exterior, pois a razón da súa construcción non foi outra que a de liberar, do interior da Ría, os tráficos nocivos e perigosos e albergar a Planta de Gas.
Non nos cansaremos de repetir que Reganosa é o maior escándalo de corrupción político-económico-mediático da democracia, que hai probas mais que suficientes da súa nepótica financiación e construcción, para que a Fiscalía actúe de oficio, como así se fixo noutras comunidades do Estado, con menos motivos. Tamén solicitarlle ao Tribunal Supremo que se pronuncie, pois levamos anos esperando que execute as sentenzas dictaminadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Cando xa no ano 1999 comezamos a mobilizarnos e a denunciar a corrupción de Reganosa, sabíamos que non ía ser fácil, que sería unha loita longa, desigual, que pasaríamos por momentos difíciles, que poderían autorizala e nos sentiríamos desanimados, desmovilizados, decepcionados. Sabíamos que adquiríamos un compromiso vital na defensa da Vida, da Ría e da Legalidade, como así demostrárono, ate o seu último alento, o noso Presidente, José Gabeiras; o noso coordinador, Carmelo Teixeiro; e o creador do noso Símbolo, Tino Deibe. E nestes días cunha xenerosa entrega os compañeiros que estiveron pechados na casa do Concello de Ferrol, reclamándolle ao Sr. Alcalde, D. Vicente Irisarri, o dereito a ser defendidos, porque ten a obriga de velar e garantir á nosa seguridade e de representarnos, como alcalde que tamén é de todos nós.
Malia tamén sabíamos e éramos conscientes de que a nosa denuncia constante e a nosa resistencia ao longo dos anos sería decisiva para que a Planta de Gas sexa expulsada da Ría, como vai ser Ence da Ría de Pontevedra.
Mais o Comité non é quen sen o voso apoio. Por eso é necesario tamén que a cidadanía de Ferrolterra tome conciencia e se comprometa a actuar con mais vontade que nunca para que se paralice a actividade de Reganosa. Non nos fagamos cómplices da alienación que provoca Reganosa na comarca, reaccionade xa e sexamos donos das nosas vidas e protagonistas da nosa comunidade, porque non debemos claudicar na nosa defensa, xa que a única bandeira que nos move e a da vida e a xustiza, para nós e a nosa Ría.
Aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia. Nunca é tarde para que unha decisión administrativa, política ou xudicial restaure a legalidade e paralice a Reganosa.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA !! REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA !!
O Ferrol emprendedor
-
Son dos que pensa que Ferrol vai moito máis aló do que diariamente vaise
reflectindo nos medios de comunicación local. Que a cidade realmente
existente é a...
GAÑAMOS UNHA BATALLA. SEGUIMOS NA LOITA
-
Hai uns días, o 22 de setembro, saíu publicada no DOG sa resolución sobre a
Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico Albariño I. Clave :...
Libre albedrío (Parte I)
-
Levantouse disposto a preparar ese café só co que adquire gasolina
suficiente para afrontar, cun mínimo de solvencia, as súas abundantes
obrigas matutina...
La granja humana
-
[image: orangutan]07-07-2019 - En la actualidad, tanto la especie humana
como el resto de seres vivos, hemos dejado nuestro libre albedrío y nuestra
capa...
Perhaps slot machines will help me
-
I had gone through a terrible virus six months ago. While I was over the
worst of it now, I was left with some neurological complications that
really irr...
A gran aposta
-
*La ciudad parece mi amiga,hoy es mi día y nadie me lo va a arruinar.Las
chicas de la esquina ríen con picardía,yo se que es lo que quieren y se lo
vo...
Manifestación CC.OO - UGT 1 de Maio 2018
-
[image: Premer para ver as fotos]
[image: Creative Commons License]
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons
Reconocimiento-No comerci...
Ábrete de orellas XLV, 22-setembro-2014
-
estudio de Rádio FilispiM, Ferrol,
22-setembro-2014
podcast do programa
sintonía
- *Pablo Novoa *"Soy un pato" ("Novoa cruza el Atlántico", Subterfuge...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
Tartaruga "BASTEIRA" (Caretta caretta) - No océano
-
*Liberada en alta mar polos compañeros da CEMMA, a Tartaruga mariña común
ou Tortuga Boba (Caretta caretta) que chamamos BASTEIRA porque apareceu
aboiando ...