sexta-feira, 23 de novembro de 2007

O vídeo "Ferrol, polo mar e a vida" foi premiado no certame Videodiversidad 2007

Videodiversidad 2007


No certame "Vídeo Diversidade", a organización "Ecologistas en Acción" premiou cun Accésit o vídeo curto de 10 minutos de duración titulado "Ferrol, polo mar e a vida", que estrearán conxuntamente a Asociación Cultural Fuco Buxán e a organización ACSUR en Ferrol o próximo 18 de decembro no Centro Cultural "Ricardo Carballo Calero" do Inferniño.


Máis

Plataforma Artabra 21

Xeración Web

Chuza

Ecologistas TV

Vídeos premiados

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 19

video by Drahthar



Martes, 19 de noviembre 2002

Ás 8.50 da mañá, no sétimo día, o Prestige partiuse. Atopábase a 260 quilómetros das Illas Cíes e había percorrido 437 km. A popa afúndese ás 12 do mediodía e a proa ás catro da tarde. Lentamente afúndese ata pousarse a 3.500 metros de profundidade.



Manchas do Fuel vista dende o Satelite

domingo, 18 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 18


Foto: © Enrique de la Montaña



Luns, 18 de novembro 2002

O Prestige á altura de Marín. O Goberno comunica que o petroleiro entrou na Zona Económica Exclusiva de Portugal. Os lusos decátanse do embolado: desménteno e rexéitano. O Prestige paséase outra vez cara ao norte. A mancha alcanza Porto do Son e ameaza a Ría de Arousa. A prohibición de pescar amplíase ata cabo Prioriño, en Ferrol. O delegado do Goberno calcula que hai 50 quilómetros de costa «realmente danados». Equivócase un pouco: contou 140 quilómetros de menos.

EL ÚLTIMO VIAJE DEL 'PRESTIGE'

sábado, 17 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 17



Fotos via Ambiente y salud

Domingo, 17 de noviembre 2002


O Prestige parado á altura de Corrubedo, a unhas 60 millas da costa, non para de botar fuel. En terra comézase a limpar.

Dias Tristes para Os Galegos!!

sexta-feira, 16 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 16




Sábado, 16 de novembro 2002

A marea negra toca terra e contamina 190 quilómetros de costa. Entre Fisterra e Mera (Oleiros) prohiben a pesca e o marisqueo.
Numerosas aves mortas. Seis mil traballadores ao paro.


quinta-feira, 15 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 15




Viernes, 15 de noviembre 2002

Na costa ven as primeiras aves manchadas de fuel. O chapapote
está a 5 quilómetros do paraíso das Illas Sisargas, e a 11 quilómetros do Roncudo

quarta-feira, 14 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 14




Xoves, 14 de novembro 2002

O fuel asoma a dúas millas de terra e o "Prestige" a só 4 millas de Muxía, ás dez da mañá o buque alcanza o seu punto máis próximo. O combustible chéirase no ar.
Espérase que esa noite instalen barreiras para protexer Laxe, Muxía, Camariñas, Corme e Camelle.

terça-feira, 13 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 13




Mércores, 13 de novembro 2002:

-O petroleiro "Prestige" con bandeira de Bahamas se escora fronte a Fisterra
-O Ministerio de Fomento faise cargo do rescate
Ás 15.15 da tarde, o petroleiro, un máis dos 1.400 que pasan cada ano fronte ás costas galegas, lanzou un S.O.S. Un golpe de mar abriulle unha vía de auga en dous tanques de estribor e presentaba unha escora de 25 graos.
Ao final do mércores, o barco perdeu unhas 6.000 toneladas de fuel. A mancha é xa de dez quilómetros de longo e 300 metros de ancho.

domingo, 11 de novembro de 2007

Greenpeace mostra no libro Photoclima a transformación que sufrirá a península ibérica se non se actúa contra o cambio climático

Greenpeace muestra en el libro Photoclima la transformación que  sufrirá España si no se actúa contra el cambio climático. Parque  Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia. Islas  Cies, Pontevedra

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas
Atlánticas de Galicia. Illas Cies, Pontevedra


Greenpeace muestra en el libro Photoclima la transformación que  sufrirá España si no se actúa contra el cambio climático. Santarém,  Portugal. 7 de Agosto de 2003.

Santarém, Portugal. 7 de Agosto de 2003



Portada del libro Photoclima. Noviembre 2007


Galería de imágenes: Photoclima

Via Greenpeace

Máis
Greenpeace denuncia con imaxes os efectos do cambio climático.
via Chuza

sábado, 10 de novembro de 2007

MOVIMIENTO CLIMA (vídeo)






Neste vídeo de presentación de MOVIMIENTO CLIMA destácase a estreita relación que hai entre a produción e o consumo de enerxía co cambio climático, e como cada un de nós, no noso día a día, podemos contribuír con pequenas accións a frear o problema.



http://www.movimientoclima.org/

quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Mencer Vermello - Rock proletario Galego



Rock proletario Galego

Mencer Vermello nace no ano 2004 cando catro colegas deciden xuntarse e formar un grupo de música. Ao principio tiñan claro duas cousas: unha era que querían ser un grupo comprometido coa realidade social na que lles tocara vivir, e outra facer a música que a todos lles gustaba e escoltaban: punk, oi! ou ska.

Apostaron dende o principio polo monolinguismo nas suas composicións. Consideran que o galego é un veículo perfecto no que realizar a sua música. Sempre o tiveron claro, tiñan que separar a idea xeralizada de que só os grupos de música tradicional cantan en galego. Tamén outras músicas tiñan que soar na nosa língua. Eles demostran que, é posíbel, aquí e agora, facer música nacionalista, de esquerdas, galega e en galego.




Influenciados polo camiño deixado por grupos como Xenreira ou Kortatu, puxeronse mans à obra e bautizaron ao grupo co nome de guerra de Mencer Vermello. Rápìdamente puxeronse a compor e a sacar algunha versión ou adaptación à galega. Tras largos meses de ensaios deron salto aos escenarios con conciertos repartidos por toda xeografía galega nos que, pouco a pouco, foron avanzando e madurando tanto a nivel musical como nas suas letras. E xá tocaron en sítios como Madrid, Rentaría ou Guadalaja.


Hoxe en día seguen a tocar e compor novos temas con vista a grabar o que será a súa primeira maqueta. Desde a sua páxina web (www.mencervermello.com) podense descargar 5 temas grabados en directo no ano 2005, o dia do primeiro partido da Selección Galega.


Podedes escoitalas através da sua Radio Blog ou ben, podedes descargalas na seguinte ligazón.
http://variosmv.blogspot.com/2007/06/mp3.html


ADIANTE CO ROCK PROLETARIO GALEGO!


domingo, 4 de novembro de 2007

Un vídeo de O Courel e música de Luar na Lubre supera as 400.000 visitas en YouTube



E xa van Visitas: 475281 a data do 4 de novembro 2007

Vídeo para reivindicar a declaración de O Courel como parque natural, con imaxes da serra lucense, tomadas da TVG e música de fondo de Terra, un tema do grupo Luar na Lubre gravado no 2001.

Exito do ciberactivismo galego!!

Avatar de peeler por peeler via Chuza

Chuza!, novas sociais galegas

Algunhas bitacoras
defensoras de O Courel

arredemo.info
verdegaia.org
amigus.org
boulesis.com
ecotono.net

hai moitas máis...

sábado, 3 de novembro de 2007

15 de novembro: apagón fronte ao cambio climático


Con motivo da presentación dun novo informe científico das Nacións Unidas sobre cambio climático durante a semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadás do Estado español convocan un apagón co lema de "FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA", para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde.


A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados e instalacións e equipamentos públicos durante eses 5 minutos a prol do planeta. Dende Verdegaia convidanos a se sumar a ela a cantas persoas e entidades desexen chamar a atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomarmos medidas urxentes perante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d'Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grup d'Ornitologia, Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana...


Via Verdegaia
Tamén en chuza
apagon15n.blogspot

quinta-feira, 1 de novembro de 2007

Ciclo "Cine e dereitos humanos" no CGAI

A semana que vén o CGAI acolle o ciclo "Cine e dereitos humanos", organizado en colaboración co grupo local de Amnistía Internacional.
Estes son os cinco filmes que serán proxectados:

Martes, 6 de novembro, 20:30

Invisibles

Invisibles (Wim Wenders, Fernando León, Javier Corcuera, Isabel Coixet e Mariano Barroso, 2007).


Xoves, 8 de novembro, 20:30

Bamako

Bamako (Abderrahmane Sissako, 2006).


Venres, 9 de novembro, 18:00

Uno por ciento, esquizofrenia (Ione Fernández, 2007)


Sábado, 10 de novembro

18:00 La bandera negra (Amando de Ossorio, 1956).

El taxista ful

20:30 El taxista ful (Jo Sol, 2005)


fonte orixinal blog Días estranhos -pawley.blogalia.com
via chuza



CGAI

Nas bitácoras amigas