domingo, 30 de setembro de 2007

Máis de 5.000 persoas maniféstanse en Ferrol contra Reganosa


A mobilización, impulsada polo Comité Cidadán de Emerxencia, pretende que non se autorice o funcionamento comercial da planta.


O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que dende 2001 reclama o traslado de Reganosa ao porto exterior, convooua para o domingo unha manifestación contra a planta de gas de Mugardos na que reclamou que non se autorice o seu funcionamento comercial.
Á convocatoria asistiron máis de 5.000 persoas.

A mobilización partiu pouco despois do mediodía do Porto de Ferrol, do peirao de Curuxeiras, dende onde se pode ver a instalación de Reganosa. A marcha rematou, tras percorrer as rúas da cidade, na praza de Armas, fronte ao concello.

O comité, integrado por colectivos veciñais e ecoloxistas, pediu a participación cidadá na manifestación do domingo en Ferrol nun "momento decisivo" da loita "legal" contra a situación de Reganosa no interior da Ría de Ferrol.

Os opositores a Reganosa lembraron que a instalación opera en fase de probas dende o pasado 9 de maio, pero que aínda non se lle concedeu a acta de funcionamento comercial definitivo, que depende da Área de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria.

Os membros do colectivo consideran que a planta de gas non pode ser autorizada porque non se cumpren os condicionantes formulados na autorización de construción concedida en febreiro de 2004: a distancia legal á poboación (segundo a Directiva Deveso II), e a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia (norma EN-1532), xa que os buques cargados só poden navegar con seguridade pola ría con preamar.

Apoios


Por todo iso, o comité pide tamén á Xunta de Galicia, que posúe o 10% do conxunto de accionistas, que renuncie a apoiar a Reganosa; ao Concello de Ferrol que esixa ao Tribunal Supremo que se faga firme a sentenza que en 2004 anulou a tramitación ambiental da planta de gas, e ao Concello de Mugardos, que revise as licenzas e permisos concedidos a Reganosa.

A mobilización recibiu o apoio de diversos colectivos veciñais e ecoloxistas, entre eles, a Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra tamén participa na manifestación. Así mesmo, acoden representantes de SOS Courel e veciños de Sabón e Meirama. A protesta tamén está avalada polos membros de Confraría de Mariscadores de Ferrol, que ata en tres ocasións bloquearon coas súas lanchas a entrada de gaseiros na ría. Coas protestas, polas que permaneceu en prisión varias semanas o patrón maior da Confraría Bernardo Bastida, os pescadores denunciaban que Reganosa danaba os bancos marisqueros da ría.

A mobilización contra Reganosa tamén conta coa participación dos representantes da Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá, que dende xullo manteñen un peche no Concello de Mugardos para reclamar que a planta de gas non opere comercialmente, por situarse a menos de 400 metros das súas vivendas. Partidos como Esquerda Unida, que cogoberna en Ferrol co PSOE, e sindicatos como CC.OO. e USTG, atópanse tamén na lista de apoios do comité.

Vieiros

Máis
FERROL DIXO NON A REGANOSA por Zerovacas

quarta-feira, 19 de setembro de 2007

Manifesto de solidariedade coa Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá




Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante deste país ou de calquera outro ten o dereito a que non lle estraguen a paisaxe e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silencionsa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que no pasado se cometeron ao localizar empresas en sitios inaxeitados e que ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, de nós ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, outros tomen nota, compartan e nos ensinen e aprendan desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Asina este manifesto aquí.

sábado, 15 de setembro de 2007

1ª Masa Crítica Galega


O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Autovías, circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que desconectan barrios. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afastado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción. ¿Que podemos facer?...
máis verdegaia.org/

sábado, 1 de setembro de 2007

Propostas para a ampliación da Rede Natura en Ferrolterra





ADEGA, SGHN e Verdegaia propoñen a ampliación da Rede Natura, en Ferrolterra. Baséanse na localización exacta de 5 especies en perigo polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas que até agora permanecen desprotexidas. Tamén inclúen lugares de grande interese, moitos deles cun serio perigo de sufrir danos ambientais.


Zonas cunha prioridade moi alta á hora de solicitar a súa inclusión na

Rede Natura:


- Os esteiros seguintes, por constituír lugares importantes de

reprodución e ecosistemas de transición entre o mar e os ríos:

Esteiro do Río Eume, do Río Belelle (Neda), do Río Sardiña

na Malata (Ferrol), do Río Sor (O Barqueiro), do Río Landro

(Viveiro) e do Río Condomiñas (Cedeira).


- Dunar da praia de Arealonga, na Ría de Vicedo.


- Illas Mirandas, na Ría de Ares, rasa oceánica de importante

valor en canto á reprodución de especies.


- Illas Ansarón (Viveiro), con colonias de cría de aves mariñas.


- Río Pequeno (San Sadurniño) e toda a rede que forma cos

seus tributarios pola considerable presenza de especies

de felgos macaronésicos.


- Rego Belelle (Neda), tributario do Río Belelle, pola presenza

de felgos macaronésicos.


- Río Ferrerías (Vilarrube), dende o Encoro das Forcadas ata a

desembocadura, pola presenza de felgos macaronésicos.



Zonas ás que conferimos prioridade alta á hora de solicitar a súa

inclusión na Rede Natura:


- Marxe leste da lagoa da Fouxeira (Valdoviño).


- O Monte da Vela (Valdoviño).


- Serra da Capelada (polo seu interese xeolóxico).


- Cabo Prioiro (Ferrol), completando coa franxa que une As Cabazas

con Marmadeiro.


- Carregal de Ares.


- Enseada do Baño (Mugardos).


- Marismas de Neda.


As asociacións ecoloxistas de Ferrolterra queren lembrar:

"Conservar a natureza é tarefa de todas e todos xa que a conservación da paisaxe mellora a nosa calidade de vida e permítenos ensinar aos visitantes o noso patrimonio natural que é unha das razóns fundamentais polas que veñen os turistas a Galiza.
Polo tanto a parte dos evidentes beneficios sociais que produce un medio ambiente ben conservado tamén resulta beneficioso para a economía galega de xeito directo."

ADEGA-Trasancos


Tamén deixaron conta da "dificultade que supón o manexo da información que a Consellería pon nas suas mans".
"O Mapa
proporcionado, pola súa reducidísima escala e falta de referencias topograficas claras, pode inducir a erros debido á pouca fiailidade que presenta en boa parte das zonas que nel aparecen."incertidumbres. Y hay que actuar de forma urgente contra el cambio climático. La prioridad debe ser una apuesta por sistemas de transporte alternativos y programas de movilidad encaminados a reducir el consumo de combustibles y mejorar la eficiencia energética en el transporte”.

Ampliacion Rede Natura Ferrolterra.doc Ampliacion Rede Natura Ferrolterra.doc


Imaxes do Parque Micolóxico do Río Belelle "Andrés Roca Romalde"


Nas bitácoras amigas