quinta-feira, 12 de junho de 2008

ENCE fora da Galiza… Agora xa!!

Enlace co artigo orixinal de Adiante Gz

enceNo día mundial do medio ambiente non podemos menos que denunciar a ENCE de Pontevedra. Industria de enclave capitalista situada na ensenada dos Praceres en Pontevedra. Instalada a principios dos anos sesenta co franquismo empregando buques de guerra e militares contra os civis que defendían o seu posto de traballo, na fazaña militar resultaron feridos varios veciñ@s e outros foron encadeados varios anos.
A loita contra o complexo contaminante de Lourizán foi constante e popular, e onde o nacionalismo máis consecuente tivo importante protagonismo creando organizacións cidadás, facendo denuncias e efectuando accións militares.
Por todo o cal o facho do rechazo e a contestación en defensa da ría e dos seus postos de traballo nunca decaeu.
O complexo foi ampliado nos anos setenta coa instalación dunha fábrica de cloro. Polo cal aumentou a contaminación e o perigo.
A celulosa foi instalada sendo alcalde Filgueira Valverde antigo militante do Partido Galeguista que co remate da guerra golpista non tivo inconvinte en proclamarse falanxista.
Elnosa montouse na década dos setenta sendo alcalde o tamén falanxista García Sánchez.
A situación actual do complexo contaminante é de absoluta ilegalidade posto que incumpre o (RAMINP), lei sobre industrias contaminantes, nocivas e perigosas que esixe que teñen que atoparse a máis de dous mil metros de calquera núcleo de poboación.
Por todo o cal a situación ten uns responsábeis políticos do bipartito da Xunta, PsoE e BnG, que non obrigan ao complexo a cumprir a lexislación vixente.
Por riba temos que soportar as mentiras do señor Pachi Vázquez, conselleiro do mal ambiente. Soamente o rescate da concesión por parte da administración, devolver os terreos roubados ao mar á súa anterior situación de praia marisqueira e a demolición inmediata do complexo poden satisfacer o cumprimento das leis e anceios do pobo máis consecuente.

2018…? Agora xa!!

A mocidade en defensa da Terra!

Via Chuza por Partisano

Relacionado
Tres vídeos para que todos poidamos opinar coa maior información posible


Contaminación da ría de Pontevedra pola papeleira Ence


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas