terça-feira, 24 de março de 2009
quarta-feira, 11 de março de 2009
Finou Gerardo García Pardo; Un dos grandes precursores do montañismo galego

...Como montañeiro e coñecedor da xeografía, trazou centos de debuxos, perfís e perspectivas que colgan en innumerables locais da xeografía galega. Os seus primeiros mapas sobre Ancares e Courel, ao alcance de todo o mundo, aínda están nas mochilas de moitos de nos, e cada vez que os abramos, aí estarás de novo, Gerardo, ensinándonos o camiño.
http://www.clubmontanaferrol.com/p-fallecio-gerardo.htm

segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009
Manifestación en Compostela "Galiza Non Se Vende" (Gz Vídeos)

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009
15f - Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende!!

(c+p Rede Galiza Non Se Vende)
Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.
Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.
Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para todos!

sábado, 7 de fevereiro de 2009
Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado en Caranza
(c+p) canariodopenedo - Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado hoxe á beira da ermida de Caranza, para recordar o ano do seu falecemento. Foi descuberta unha placa na súa honra, esta placa repousa ao pé de tres castiñeiros plantados para recordalo... E ao fondo pódese ver a ría, na que foron esparexidas as súas cinzas a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, desde onde é observada por Carmelo .
Artigo orixinal ferrolsuso.blogspot.com
(ver fotos do acto feitas por Fuco Buxán)
.

quinta-feira, 29 de janeiro de 2009
Homenaxe a Carmelo Teixeiro o 7 de febreiro "Carmelo o verás cos nosos ollos"

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
organiza unha homenaxe a Carmelo Teixeiro o Sabado 7 de Febreiro,
ás 12 horas, no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza.
.

segunda-feira, 26 de janeiro de 2009
Perigo, Gaseiro dos vellos na Ría de Ferrol

sexta-feira, 2 de janeiro de 2009
Solidaridade co pobo Palestino en Ferrol


domingo, 28 de dezembro de 2008
O Apalpador sairá polas ruas de Ferrol o 30 de Dezembro

(c+p) Fundaçom Artábria
Via Plataforma Artabra 21

segunda-feira, 15 de dezembro de 2008
(Sos Pontedeume Denuncia) Reganosa ou o poder dos cartos
Contra todo o anterior está a loitar o Comité de Emerxencias para a Ría de Ferrol, formado por diversas asociacións ecoloxistas e moitos cidadáns que a traverso dos séus blogues (arceibe, canariodopenedo, susoferrol, plataforma ártabra 21) entre outros moitos, xa levan "moitos" anos denunciando o silencio mediático e político imposto polo capitalismo depredador e salvaxe de todas aquelas persoas que se agochan tras a ilegalidade de Reganosa, demostrando así o espíritu activo e convativo dunha cidadanía que loita pola verdade e contra a ilegalidade imposta polo poder dos cartos.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA !!

.

sábado, 13 de dezembro de 2008
Ferrol en perigo; O gaseiro que onte non poido entrar polo temporal, vólveo intertar...
Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia
[13 de dezembro de 2008 10:16 ]
De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.
O "LNG LAGOS" un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.
Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.
Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.
(Entrada 37º gaseiro)
O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca
Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
(Praza de Amada García – Ferrol)
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2008
HOXE: Che Sudaka na Fundaçom Artábria!!

"CHE SUDAKA" en concerto na Fundaçom Artábria hoxe 12 de decembro as 22:30 horas, o prezo do billete é de 4 euros para sócios e de 5 euros para o públio xeral. A música continuará con "A Moriña Sound Antisistema"
CHE SUDAKA: http://www.myspace.com/chesudakastyle
A morrinha Sound Antisistema: www.myspace.com/amorrinha
Fundaçom Artábria
Vía Plataforma Artabra 21
.

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008
Acto Solidario con Cuba no Teatro Jofre de Ferrol
Víde by Fuco Buxán

Mércores 10 de decembro ás 20:30
no Teatro Jofre de Ferrol
(c+p Fuco Buxán)Trátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias.
O prezo da entrada son 6 euros.
Organizado pola Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:
ACSUR las Segovias. Ateneo Ferrolán. A. VV de Caranza " Cuco Ruíz de Cortazar". A. VV de Esteiro"Fontelonga". CPS de San Valentín. Asociación E.P. Uruguai-Galicia. Asociación Fuco Buxán.
coa colaboración e patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.
Programa do Acto, que será presentado pola periodista Beatriz Picos:
Ulträqäns, Balakandra, Norge Batista ( cantautor cubano), Laura Landeira (recita) Luar na Lubre, Coro Toxos e Froles.
Intervirán: Un representante da Plataforma de Axuda Urxente a Cuba e o Consul Cubano en Galicia.
A recadación ingresarase na conta de Caixa Galicia: 2091 0000 35 3040185583. onde tamén podense facer donativos.
domingo, 7 de dezembro de 2008
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no Foro Social Galego
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, está a participar no Foro Social Galego, que celebrase en Santiago, estes 5, 6 e 7 de Decembro.
Enlace a web do F.S.G. coa información dos debates.
Onte sábado día 6, na Facultade de Filoloxía, e dentro da Comisión Galiza: Territorio, Enerxía, Seguridade, Movilización Social, os compañeiros do CCE : Manuel Rodríguez Carballeira, Luz Marina Torrente, Manuel Afonso Amorín, Carlos Alvarez e Humberto Fidalgo, presentaron a ponencia:
O Caso Reganosa
(Enlaza co artigo de moito interese na bitácora do CCE)
.

sábado, 6 de dezembro de 2008
Mabel Rivera en Rebelión.org
Mabel Rivera a nosa actriz máis internacional é unha persoa moi preocupada e conciente das verdadeiras necesidades do pobo Galego, sempre perto dos movementos sociais que buscan cambios nas políticas. Integrante da rede Galiza non se vende e tamén socia fundadora xunto con Enrique Banet de "Namche Films SL" empresa especializada na realización de documentais de contido social onde salientamos o documental "O Salario do silencio" e "Unha Lousa sobre o Courel", estes traballos están á venda para axudar economicamente ao CCE para a Ría de Ferrol e o SOS Courel.
O pasado luns Rebelión.org publicou unha interesante entrevista a Mabel Rivera, onde fala de temas como as políticas dos novos socios de goberno, Galiza, que pasa en Ferrol?, movementos sociais, Prestige, Reganosa...
Entrevista con Mabel Rivera, actriz y activista de movimientos sociales
“En las políticas que podrían suponer un cambio de rumbo, el actual gobierno gallego está haciendo un seguidismo vergonzoso de la etapa anterior”
.

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008
"ANT TV" falou con algúns participantes no "Foro Social Galego"
Vídeo by A Nosa Terra Tv
Esta fin de semana
Foro Social Galego: 'A política faise na rúa'
Bocixa/ Raquel Rey . Do 5 ao 7 de decembro terá lugar en Compostela o Foro Social Galego, que abrangue unha ducia de actividades organizadas por 32 movementos sociais e dous plenarios, amais de espazos transversais de audiovisuais, comunicació e mais unha programación cultural paralela. ANT TV falou con algunhas das persoas participantes.
(Artigo completo en ANOSATERRA DIARIO)
Relacionado
- Beiras: 'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'
- O Foro Social Galego enche Compostela de actividades artísticas e culturais
.

Non máis "Videotorturas" no You Tube
.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008
segunda-feira, 1 de dezembro de 2008
Homenaxe a María Manuela dos Ferroláns

(c+p Chuza) A cidade de Ferrol e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego unirán-se para render unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Será nunha grande gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partires das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta. Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán, Xurxo Souto e María do Ceo serán algúns dos artistas que estarán na gala.
(máis información en radiofusion)

sábado, 29 de novembro de 2008
A Nosa Terra entrevista a Xosé Manuel Beiras sobre o Foro Social Galego
Vídeo by anosaterraTV
ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS
'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'
Manuel Vilas. Beiras reclámalle á Xunta 'independencia de criterio' e 'coraxe' para que tome medidas diferentes das da UE e evitar 'salvar aos delincuentes que crearon a crise e afogar aos cidadáns'. O catedrático cualifica de 'acontecemento decisivo' o Foro Social Galego para organizar dende Galiza unha resposta alternativa á recesión. (Artigo completo en A nosa Terra)
banner atopado na Plataforma Artabra 21
- O Foro Social Galego encherá Compostela de actividades artísticas e culturais
- O Foro Social Galego chama ao cambio
- Presentación do Foro Social Galego en Ferrol

Nas bitácoras amigas
-
Homenaxe ao pintor Francisco Miguel - Homenaxe no Ateneo Ferrolán sobre o pintor Francisco Miguel, a cargo do investigador Miguel Anxo Fernán Vello O vindeiro martes, 16 de setembro de 2025, á...Há 20 horas
-
Pílulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (5) - VI Conspirando (Inferninho, 9/4/2009) Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ou...Há 1 dia
-
Xeopolítica e cultura - Chegou ás miñas mans o libro “La ambición estratégica de España”, editado por Dykinson, a iniciativa do Instituto Universitario Xeneral Gutiérrez Mellado. ...Há 3 semanas
-
Novo asasinato machista na Galiza - A muller asasinada, recibiu varios disparos cando saía de traballar tras finalizar a súa xornada laboral - *Novo asasinato machista na Galiza* UNHA MULLER ASASINADA EN OIA NA TARDE DESTE SÁBADO, POLA SÚA EXPARELLA, QUE TIÑA UNHA ORDE DE AFASTAMENTO A muller ...Há 2 anos
-
-
-
PERIGO, OBRAS PÚBLICAS!!! A CIMEIRA DO CLIMA, A RESPONSABILIDADE SOCIAL E AS MENTES PRIVILEXIADAS - PERIGO, OBRAS PÚBLICAS !!! A CIMEIRA DO CLIMA , A RESPONSABILIDADE SOCIAL E AS MENTES PRIVILEXIADAS Ós que nos preocupa o cambio climático, a naturez...Há 5 anos
-
La granja humana - [image: orangutan]07-07-2019 - En la actualidad, tanto la especie humana como el resto de seres vivos, hemos dejado nuestro libre albedrío y nuestra capa...Há 6 anos
-
Perhaps slot machines will help me - I had gone through a terrible virus six months ago. While I was over the worst of it now, I was left with some neurological complications that really irr...Há 6 anos
-
A gran aposta - *La ciudad parece mi amiga, hoy es mi día y nadie me lo va a arruinar. Las chicas de la esquina ríen con picardía, yo se que es lo que quieren y se lo ...Há 6 anos
-
José Manuel Souto - O mércores 3 de outubro pasado o barrio perdeu ao seu grande puntal, José Manuel Souto, responsable da Cáritas Parroquial de Santa Cruz e persoa absoluta...Há 6 anos
-
Manifestación CIG 1 de Maio 2018 - [image: Premer para ver as fotos] [image: Creative Commons License] This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comerc...Há 7 anos
-
Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE - Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de En Mar...Há 9 anos
-
-
800 científicos de 82 países piden a todos los gobiernos del mundo eliminar los transgénicos - Nunca antes se había unido de manera tan contundente *la comunidad* *científica* como lo ha hecho para firmar una petición en la que más de 800 científic...Há 10 anos
-
Ábrete de orellas XLV, 22-setembro-2014 - estudio de Rádio FilispiM, Ferrol, 22-setembro-2014 podcast do programa sintonía - *Pablo Novoa *"Soy un pato" ("Novoa cruza el Atlántico", Subterfuge...Há 10 anos
-
-
-
-
Morre SOQNF. Mas morre de rir - Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15 de s...Há 13 anos
-
Tartaruga "BASTEIRA" (Caretta caretta) - No océano - *Liberada en alta mar polos compañeros da CEMMA, a Tartaruga mariña común ou Tortuga Boba (Caretta caretta) que chamamos BASTEIRA porque apareceu aboiando ...Há 15 anos
-
Aviso para os seguidor@s do blog: Mudámonos!! - A Cova da Terra acaba de actualizar a súa páxina web, polo que a partir de agora poderedes seguir o seu traballo en: A Cova da Terra.Há 15 anos
-
Manifestación "Queremos Galego" 21/01/2010 - Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.Há 15 anos
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-