quinta-feira, 29 de maio de 2008

quarta-feira, 28 de maio de 2008

segunda-feira, 26 de maio de 2008

5.000 persoas na MANIFESTACION "A Ría Non Se Vende" en Vigo


Video en GzVideos via Chuza por maeloc

Unhas 5.000 persoas manifestáronse na rúa en defensa da ría de Vigo en protesta polos recheos que van facer. "porque é unha actuación que afecta a todos", tal como aclararon os membros do Foro Social de Cangas.
(Via Chuza por
zutabe)

Bitácora de A Ría non se vende


.

domingo, 25 de maio de 2008

MANIFESTACION o domingo 8 de Xuño: Mobilicémonos!! "Contra as novas ameazas de Reganosa"


Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia de seguir coa súa actividade no interior da ría. Non existen medios materiais nin técnicos capaces de evitala diante dos elevados riscos de accidentes.

Tras 8 anos de loita, en defensa da vida e do ben común, agora, ante as NOVAS AMEAZAS DE REGANOSA:

- Voadura da canle de entrada a ría.

- Ampliación da capacidade de regasificación.

- Transporte de GNL en camión cisterna.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca unha

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas,
no Porto de Curuxeiras – Ferrol

Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
Mobilicémonos!!

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Para ler o Boletín nº 14 do CCE, premer : boletin14


"Este mundo os nenos podémolo cambiar"



via chio de Galegoman


.

Dous vídeos dende "Amigus - As Pontes" sobre a "Celulosa"

Cómo se fai o papel?



MORFEO explica a NEO o pasado, presente e futuro do papel



Vídeos atopados en Amigus - As Pontes
Relacionado arceibe/informe-papeleira-ence-en-pontevedra


.

Recollendo novas do meu interese en Chuza

3000 alegacions contra os aeroxeradores de Trevinca
www.elpais.com/articulo/Galicia/Guerra/molinos/Pena/Trevinca/elpepuesp...
enviado por Kandpalleiro

En realidade non temos dereitos
mpdc.blogspot.com/2008/05/en-realidade-non-tempos-dereitos.html
enviado por maeloc


Presionados pola UE Medio Ambiente promete pechar as louseiras de O Courel en 10 anos
www.espacioblog.com/ortigueira/post/2008/05/24/presionado-la-ue-medio-...
enviado por tximbalee


Rede Eléctrica Espanhola afirma que ``vai ser difícil´´ exportar a cantidade de energia que pretende o bipartido
www.galizalivre.org/index.php?option=com_content&a...
enviado por FULANO

Manuel Vázquez cre que As Pontes é o lugar idóneo para o traslado de Ence
diariodepontevedra.galiciae.com/nova/11473.html
enviado por FULANO

A Consellería de Pesca confirma que o novo Plano Acuícola se aproba en xuño
www.europapress.es/galicia/pesca-00247/noticia-pesca-conselleria-pesca...
enviado por seiruga

Máis novas en Chuza

.

sábado, 24 de maio de 2008

Fotos en "Panoramio" das empresas máis contaminantes de Galicia

ENCE (Lourizán, na Ría de Pontevedra)


ENDESA (As Pontes)



FENOSA (Meirama - As Encrobas)





REPSOL (A Coruña)




Fotos atopadas en Panoramio


.

Segundo Adega; "Endesa, Repsol e Fenosa son as compañías máis contaminantes de Galicia"

Foto de inhaki72 atopada en Panoramio


Adega denunciou que Repsol, Unión Fenosa e Endesa son as compañías máis contaminantes de Galicia, ata o punto de que o 47% do total de emisións de gases con efecto invernadoiro que se trasladan á atmosfera nesta comunidade proceden da refinería de Repsol na Coruña, a central de Endesa en As Pontes e a planta de Meirama en Cerceda...

(artigo completo en Vieiros)


Tamén
Mundo Galiza
Xornal


Relacionado
"Estraguemos o Futuro"

Polos nosos fillos xa miramos nós

Responsabilidade penosa



.

Día Internacional das Mulleres pola Paz

Cartaz collido na Plataforma Artabra 21


Hoxe sábado, 24 de Maio, a Coordenadora Comarcal de Ferrolterra organiza no Ateneo Ferrolán a proxeçom do filme "AS TARTARUGAS TAMÉM VOAM"

Información completa na bitácora da Plataforma Artabra 21


.

sexta-feira, 23 de maio de 2008

Tráiler promocional do disco "Yuntamon" de Batuko Tabanka


Trailer en paimusica


Tráiler promocional do disco "Yuntamon" de Batuko Tabanka, un grupo de mulleres caboverdianas afincadas en Burela (Lugo). Neste traballo colaboran músicos galegos (Budiño, Uxía, Mercedes Peón ou Rodrigo Romani) e de Cabo Verde (Tcheka, Badú ou Ntoni Dente D'oro).

Via Chuza por Galegoman

de interese
Ababa
Alalá
Paimusica

.

(Ortigueira Sostible) O BIPARTITO PIDE DISCRECCIÓN: NÓS TRANSPARENCIA

Foto atopado na bitácora Choiva Azeda

(c+p Ortigueira Sostible) Xa se decataron de que non vai ser doado. Pontevedra rexeita o complexo de Lourizán e o seu traslado é un compromiso político ineludible para o bipartito. Pero tamén hai un compromiso manifesto coa empresa: ENCE debe reubicarse no país. En Galicia, si, di Touriño. E o discurso político atopa malabarísticamente o xeito de conciliar as incontrovertibles razóns de Pontevedra para desterrar a papeleira en incontestables vantaxes polas que a localidade X debería acollela. Pero non está sendo doado. Polo momento a simple mención a título de rumor de A Coruña, porto exterior, como ubicación de acollida, ven de provocar unha excitada reacción por parte do seu alcalde, que a cualifica de brincadeira. Non andou polas ramas o alcalde Losada: Non hai como abortar algunhas ideas antes de que se convertan en posibilidade. E que sexan outros os que liden coas vindeiras APDRs, con manifestacións e litixios nos tribunais. Irisarri non se queda atrás e lle sae ao paso: En Ferrol tampouco. E xa son dous os representantes do PSOE os que cualifican a celulosa de grave risco para a costa e instalación indesexable para a súas localidades. “Si ENCE non contamina que quede en Pontevedra”, di Losada sen ambaxes. Que Touriño, Quintana e Blanco expliquen ao mundo por qué en Pontevedra non, por qué non en A Coruña nin en Ferrol pero sí á beira do Eume. O bipartito toma nota: Non hai que alporizar as pitas. Quintana demanda discreción: A administración seguirá a buscarlle o sitio a ENCE en nome do interese público, pero coidando que os cidadáns non se decaten moito. Obxectivo: disolver a posible contestación social nunha espesa desinformación. Garantir o interese da empresa e procurar o menor impacto...electoral. Porque o impacto ambiental dunha pasteira xa non se pon en dúbida: De ser asentada en As Pontes, a Xunta recoñece que se faría necesario construír unha longa e custosa canalización das súas tóxicas verteduras ata o mar (ría de Ferrol) para non provocar o envelenamento do río que da vida ao parque natural das fragas do Eume. As novas tecnoloxías de producción de celulosa poden reducir as emisións pero non é suficiente para facer desexable para ningunha localidade a súa instalación, nomeadamente tendo en conta que non hai unha compensación social que a xustifique: As novas tecnoloxías, menos contaminantes, tamén consisten nunha maior mecanización da producción e unha necesidade menor de man de obra. A actual ENCE da traballo directo a 300 persoas, a próxima factoría colocará a pouca mais xente que unha carpintería industrial. Eso si, consolidará o cuestionable modelo forestal que ten hipotecados os nosos montes e obstaculizará o desenvolvemento sustentable deste sector. Pero o bipartito ten pechado este debate e asume os intereses da empresa como propios. Agora, pola vía do escurantismo pretende colocar á cidadanía ante feitos consumados. Como se fixo con REGANOSA: Pero aínda non se decataron que esas cousas acaban por estoupar, esperemos que sexa soamente na carreira política de alguén.

(Enlace co artigo orixinal na bitácora Ortigueira Sostible)

.

quinta-feira, 22 de maio de 2008

Notas de prensa do CCE para a Ría de Ferrol e Verdegaia sobre posible traslado de Ence a Ferrol

Nota de Prensa do CCE sobre a Celulosa de ENCE na Ría de Ferrol



Nota de Prensa do CCE


Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE manifesta:


Amosar o noso apoio a Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma, que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría de Pontevedra como patrimonio de todos.


Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano, que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.


As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a “discrecionalidade”, poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.


O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga e titulado “Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia”, e chama a toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.


Ferrol a 20 de Maio de 2008

(C+p) CCE para a Ría de Ferrol


Posible traslado da planta de Ence a Ferrol ou As Pontes



Verdegaia considera que se está a xenerar unha polémica innecesaria en torno á posible ubicación futura da planta de produción de celulosa de Ence-Elnosa. Consideramos que, se esta industria é altamente contaminante, a solución máis acorde co desenvolvemento sostible pasa polo seu peche definitivo e por novas políticas consensuadas sobre a produción e o uso do papel, onde teñan cabida a redución do consumo e o fomento do uso de papel reciclado.

se está a crear unha polémica absurda, falaz e innecesaria sobre a futura ubicación da planta de produción de celulosas que Ence-Elnosa ten actualmente en Pontevedra. Ás recentes declaracións dos alcaldes de A Coruña e Ferrol opoñéndose á ubicación da planta nos portos exteriores de Punta Langosteira e Caneliñas, respectivamente, demostran claramente que ninguén quere afrontar ante os seus/as súas votantes o custo político de permitir esta barbaridade.

A empresa Ence-Elnosa foi condenada en firme por un delicto continuado de contaminación ambiental, ademais de xenerar unha forte oposición cidadá en Pontevedra, polo que reubicar a planta noutro lugar é simplemente cambiar o problema de sitio, non solucionalo. Ademais a empresa está a mentir continuamente sobre os seus niveis de contaminación por mercurio, segue a verter augas cunha carga contaminante moi superior á permitida pola lexislación actual e no ano 2007 foille denegada a solicitude de declaración de innecesariedade do dominio público marítimo terrestre das Marismas de Lourizán.

No que se refire á materia prima para a produción da pasta de papel, Ence-Elnosa é responsable tamén dunha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia, como é a "eucaliptización" do país. A través da súa filial Norfor, Ence é responsable do cultivo de miles de hectáreas de eucalipto, cultivo que moitas veces se fai de maneira ilegal. Tal e como afirman dende a Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra, "o seu modelo de traballo forestal é altamente destructivo. Ao ser Ence o primeiro comprador de madeira de eucalipto exerce de feito como monopolio, establecendo uns precios á baixa para a madeira que arruinan aos propietarios. A xestión forestal de Norfor e Ence é manifestamente insostible social, económica e ambientalmente". Non deixa de ser sorprendente que ningún responsable forestal de Galicia se plantexe que no resto dos países de Europa tamén usan papel, e coa excepción de Portugal, en ningún deles se cultiva eucalipto.

O actual goberno galego non pode pensar en continuar con este modelo antisocial e antiecolóxico, e debería dar os pasos oportunos, de cara ao peche de Ence -Elnosa en 2018, tendo en conta a opinión de todos os sectores sociais implicados, cara a un modelo industrial sostible e compatible cos valores ambientais e naturais de Galicia.
Por todo isto, dende Verdegaia solicitamos á Xunta de Galicia que deixe de dar paus de cego no tema de Ence-Elnosa e que se abra inmediatamente un debate no que se escoite a todos os sectores sociais implicados para atopar unha solución que permita, por un lado, desbotar a opción do traslado de Ence-Elnosa e afrontar o peche definitivo da planta, e por outro, atopar unha solución acorde coas políticas de desenvolvemente sostible para a produción e consumo de papel en Galicia. Ao noso xuizo, estas solucións deberían pasar pola redución no uso de papel e polo fomento do uso de papel reciclado (a propia administración debería dar exemplo nisto), e pola produción sostible e non contaminante de papel usando unha materia prima que non sexa o eucalipto.


Xoves, 22 de Maio do 2008

(C+p) Verdegaia

.

Greenpeace asaltan a sede da empresa de armamento Expal



A nova en Greenpeace
Via Chuza por alema

.

Represión do exercício de liberdades básicas na Ría de Vigo

Cartaz en defesa da Ria de Vigo que está a
retirar selectivamente o governo municipal



(C+p ceivar.org) Mais umha vez, devemos denunciar a perseguiçom e repressom do exercício de liberdades básicas, como a liberdade de expressom, por parte de instituiçons que se dizem ‘democráticas’. Neste caso, é a câmara municipal de Vigo, comandada por PSOE e BNG, quem através da Brigada de Limpeza está procedendo à retirada selectiva de mais de 5000 cartazes que anunciam a mobilizaçom em defesa da Ria de Vigo que se celebrará neste domingo na cidade olívica.

Segundo informa numha nota de imprensa o colectivo vizinhal Bouças Move-te!, que fai parte da plataforma social ‘A Ria nom se vende’, trabalhadores da Brigada de Limpeza arrincárom selectivamente centos dos citados cartazes, até o ponto de que “apenas fiquem umhas dúzias”. O trabalho intensivo desenvolvido pola unidade que responde às directrizes do governo local trasluz umha vontade manifesta por parte da equipa que preside o alcalde espanholista Abel Caballero (PSOE) de cercear o exercício da liberdade de expressom por parte da vizinhança e, aliás, boicotar o previsto sucesso da mobilizaçom em defesa da Terra.

Trabalho combinado de ‘Subdelegación’
e câmara local para silenciar protestos

De facto, o próprio governo municipal está implicado em vários projectos que estám no alvo do actual movimento popular de contestaçom e que tenhem como impulsionadores a turistificaçom da Ria e os interesses da transnacional francesa Citröen. Activistas de ‘A Ria nom se vende’ procedem nestes dias à celebraçom de palestras e a mobilizaçom de carros com megafonia por várias vilas das comarcas limítrofes para difundir a convocatória e contrarrestar os efeitos desta tentativa de silenciamento por parte de Abel Caballero.

Como generalizaçom queremos chamar a atençom sobre o facto de que um alcalde e umha equipa de governo local que se autoproclamam ‘democratas’ e ‘tolerantes’ procedam à limpeza selectiva de toda informaçom que denuncie os seus planos estratégicos no litoral. A combinaçom desta prática com a sistemática imposiçom de sançons económicas a qualquer colectivo em luita por parte do ‘Subdelegado del Gobierno de España’ em Ponte Vedra, Delfín Fernández, evidencia que, longe de qualquer neutralidade fitícia nos conflitos da Ria, PSOE e instituiçons locais, governamentais e policiais trabalham para fazer fracassar o movimento de resposta às agressons.

STOP À REPRESSOM DA MOBILIZAÇOM SOCIAL!

DEFENDER A RIA NOM É DELITO!

(C+p) ceivar.org
Via Chuza
por peacepipe


.

quarta-feira, 21 de maio de 2008

A Ría non se vende (presentación SlideShare)

Via Chuza por taurozen

.

Que pasa co Parque Natural do Courel?

Imaxe dende Made in Galiza

(c+p Made in Galiza)

Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !

1. SOS Courel
, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.


Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

A nova en galiciae.com


No se puede mostrar la imagen “http://www.vieiros.com/enlaces/novas/imx/grande/0227809001177585536-canteira-de-pizarra-no-courel.jpg” porque contiene errores.
Foto dende Vieiros


2. A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:


2.1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda. Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola Comisión Europea.


2.2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma aprobada o “martes trece” de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

2.3.- “Cupa II, fracción 3ª”, en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.


2.4.- “Cupa II, fracción 2ª”, incriblemente emprazada xunto ao “monumental” Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.


3. Lei de ordenación da minaría de Galicia


Coa recentemente aprobada Lei de Ordenación da minaría de Galicia, a Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra entrou en crise por mor da baixa na construcción e pola entrada de China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel teñen serios problemas de viabilidade.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos públicos.


4. ¿Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para adiantarse coa declaración de “Concello Mineiro”.




SOS Courel, 21 maio de 2008

607 22 58 87 soscourel@mundo-r.com


c+p Made in Galiza


Máis

matarpormatarnon.org
soscourelsos.blogspot.com
serradocourel.com


.

Documental "O COUREL SALE A LA PIZARRA" - (El Escarabajo Verde)





Un río sepultado baixo toneladas de entullo, unha montaña esnaquizada e unha serra ferida no seu ben máis prezado: a súa riqueza natural. En O Courel, as canteiras de lousa levan moitos anos de explotación ininterrompida deste material e a súa actividade -ilegal en moitos casos- xa provocou danos irreparables.

El Escarabajo Verde viaxou ata a serra de O Courel, provincia de Lugo, a un das paraxes máis belos do interior de Galicia, que ten unha xoia da biodiversidade e está "protexido" como espazo da Rede Natura...
(máis en
El Escarabajo Verde)


.

terça-feira, 20 de maio de 2008

Os ordenadores mortos provocan o aumento de toxinas en África

Foto dende The Guardian


Os portos de África occidental reciben cada día miles de ordenadores
botados ao lixo na Europa occidental e nos Estados Unidos que terminan en xigantes vertedoiros tóxicos onde os nenos desmóntanos para extraer metais a cambio de un pouco de carto.

O lixo electrónico do primeiro mundo contravén de forma directa a lexislación internacional e está provocando problemas graves de saúde para os habitantes dos poboados que xurdiron entre as cheas humeantes de Lagos (Nixeria) e Accra (Ghana)... (Artigo completo en Rebelión.org)

Fonte orixinal da nova
The Guardian





.

Amigos da terra solicita á banca que deixe de financiar os agrocombustibles

Imaxe dende rel-uita.org


Bancos europeos e españois financian agrocombustibles en América Latina

(c+p Amigos da Terra) Moitos bancos europeos e españois están financiando a rápida expansión da produción de agrocombustibles en América Latina, que está provocando deforestación a gran escala, incremento nos abusos dos dereitos humanos e expón unha ameaza para a soberanía alimentaria, segundo un novo informe - pdf publicado hoxe.


O informe, publicado por Amigos da Terra Europa no medio das preocupacións globais sobre os impactos da subida do prezo dos alimentos, reclama o fin dos investimentos por parte de Bancos Europeos en proxectos prexudiciais para o medio ambiente como os agrocombustibles (tamén coñecidos como biocombustibles).

Os agrocombustibles foron sinalados como un dos factores máis influentes na subida de prezos. Segundo a o­nU e o Banco Mundial, 100 millóns máis de persoas están actualmente afrontando severos problemas de fame debido ao incremento do prezo de alimentos básicos.

“O financiamento europeo da produción de agrocombustibles en América Latina”
documenta como os principais bancos europeos (Barclays, Deutsche Bank ou BNP Paribas) e españois (Santander, BBVA ou o Banco Español de Crédito) están investindo miles de millóns de euros na produción e comercio de azucre de caña, soia e aceite de palma en países latinoamericanos.

Os combustibles a partir de azucre de caña, soia ou aceite de palma estanse utilizando cada vez en maior medida en Europa. A súa produción a gran escala en países como Brasil, Arxentina, Paraguai e Colombia é extremadamente polémica, xa que está provocando a destrución do Amazonas e outros importantes ecosistemas, ou problemas de contaminación da auga potable. As plantacións a gran escala tamén provocan violacións dos dereitos humanos contra os campesiños, con condicións de traballo clasificadas como “escravitude moderna” nalgunhas plantacións de Brasil.

Ao mesmo tempo, as empresas que producen agrocombustibles están alcanzando extraordinarios beneficios, facilitados por créditos bancarios, investimentos e outros apoios financeiros por parte da banca privada. Todos os principais bancos europeos investiron miles de millóns de euros nos últimos anos nas empresas de produción de agrocombustibles como Cargill, Bunge, ADM, Cosan ou Brasil Ecodiesel. Moitas destas empresas estiveron involucradas e foron condenadas por actividades ilegais en América Latina.

Algúns dos principais bancos españois están tamén financiando este negocio. O BBVA, Banco Español de Crédito ou o Banco Santander financian algunhas das empresas responsables de graves impactos ambientais.


David Sánchez, responsable de Agricultura de Amigos da Terra estatal afirmou:
"Os agrocombustibles, ademais de non ser unha solución para o cambio climático, teñen demasiados impactos ambientais e sociais. Solicitámoslle aos grandes bancos españois que non invistan nin financien esta prexudicial industria"

Amigos da Terra solicita á Comisión Europea a revisión do obxectivo obrigatorio de uso dun 10% de agrocombustibles no transporte en 2020, que está fomentando esta industria. Aínda que os agrocombustibles expúñanse como unha solución contra o cambio climático, cada vez hai máis evidencias científicas de que poden incrementar, máis que diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro, especialmente se se consideran efectos como os cambios no uso da terra.

"Usar cultivos para alimentar aos nosos coches no canto da as persoas é unha solución falsa contra o cambio climático"
, engadiu Sánchez.

(c+p Amigos da Terra)


.

segunda-feira, 19 de maio de 2008

Informe papeleira Ence en Pontevedra

(Arxentina - telefe)






Relacionado
-O alcalde de A Coruña rexeita o traslado de ENCE ao porto exterior da cidade ou ao de Ferrol
-Quintana quere a 'Ence en Galiza co menor impacto'

-Quintana reclama discreción para dar unha solución ao traslado de Ence

.

MANIFESTO DE "A RÍA NON SE VENDE"



MANIFESTO DE "A RÍA NON SE VENDE"


Máis unha vez, desde o porto de Vigo dinnos que precisan de máis espazo, máis unha vez non lles chega o que teñen, e pretenden facer máis recheos, algún en espazos protexidos como a Enseada de San Simón.


Queren aterrar no mar 23 Hectáreas. Din que é unha actuación respectuosa co medio ambiente, que ten o consenso de todos os sectores da cidade, que está baseada no diálogo e no respecto pola legalidade…. Máis unha vez mexan por nós e din que chove.


O porto de Vigo non pode seguir medrando indefinidamente, arruinando a nosa maior fonte de recursos, para convertela nun almacén de vehículos e nun polígono industrial.


Os balances económicos do Porto sempre dan positivo, porque só contan os cartos gañados, mais nunca cuantifican canto vale o que destrúen. Canto costa unha praia?, e se son 15?, canto costa un banco marisqueiro?, canto costa unha Ría sen contaminación?, canto costa a fermosa paisaxe da Ría?, canto costa un solpor?, canto costa vivir sen o ruído, sen o po e a polución que orixina a actividade portuaria?…


Se desde o Porto de Vigo tiveran que pagar todo o que destruíron, e indemnizar polas molestias ocasionadas durante varias décadas, o seu balance económico sería un fiasco e nunca máis se lles pasaría pola cabeza facer recheos. Mais eles sempre gañan e a Ría cos seus seres vivos e a veciñanza sempre perdemos.A ampliación portuaria non ten xustificación, o espazo de que dispoñen está infrautilizado, ocupado por empresas que non gardan relación coa actividade portuaria e por un enorme e esperpéntico almacén de vehículos, os cales só terían que estar no porto no momento de embarcar. Por se fora pouco, agora pretenden amorealos en plataformas de 10 m. de altura.


Utilizan tamén o espazo portuario para construír edificios como o da Xunta, centros comerciais como o da Laxe e incluso pretenden construír un Hotel no medio da Ría, como unha segunda torre de Toralla, eso si, proxectado por un arquitecto de fama mundial, que é a ridiculez que está de moda. Por non falar doutros proxectos moi anunciados na prensa como unha noria, locais de comida rápida, centros de talasoterápia, piscinas, restaurantes, cines, etc., todo moi relacionado coa actividade portuaria.


Alén diso o crecemento que vaticinan está baseado en meras especulacións, xa que o tráfico de mercadorías e fluctuante e pode aumentar ou diminuír, e de feito esta a diminuír a entrada e saída de moitas mercadorías. Desde o porto búscase un liderazgo infantil e andan a competir cos demais portos galegos, cando deberían repartirse o tráfico e coordinarse entre eles.


No porto confunden os intereses das multinacionais cos intereses da cidade e utilizan o espazo público para negocios privados e para a especulación urbanística. É hora de que o porto de Vigo aproveite o espazo que xa ten, levante os recheos que non están sendo utilizados en actividades portuarias e recupere as zonas degradadas.


Os efectos dos recheos son acumulativos, tanto nos feitos moito tempo atrás como nos recentes, ou nos que se fan en distintos puntos da Ría. O perfil orixinal do litoral da Ría foi totalmente modificado debido aos aterramentos, provocando sucesivos cambios na dinámica de correntes, ocasionando que os sedimentos desaparezan dalgunhas zonas e se acumulen noutras novas, o que afecta ás praias, aos bancos marisqueiros, ás areas de posta e alevinaxe, á pesca de baixura, á biodiversidade e a toda a vida da Ría.


A Ría de Vigo constitúe un dos ecosistemas con maior producción biolóxica do mundo, é un ecosistema único, moi fráxil e que xa está moi degradado.


Dende a Xunta de Galiza e o Porto pretenden triplicar o número de amarres de embarcacións deportivas, querendo pasar de 2.800 a máis de 8.000. Eso sen contar o enorme porto deportivo que se construiría se ampliaran o peirao de cruceiros, o que supón o verdadeiro motivo desa ampliación, xa que a suposta necesidade de liña de atraque cando chegan mais de dous cruceiros a Vigo é só unha escusa, porque só sucede un par de veces ao ano, e nunca deixan de entrar cruceiros por ese motivo.


Outra aberración especulativa sería o Porto deportivo da ETEA con 1.084 amarres sobre a praia de Ríos, destruíndo un banco marisqueiro de ameixa fina e facendo da praia natural da Punta unha praia artificial.


Desde a Xunta din, sen vergoña ningunha, que pretenden captar embarcacións deportivas de Portugal e de outros países para que pasen aquí o inverno, ofrecendo baixos prezos, ou sexa que arruínen, e ocupen o noso litoral por unhas cantas moedas. Esta xente sería capaz de vender á súa nai, se é que non a venderon xa.


Construír portos deportivos significa estragar o litoral, privatizar lámina de auga e especular co dominio público para favorecer a unhas cantas empresas privadas.


Alén diso o Porto concedeu unha segunda prorroga para construír o elitista porto deportivo de Massó en Cangas, proxecto que conta coa oposición do pobo de Cangas e que está cheo de irregularidades xurídicas.


Os amarres para embarcacións deportivas deben ser só para as embarcacións que saen a navegar a miúdo e deberíanse trasladar ás zonas que están mais degradadas. Para as embarcacións que só navegan un mes ao ano hai alternativas como as mariñas secas ou as cacharelas de San Xoán. Non vamos consentir que se privatice a Ría porque se pon de moda entre a xente podente ter un barquiño para fardar diante dos colegas.


Moitos de estes portos deportivos están vinculados a proxectos urbanísticos especulativos nas proximidades e en primeira liña de costa.


O urbanismo salvaxe e a falta de planificación nos concellos bañados pola Ría é unha barbaridade. Os Planos Xerais de concellos como Vigo, Moaña ou Baiona, están baseados na especulación. Pretenden duplicar o número de vivendas sen previsión de saneamento, destrozando as parroquias do rural e do rural costeiro, incluso afectando ao solo rústico de protección agrícola forestal e de espacios naturais, onde se prevén urbanizacións elitistas. De continuar a marbellización do litoral perderíase a identidade dos barrios e vilas mariñeiras, a nosa identidade cultural e o patrimonio común, e iso non o vamos permitir.


Outro dos graves problemas que afectan á Ria de Vigo é o alto nivel de contaminación existente. As depuradoras actuais máis que mellorar están a degradar a calidade das augas, con niveis de coliformes setenta veces o permitido polas leis que os propios políticos fan. A actual depuradora do Lagares é o principal foco de contaminación, contribuíndo de maneira considerable a destrución do ecosistema mariño. A maiores provoca unha calidade de vida indigna para a veciñanza, con cheiros fedorentos e molestias permanentes. A alternativa a esta situación só pasa pola instalación de microdepuradoras illadas dos núcleos de poboación, na separación das augas fecais, pluviais e industriais, e no control dos polígonos industriais, que hoxe por hoxe provocan altos niveis de contaminación. O proxecto de construír a macrodepuradora de Vigo na Xunqueira do Lagares só é un parche que, de levarse a cabo, non vai solucionar o problema, senón que vai empeoralo, converténdose nunha grave agresión ao pobo de Coruxo. É a demostración da mentira permanente na que viven Bloque, PSOE e PP cos seus dirixente ao fronte, incumprindo os acordos que eles mesmos asinaron nos plenos municipais; e tanto Príncipe, Pérez, Castrillo, Porro, Domínguez ou Caballero, son o que son: os mesmos cans con distintos colares. Todas e todos, coa mirada posta no futuro deberiamos tomar nota.
Por se fora pouco, no Plan acuícola da Xunta, preténdese ampliar a piscifactoría de Oia, que afecta a solo rústico e protección de costas, e a da Punta dos Castros, en Cangas, que afecta a solo rústico de protección de espazos naturais. As piscifactorías contaminan moitísimo debido aos antibióticos que empregan e á grande cantidade de materia orgánica que verten ao mar, alén de privatizar e modificar o litoral.


NON MÁIS RECHEOS NA RÍA, É HORA DE LEVANTALOS


NON MÁIS PORTOS DEPORTIVOS, NON Á PRIVATIZACIÓN DO LITORAL


NON Á VIOLENCIA URBANISTICA, NON Á ESPECULACIÓN


NON Á MACRODEPURADORA, SI AO SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA


NON ÁS PISCIFACTORÍAS



c+p Galiza non se vende


.

domingo, 18 de maio de 2008

Máis biocombustibles... menos pan



(c+p
Chuza) A pesar das airadas protestas, a Chanceler Federal Angela Merkel subscribiu o mércores en Brasil un controvertido acordo sobre o comercio de biocombustibles. Deste xeito, Berlín e Brasília desestiman as esixencias das organizacións sociais, da Igrexa católica e das Nacións Unidas, quen avogan por reducir a produción e o consumo de agrocombustibles en vista da crise alimentaria mundial, que vai para longo. (Artigo completo en rebelión.org)

A fonte orixinal en german-foreign-policy.com

Via Chuza por
FULANO



.

A nova lei de montes ten intención de duplicar a masa forestal de eucaliptos


(c+p Eucaliptos non) ...O "lobby madereiero" quere participar como relator na futura Lei de Montes que preparará a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, co obxectivo de duplica-la masa forestal de piñeiros e eucaliptos, para pasar de 7 a 14 millóns de metros cúbicos de madeira... (Artigo enteiro na bitacora Eucaliptos non)





.

O xardín secredo dos bosquimanos (La noche tematica)



Via programastvonline.blogspot

.

Reganosa - "Costra Nossa"



.

sábado, 17 de maio de 2008

Responsabilidade penosa

Unión Fenosa - Responsabilidades







As Encrobas volven ás mobilizacións



Tribunal Popular dos Pobos-Fóra Union Fenosa



Máis
As Encrobas volven ás mobilizacións
Condenan a multinacionais europeas por violar Dereitos Humanos
Reclaman que Unión Fenosa sexa expulsada de Nicaragua
ladhea.org
unionpenosa.org

.



Contrapublicidad. Endesa, para los hijos de tus hijos

Presentación do documental "O Salario do silencio"

Henrique Banet (Antigo realizador de Senda verde,TVG) e Mabel Rivera (Actriz, El Horfanato, Mar adentro, pratos combinados...) presentan o documental "O salario do silencio", que relata os perigos da pranta de gas de REGANOSA, dentro da ría de Ferrol.




.

"Gzvideos" - Apaga a TV, prende a túa mente!

banner2

(c+p Gzvideos)
Gzvideos é o espazo de encontro das iniciativas audiovisuais de comunicación e creación alternativas centradas na realidade e problemáticas sociais da Galiza. Pretende constituir unha comunidade de creación audiovisual alternativa onde conflúan as aportacións creativas d@s video-activistas e video-creadoras galegas.

Gzvideos parte dunha iniciativa colectiva independente e non comercial, respostando á necesidade de criar unha ferramenta de contrainformación audiovisual desde e para os movimentos sociais galegos, así como para dar cabida á creación independente, fóra da lóxica da cultura como mercadoría... (ler máis en Gzvideos)

Via Chuza por peacepipe

.

Polos nosos fillos xa miramos nós

Spot Endesa: "Para los Hijos de tus Hijos"



Non á represa ENDESA no Rio Puelo


Trailer do documental "Apaga y vamonos"




Máis
Endesa e as violacións dos dereitos económicos, sociais e culturais (DESC) en Chile
A sociedade civil chilena defende a Patagonia dos proxectos de Endesa
Aysén sen Represas!
Endesa: as violacións de dereitos humanos e ambientais do xigante eléctrico


.

Contrapublicidad. Endesa, para los hijos de tus hijos

"Rebelión.org" A Regasificadora de Mugardos na ría de Ferrol: historia dunha ilegalidade premeditada e impune, e dun delito


(c+p Chuza) Reganosa é unha planta regasificadora de GNL, situada en Mugardos, ao fondo da ría de Ferrol. Os buques gaseiros han de facer un percorrido pola ría de 5 km, pero en toda a ría só 150 metros de ancho teñen calado suficiente para este tipo de buques. A entrada só pode realizarse a pleamar e con mar e vento en calma. O barco é conducido, de modo case acrobático, por catro remolcadores, dous tiran do gasero pola proa cara ao interior da ría e outros dous na popa tiran en sentido contrario para reter e servir de temón ao barco... (Artigo completo en Rebelion.org)

Via Chuza por CANARIODOPENEDO







.

Nas bitácoras amigas