domingo, 30 de março de 2008
Unha hora menos nas illas Canarias e na Galiza tropical
"Informa Arceibe cando son as tres da tarde na Península Ibérica, unha hora menos nas illas Canarias e na Galiza..."
.
quinta-feira, 20 de março de 2008
Três modelos climáticos distintos predizem desertificação (na Galiza também)
(c+p Chuza) Três modelos climáticos distintos (Max Planck Institute for Meteorology, National Center for Atmospheric Research e Hadley Center), predizem uma desertificação considerável no sul-oeste da Europa e outras áreas do planeta. Os solos no norte da Península Ibérica perderiam um mínimo do 20% da sua humidade antes da fim do século.
"Eu .gal" e ti xa asinaches??

Polo de agora somos máis de 8000 asinantes, pero podemos ser moitos máis.
Polo .cat presentáronse máis de 50.000. Nós non imos ser menos, non?
E ti xa asinaches??
Via Chuza por Kiko_das_leiras
.
quarta-feira, 19 de março de 2008
Nova bitácora: "O POVO CONTRA ENCE"
(c+p O pobo contra Ence) ENCE e o forestalismo depredador son os responsáveis do colapso ambiental dos nosos montes (incéndios endémicos, erosión, afección ás rías, diminución da biodiversidade…) e da degradación que xa ameaza con enviar aos esgotos da historia un dos nosos sinais de identidade máis importante: a paisaxe. Esta será unha ferramenta de luita permanente contra ENCE. Actualizaremos novas, informes, fotografías, etc. Segundo as nosas posibilidades. Outro horizonte para a nosa terra! Viva Galiza Ceive!
Via Choiva Azeda
.
terça-feira, 18 de março de 2008
As Terras do Arco Fisterrán
As terras máis occidentais de Galicia comprenden o Arco Fisterrá, aínda que é máis coñecida por todos como A Costa da Morte. Zona costeira situada sobre rocas graníticas onde conviven zonas abruptas e escarpadas con outras máis baixas e areosas. Fisterra, Cee, Corcubión, Ponteceso, Carnota, Camariñas, Laxe, Malpica ou Dumbría son algúns dos concellos polos que transcorre esta nova entrega de CulturagalegaTV.
(c+p) AVG
segunda-feira, 17 de março de 2008
Encoro nos Ancares “inadmisíbel”
ADEGA rexeita este proxecto por ter un impacto ambiental “inadmisíbel”
(c+p Xornal Galicia.com) O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas. Nestes momentos o Ministerio de Medio Ambiente ten aberto o periodo de suxerencias para a elaboración do estudo de impacto ambiental, polo que os veciños da zona están a tempo de realizar alegacións. A zona do proxecto está incluída dentro da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos, Terras de Burón e máis forma unha unidade ecolóxica xunto coa delimitación do futuro Parque Natural de Ancares. Por se isto no fora suficiente, a parte norte do proxecto está incluida no LIC Ancares-Courel pertencente á Rede Natura mentras a sur está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura que presentou o Sr Conselleiro de Medio Ambiente no Consello Galego de Medio Ambiente em xullo de 2007. Estes feitos avalan o grande valor ambiental desta zona e a tremenda barbaridade que representará un encoro que destruirá por completo o ecosistema e desplazará aos seus habitantes, provocando un enorme impacto ambiental e social. (Artigo completo en Xornal Galicia.com)
Nova atopada en Chuza
Máis en
.
domingo, 16 de março de 2008
sábado, 15 de março de 2008
"VIGO MASCOTAS" Bitácora en defensa dos animais
Vigo Mascotas é unha bitácora nada para axudar á Asociación Protectora de Animais e Plantas de Vigo a promover a adopción de animais abandonados. Defendemos a adopción fronte á venda e a esterilización fronte á irresponsabilidade.
A adopción é gratuíta. Só hai que abonar 40 euros, que é o que custa o microchip obrigatorio, e 20 euros máis en concepto de axuda polos gastos da esterilización.
Escríbenos! vigomascotas@gmail.com
Ou chámanos! Protectora Animais Vigo
986 452 265 (atención ao público de 9 a 13,30 h)
608 986 198 (Tardes)
619 61 21 91 (Urxencias)
(c+p Vigo Mascotas)
.
sexta-feira, 14 de março de 2008
Pódese dicir máis alto pero non máis claro... PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
(c+p Chuza por anti-reganosa) Pontedeume Denuncia! recolle na súa bitácora co título "A mensaxe do arte" o mural que se pintou na parede que hai na estrada da Pias enfronte a San Valentin. O autror desta bitácora presenta o mural (mensaxe) por partes logrando unha mellor comprensión do mesmo. (ver na bitacora de Pontedeume Denuncia!)
Via Chuza por anti-reganosa
.
quarta-feira, 12 de março de 2008
50 anos da fotografía de Manuel Ferrol
Padre e hijo llorando. Despedida de emigrantes por Manuel Ferrol

Via Chuza por rianxo
.
Os veciños de Santa Fe (Zaragoza) non queren a Estación de Compresión que ENAGAS construíu xunto ás súas casas
(c+p Mamentxu) Fai uns meses, na rotonda de Santa Fe, construíu ENAGAS unha planta de sobre-presión do gasoduto Barcelona-Bilbao para incrementar o caudal de gas a Barcelona. En setembro de 2006 o Departamento de Obras Públicas do Goberno de Aragón cualificouna de "molesta, nociva e perigosa".
Este tipo de instalacións, "como regra xeral, debe estar a 2.000 metros a contar do núcleo máis próximo da poboación agrupada", e evidentemente, non se cumpre esa regra. É preceptivo notificar aos veciños a instalación, e o Concello de Zaragoza, termo ao que pertence a parcela, pois non o fixo. A pesar de asegurar desde a instalación que todas as emisións estarían dentro dos "límites legais", fai unhas semanas realizouse unha proba de funcionamento, e segundo os veciños, parecía polo ruído que sobrevoaban cazas, ademais dun forte cheiro a gas. (Artigo Completo en Mamentxu)
Máis
(Anaco escolleito de Santa Fe. blog)
"Achegándonos á andrómena que nos puxeron xunto ás nosas casas un dáse conta do perigo que nos ha de supor o ter unha planta deste calibre (25.000 m2.) queimando gas todo o día, todos os días do ano. Pegada á vía do tren, á autovía Mudejar, á estrada nacional. Cerca do Colexio Británico, dos polígonos industriais, das dúas gasolineiras (o temido efecto dominó). E ameazando a vida de todos os veciños que eliximos esta zona porque pensamos que imos mellorar a nosa calidade de vida.
¡Non o imos a consentir!."
(Artigo completo Aquí)
Fontes
Mamentxu
Santa Fe
.
terça-feira, 11 de março de 2008
Un xigante na praia
(c+p ADN)O temporal de forte vento e choiva que azouta a costa atlántica francesa arrastrou ao cargueiro holandés "Artemis" ata a praia de Sables d'Olonne. O barco, con 88 metros de eslora, quedou varado en metade da area, proporcionando un espectáculo pouco habitual para os habitantes da zona. Podedes ver as imaxes na fotogalería de ADN
Fotogalería: Un xigante na praia



Via ADN
.
O mercante Maro partido en tres, tras encallar na costa guipuscoana
Na mañá de onte, o buque permanecía sen vixilancia e tras tres días encallado na costa guipuscoana non se extraeu aínda o combustible dos seus tanques
Greenpeace advirte do perigo que supón o varamiento do buque Maro, que podería causar unha vertedura de 54 toneladas de combustible e 2,6 de aceites minerais nun Lugar de Interese Comunitario (LIC) da costa guipuscoana. (Artigo completo en Greenpeace)
Imaxes da galeria de Greenpeace



Via Greenpeace
.
segunda-feira, 10 de março de 2008
"Earth Hour" o 29 de Marzo

Earth Hour, a Hora da Terra (en galego) é unha iniciativa do Fondo Mundial para la Naturaleza (WWF) que consistente en prender a luz durante unha hora nos fogares, empresas, comercios, carteis publicitarios... nas cidades de todo o mundo que se uniu á iniciativa.
Segúndo os Xornais, mais de 30 millóns de cidadáns apagaran as súas luces e os aparellos electrónicos o vindeiro 29 como forma de demostrar preocupación polo cambio climático.
Carter Roberts, Presidente e Director Executivo de WWF nos EUA indicou:
"Prender as luces por só unha hora demostra que podemos facer axustes na nosa vida diaria. É unha acción moi sinxela que pode inspirar a todo o mundo a facer un compromiso serio de longo prazo, reducindo o seu consumo de enerxía".
domingo, 9 de março de 2008
"Surrealismo animal" Made in Galiza
(c+p Made in Galiza) Em decembro umha febre cromática apodera-se da minha vontade e o fondo branco dos papeis vai recibindo umha onírica impresom da vida animal no meu país. Despois de desenhar e desenhar obsesivamente dúcias de ouriços cacho, outros animais acodem á chamada, até o ponto de que em sete dias, entre o 2 e o 9 de março, aparecem perto de vinte animais da fauna galega, incluíndo o koala, filho adoptivo...(Artigo completo en Made in Galiza)
Algunhas imaxes escollidas da galeria de Made in Galiza




Made in Galiza
Via Chuza por Galegoman
.
"Os reis do Ártico" película documental de National Geographic
Os reis do Ártico por keane43
Película documental de National Geographic Films en asociación con Visionbox Pictures sobre a vida no Ártico.
WWF/Adena infórma dos mitos falsos sobre a rede Natura 2000
A rede Natura 2000 continúa sendo unha gran descoñecida no noso país. Gran parte da información que circula sobre ela non se axusta á realidade, senón que busca xerar controversia obedecendo a intereses alleos á conservación. Un novo e rigoroso informe de WWF/Adena revela as verdadeiras implicacións da rede e desmonta un a un os mitos falsos que tantos conflitos están xerando en moitos puntos de España.
WWF/Adena lanzou o seu informe "Mitos sobre a rede Natura 2000" co obxectivo de aclarar cales son as limitacións e oportunidades reais que encerra esta rede europea de espazos protexidos ... (seguir lendo en WWF/Adena)
Artigo atopado na bitácora de Choiva Azeda
.
WWF/Adena lanzou o seu informe "Mitos sobre a rede Natura 2000" co obxectivo de aclarar cales son as limitacións e oportunidades reais que encerra esta rede europea de espazos protexidos ... (seguir lendo en WWF/Adena)
Descargar
"Mitos sobre a rede Natura 2000" [pdf, 3.77 MB]Artigo atopado na bitácora de Choiva Azeda
.
O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" na manifestación do 10 de Marzo
Manifestacións:
Convocada por CCOO: saida da Praza do Inferniño ás 19 horas.
Convocada por CIG: saida da súa Sede (Rua E.Pondal – Esteiro) ás 19,30 horas.
Máis na bitácora do CCE Para a Ría de Ferrol
.
sábado, 8 de março de 2008
"Proxecto Esmelle" seleccionado para o certame de boas prácticas da ONU
O Proxecto Esmelle conseguía en 2005 o premio Agader da Xunta e tres anos despois o Ministerio de Vivenda, a través do Comité Hábitat Español selecciona esta proposta de recuperación do patrimonio material e inmaterial do Val Esmelle para a sétima edición do concurso internacional de Boas Prácticas de Nacións Unidas. (Arigo completo en O Proxecto Esmelle)
Via Ortigueira Sostible
Proxecto Esmelle - Reportaxe da TVG parte 1
Proxecto Esmelle - Reportaxe da TVG parte 2
AVV do Val de Esmelle
.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Nas bitácoras amigas
-
-
Importante para socios e socias: actualización datos de contacto. - (Edificio Ateneo Ferrolán Foto: Xoán Porto) *Importante actualización datos: * Se es socio ou socia do Ateneo queremos establecer comunicación co...Há 1 semana
-
A Marcha Mundial das Mulleres: este 8 de Marzo de 2023, por uns servizos públicos para mellorar a vida das mulleres - A manifestación de Ferrol sairá, o mesmo mércores 8 de marzo, ás 8 da tarde, desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta - En Ferrol como nas outras cidades da Galiza, terá lugar unha *manifestación* que partirá, o mesmo mércores 8 de marzo, ás 8 da tarde, desde a praza Amad...Há 2 semanas
-
O Ferrol emprendedor - Son dos que pensa que Ferrol vai moito máis aló do que diariamente vaise reflectindo nos medios de comunicación local. Que a cidade realmente existente é a...Há 2 semanas
-
-
GAÑAMOS UNHA BATALLA. SEGUIMOS NA LOITA - Hai uns días, o 22 de setembro, saíu publicada no DOG sa resolución sobre a Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico Albariño I. Clave :...Há 5 meses
-
-
Libre albedrío (Parte I) - Levantouse disposto a preparar ese café só co que adquire gasolina suficiente para afrontar, cun mínimo de solvencia, as súas abundantes obrigas matutina...Há 1 ano
-
La granja humana - [image: orangutan]07-07-2019 - En la actualidad, tanto la especie humana como el resto de seres vivos, hemos dejado nuestro libre albedrío y nuestra capa...Há 3 anos
-
Perhaps slot machines will help me - I had gone through a terrible virus six months ago. While I was over the worst of it now, I was left with some neurological complications that really irr...Há 3 anos
-
A gran aposta - *La ciudad parece mi amiga,hoy es mi día y nadie me lo va a arruinar.Las chicas de la esquina ríen con picardía,yo se que es lo que quieren y se lo vo...Há 3 anos
-
Manifestación CC.OO - UGT 1 de Maio 2018 - [image: Premer para ver as fotos] [image: Creative Commons License] This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comerci...Há 4 anos
-
Perigo!! gaseiro 214 cargado con GNL para Reganosa - "LNG Benue" Estando prevista a entrada na Ria do gaseiro nº 214 cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca *CONCENTRACIÓN* ...Há 6 anos
-
-
800 científicos de 82 países piden a todos los gobiernos del mundo eliminar los transgénicos - Nunca antes se había unido de manera tan contundente *la comunidad* *científica* como lo ha hecho para firmar una petición en la que más de 800 científic...Há 8 anos
-
Ábrete de orellas XLV, 22-setembro-2014 - estudio de Rádio FilispiM, Ferrol, 22-setembro-2014 podcast do programa sintonía - *Pablo Novoa *"Soy un pato" ("Novoa cruza el Atlántico", Subterfuge...Há 8 anos
-
-
-
-
Morre SOQNF. Mas morre de rir - Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15 de s...Há 11 anos
-
Tartaruga "BASTEIRA" (Caretta caretta) - No océano - *Liberada en alta mar polos compañeros da CEMMA, a Tartaruga mariña común ou Tortuga Boba (Caretta caretta) que chamamos BASTEIRA porque apareceu aboiando ...Há 12 anos
-
Aviso para os seguidor@s do blog: Mudámonos!! - A Cova da Terra acaba de actualizar a súa páxina web, polo que a partir de agora poderedes seguir o seu traballo en: A Cova da Terra.Há 13 anos
-
Manifestación "Queremos Galego" 21/01/2010 - Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.Há 13 anos
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-