sábado, 3 de novembro de 2007

15 de novembro: apagón fronte ao cambio climático


Con motivo da presentación dun novo informe científico das Nacións Unidas sobre cambio climático durante a semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadás do Estado español convocan un apagón co lema de "FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA", para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde.


A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados e instalacións e equipamentos públicos durante eses 5 minutos a prol do planeta. Dende Verdegaia convidanos a se sumar a ela a cantas persoas e entidades desexen chamar a atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomarmos medidas urxentes perante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d'Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grup d'Ornitologia, Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana...


Via Verdegaia
Tamén en chuza
apagon15n.blogspot

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas