sábado, 29 de novembro de 2008

Queremos a Xosé Cendón ceibe!!



O fotografo galego Xosé Cendón leva secuestrado dende o pasado mércores en Somalia, créese que poida estar nunhas covas a 20 km. de Bossaso, por outra banda o Ministro de Asuntos Exteriores admitiu o venres que aínda non puideron contactar cos captores,e dicir non se sabe nada de Xosé Cendón. A última noticia que se ten é que detiveron a dous persoas presuntamente relacionadas co secuestro.
Esperemos que o noso fotografo este axiña na casa connosco.




Ultima Hora


29/11/2008 18:17 h Embaixador en Quenia: "Aínda que nós non falamos con eles, distintas fontes [non identificadas], confirmáron que os viron e que están en bo estado"


29/11/2008 18:36 h Xulia Cendón, irmá do fotógrafo Xosé Cendón, admitiu de que se enterou a través de xornalistas de que o embaixador español en Quenia dixera que está localizado


30/11/2008 10:16 h "Primeiro contacto entre autoridades e captores de xornalistas en Somalia"


30/11/2008 11:21h Moratinos asegura que a prioridade no rescate de Cendón é "a súa seguridade"


30/11/2008 18:13 h Policía de Puntlandia espera éxito en operacións para liberar xornalistas


30/11/2008 23:40 h A liberación do fotógrafo español José Cendón en Somalia, máis perto con cinco novas detencións


01/12/2008 00:05 h A familia de Cendón di que está localizado e atópanse máis tranquilos pero en espera


01/12/2008 09:38 h Somalia envía tropas ás montañas para rescatar ao fotógrafo galego


01/12/2008 18:45 h Cendón e Freeman levados a un novo "escondite"


01/12/2008 23:11 h "O meu irmán está ben"


02:12/2008 08:31 h Xosé Cendón: "Estou ben e non teño nin un rasguño"


02/12/2008 10:52 h Comezan as negociacións para liberar ao xornalista Galego secuestrado en Somalia


02/12/2008 21:15 h Os captores de Cendón aseguran que están negociando o prezo do rescate


02/12/2008 21:41 h Moratinos non ten constancia de que se pida rescate por Cendón


03/12/2008 12:09 h Moratinos: 'O rescate de Cendón xestiónao o 'Daily Telepraph'


04/12/2008 10:12 h A familia de Cendón teme que os secuestradores o reteñan ata Nadal


04/12/2008 14:52 h Trinta persoas piden presión política para a liberación de Xosé Cendón


04/12/2008 19:36 h Xosé Cendón segue desaparecido en Somalia unha semana despois da súa captura


05/12/2008 10:14 h A solución pasa por Londres


07/12/2008 17:21 h Decaen os ánimos na familia Cendón diante do secuestro que 'vai para longo'


08/12/2008 23:20 h A familia Cendón pide cautela e prudencia para protexer a Xosé Manuel


08/12/2008 23:35 h Moratinos di que "non hai que perder a esperanza"

10/12/2008 16:00 h A irmá de Cendón di que os contactos para a liberación avanzan lentos

12/12/2008 13:00 h Ceibar a Xosé cendón Xa!!

26/12/2008 12:00 h Cúmprese un mes do secuestro do gráfico galego Xosé Cendón






.

A Nosa Terra entrevista a Xosé Manuel Beiras sobre o Foro Social Galego



Vídeo by anosaterraTV


ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS

'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'


Manuel Vilas. Beiras reclámalle á Xunta 'independencia de criterio' e 'coraxe' para que tome medidas diferentes das da UE e evitar 'salvar aos delincuentes que crearon a crise e afogar aos cidadáns'. O catedrático cualifica de 'acontecemento decisivo' o Foro Social Galego para organizar dende Galiza unha resposta alternativa á recesión. (Artigo completo en A nosa Terra)


Vía Chuza por sann


http://forosocialgalego.org/images/banners/acceso_libre.gif


banner atopado na Plataforma Artabra 21

.



Ledicia pola volta de "Eucaliptos NON"

De: ATELMOP@telefonica.net
Enviado: venres, 28 de novembro de 2008
Para: Arceibe@hotmail.com

Por un problema relacionado cun grave accidente de tráfico do compañeiro que levaba o Blog, a nosa páxina estivo "parada " unha longa tempada .

A nosa dirección é http://www.eucaliptosnon.com/





-----------------------------------------------------------------------------------------


Un sincero desexo de que o teu amigo se recupere ben do accidente, e dende aquí animarvos a seguir con tan digno traballo, que tanto me comprace.

Seguide así!!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
.

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

28N; Día sen compras

Imaxe atopada na Ventana Verde


(c+p Adega) Dende hai 16 anos vense celebrando o Día sen Compras, unha iniciativa que xurdiu en Canadá baixo o lema “o bastante é suficiente”. Un día no que a modo de protesta contra o consumismo imperante se anima á poboación a que deixe de lado o carriño da compra. Unha xornada na que poderemos descansar do noso papel de consumidores/as natos e investir o tempo gañado nunha reflexión sobre o modelo “hiperconsumista” do que formamos parte. Proba a facerte algunha destas PREGUNTAS: De verdade o preciso? Voulle dar uso suficiente que compense o gasto? Cantos teño xa? Podería pasar sen el? De onde ven este produto? Quen e como se fabricou? Vai supor moito lixo isto que merco? Hai outra alternativa que sexa máis ecolóxica? Pódese reciclar? É bo para a saúde?

As materias e materiais que consumimos son recursos naturais finitos que usamos para o noso desfrute e para cubrir as nosas necesidades. É importante logo coidalos, gastalos con mesura e darlle unha longa vida. Pola contra no sistema existente a cultura de usar e tirar estáse pondo de rabiosa actualidade. As modas impostas anímannos a tirar obxectos que tornan en “obsoletos” de un ano para outro. O noso consumo tería que ser principalmente de produción local e libre de químicos. Mais a realidade é ben distinta, cada vez é máis difícil saber de onde viu ou que contén o que estamos a mercar.
Os alimentos e produtos pasean de un lado a outro do planeta incrementando as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que o seu prezo aumenta simplemente por pasar por mans intermediarias. A cantidade de pesticidas e tóxicos empregados nos cultivos aumentan ano tras ano, moitos deles carecendo dos estudos axeitados que certifiquen a súa seguridade e salubridade.

As transnacionais teñen cada vez máis influencia económica, política e social. Na actualidade máis do 80% das compras realizanse en grandes superficies. Sete empresas controlan tres de cada catro alimentos que mercamos nestes establecementos e unha soa empresa, Carrefour, controla un de cada catro. As grandes superficies fixan prezos, incitan o consumismo estudando o noso comportamento e apoiandose nas nosas debilidades, promoven a produción de lixo, compiten co pequeno comercio e a función social que ten este e provocannos estrés.
Estamos inmersos/as nun sistema onde prima a cantidade producida e os beneficios tirados do producto perante a calidade deste. Un modelo que aplaude por exemplo que os transxénicos aparezan sen permiso na nosa mesa. Un réximen de “libre” mercado na que a degradación medioambiental está acompañando en todo o proceso, no que as rexións máis pobres do planeta son as que sofren o noso desenfreno devorador de recursos.
Como reacción a este modelo, pola saúde persoal e pola do planeta, pero tamén como maneira de levar a iniciativa individual ao plano colectivo, compre mudar estes hábitos e voltar cara un consumo local, social e ambientalmente máis xusto. Tamén nós rematamos por convertirnos en vítimas do consumismo; consumimos o noso tempo libre nas tendas e centros comerciais, consumimos a nosa saúde e paciencia en longas colas, consumimos os nosos desexos poñendolle prezo a todo.
Ante a decisión de facer unha compra podes plantexarte algunha destas preguntas: De verdade o preciso? Voulle dar uso suficiente que compense a inversión? Cantos teño xa? Podería pasar sen el? De onde ven este produto? Quen e como se fabricou? Vai supor moito lixo isto que merco? Hai outra alternativa que sexa máis ecolóxica? Canto me vai durar? Pódese reciclar? Faime máis feliz mercalo? Estou sendo vítima da publicidade? É bo para a saúde?

Artigo orixinal de Adega


.

A Plataforma Galega Antitransxénicos solicita entrevistas cos máximos responsabeis do Goberno Galego


(c+p Verdegaia)Trala covardia mostrada polos parlamentarios que nos representan, ao non seren capaces de facerse eco das demandas da cidadanía e escurrir o bulto deixando á vontade da Xunta de Galiza a posta en marcha dunha serie de medidas laxas e contradictorias, A Plataforma Galega Antitransxénicos vese na necesidade de solicitar entrevistas cos máximos responsabeis do goberno galego: Emilio Pérez Touriño e Anxo Manuel Quintana González.

Nesta reunión trasladarémoslles ao Presidente e Vicepresidente da Xunta de Galiza que cómpre clarificar con urxencia as ferramentas que haberán de garantir a posta en marcha do texto consensuado polos grupos parlamentares, xa que ademais de non cubrir as demandas do pobo galego, a falta de sensibilidade demostrada polos grupos políticos denota o risco de que estas mínimas consideracións nin sequera se leven a cabo.

Neste senso, esixiremos a creación dun órgano de supervisión e seguimento da aplicación dos puntos reflectidos no documento, que ineludíbelmente haberá de contar con presencia da cidadanía galega, representada a día de hoxe por medio da Plaforma Galega Antitransxénicos, que arestora agrupa unha trintena de colectivos e organización sociais.

Nomeadamente, cómpre un seguimento especialmente estricto dos pontos seguintes:

"Incentivar as producións agrogandeiras tradicionais de calidade e os cultivos ecolóxicos outorgándolle a máxima protección xenética."

Especificar cales son os mecanismos de promoción destes modelos produtivos. Clarificar que este punto non sexa unha coartada para dar saída legal a unha coexistencia encuberta de cultivos transxénicos con non transxénicos. Reiteramos: A coexistencia é imposíbel.

"Establemecemento de sistemas de identificación, control e rastrexabilidade dos produtos agrogandeiros."

Garantir que a responsabilidade destes mecanismos non sexa outra carga burocratica para as explotacions e recaiga dita responsabilidade na administración, neste caso concreto consideramos que seria potestade do INGACAL (Instituto Galego de Calidade)

A este respeito, subraiar a especial importancia do compromiso enunciado polos grupos parlamentares de proporcionar información e formación á cidadanía e profesionais do sector agrogandeiro, en todos os aspectos e efectos relacionados cos organismos xenéticamente modificados.

Neste plano informativo, a PGA observa prioritario achegar información sobor dos organismos modificados transxénicamente aos propios grupos parlamentares, habida conta dos argumentos falsos que manexaron nas intervencións, poñendo de releve a grande ignorancia presente nos nosos representantes políticos na Cámara.

Por último, a Plataforma Galega Antitransxénicos manifesta a improcedencia do ponto recollido na Proposición non de Lei alusivo ao incentivo das investigación en biotecnoloxía e inxeñaría xenética, xa que entra en contradición cos pontos especificados anteriormente, e mesmo co espírito do texto inicial da Prosición non de Lei da Declaración de Galiza zona libre de transxénicos: "O Parlamento de Galiza insta á Xuntoa de Galiza a que, no ámbito das súas competencias, non contemple a produción de cultivos transxénicos destinados ao consumo humano e animal"

Queremos mostrar o noso agradecemento a tódolos colectivos, persoas a título individual e medios de comunicación polo seu apoio, demostrando unha vez máis que a sociedade civil vai "un paso por diante"da clase política.

Emprazamos á cidadanía galega a adherirse ás vindeiras iniciativas que xa dende hoxe porá en marcha a Plataforma Galega Antitransxénicos.

Artigo de Verdegaia


Relacionado

- O Goberno español tenta bloquear na UE a investigación dos impactos socioeconómicos dos transxénicos
- Antitransxénicos no Parlamento
- Os cidadáns dixeron NON aos transxénicos
- 26 de Novembro; Galiza libre de transxénicos!!
- 26 N; A nosa terra zona libre de TransXénicos

.

quinta-feira, 27 de novembro de 2008

Charla - coloquio nas Pontes para tratar a situación dos ríos Eume e Chamoselo

Foto da contaminación do río Chamoselo (Amigus)


A Asociación xuvenil Galiza Nova organiza unha charla - coloquio nas Pontes no que se analizará a situación actual dos ríos Eume e Chamoselo. O acto contará presenza de colectivos ecoloxistas como ADEGA. Ademais están convidados grupos políticos, empresariais e cidadáns anónimos preocupados polo tema. Terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro ás 20.00h no local do Lar.
(c+p Amigus As Pontes)


.

Represión contra a Ria Non se Vende. Quen discrepa: paga



(c+p A Ría non se vende)
Estes dias escomeçam a chegar as multas polo feche nas dependências da Xunta de Galiza em Vigo o dia 13 de Novembro, no aniversário da catástrofe do Prestige. Este acto totalmente pacífico foi reprimido pola polícia, sacando à gente que participou em el a empurrons e sem sequer permitir-lhes entregar o manifesto no registro. Pois bem, agora chegam multas às pessoas que participarom no acto, por: “Provocar reacçons no público que podam alterar a seguridade cidadam e desobedecer os mandatos dos agentes da autoridade na Plaça da Estrela…” multas por valor de 650 euros cada umha que entre todas somam varios miles de euros. Nom é a primeira vez que passa, já na toma simbólica da ilha de Toralha chgegarom varias multas e, hoje mesmo, um membro da Ria tivo um juiço por participar num acto pacífico contra a regata dos formula 1 do mar onde foi acusado de “Insultar, ameazar, amedrentar a dous polícias que tiverom que abandonar a zona e de impedir o passo às autoridades e participantes no acto”, acusaçons totalmente falsas. Parece ser que o PSOE quere implantar o pensamento único na Galiza e nom vam permitir ningumha discrepancia com a sua nefasta política. Esta represom tem nome e apelidos de quem assina as multas que é o Sr. Delfin Fernandez Alvarez Subdelegado do Governo em Pontevedra.


A Ría non se vende


.

Presentación do Foro Social Galego en Ferrol


O Venres día 28 de Novembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, unha presentación do FSG (Foro Social Galego).
A inauguración do Foro Social Galego, será o venres 5 de Decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galiza (Sala Mozart). Santiago de Compostela.
(C+p Plataforma Artabra 21)

.

Vídeo de "A Nosa Terra Tv" Antitransxénicos no Parlamento


Vídeo by A Nosa Terra Tv

Son beneficiosos os transxénicos

.

quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Anderson Jacintho; "EUA afasta das cidades as súas regasificadoras"

Regasificadora en Mugardos a carón das casas (foto Suso)


(Artigo orixinal Aquí)
O risco dunha explosión en regasificadoras é o motivo de que EUA impida a instalación deste tipo de plantas perto de poboacións, segundo explicou Anderson Jacintho, director da área de seguridade de American Bureau of Shipping (ABS), tras unha conferencia que impartiu no edificio do porto deportivo de Xixón.

Plantas como a que Enagás promove no porto do Musel non teñen problemas en EUA para instalarse en polos petroquímicos, «pero perto dunha poboación non» por que se ten en conta o risco de explosión, explicou o experto estadounidense. «O risco é produto de valorar a probabilidade, a vulnerabilidade e as consecuencias e se non hai como rebaixar o risco para que non haxa danos, non vai ser aprobado» un proxecto desas características. Jacintho explicou que edificios pertencentes ás propias instalacións industriais, como oficinas ou outros, poden «reforzarse» para evitar danos persoais en caso dunha explosión. Pero iso non é viable facelo con toda unha poboación.

Anderson Jacintho falou na súa conferencia sobre a ISO 28.000, unha norma de calidade nos sistemas de seguridade. ABS está realizando a auditoría inicial sobre a seguridade no porto do Musel, primeiro paso para que a Autoridade Portuaria de Xixón obteña esa certificación de calidade. De cumprirse os prazos previstos, O Musel sería o primeiro porto europeu que obtería a ISO 28.000, seguindo o exemplo do porto de Houston (Texas).

A ISO 28.000 require controis dos accesos de entrada e saída do porto, do seu perímetro, das entradas de ferrocarrís, os accesos de barcos desde zonas extraportuarias, o control de credenciais de persoas e a formación das persoas encargadas da seguridade nas instalacións. O principal risco no tráfico de mercancías vén da man do movemento de contedores, polos riscos de atentados terroristas usándoos para introducir armas de destrución masiva nun país, ou para actividades delituosas como o tráfico de drogas, apuntou o relator.

(Enlaza co artigo orixial)
.

Carmelo, o verás cos nosos ollos!!

Foto de Suso

.

Os cidadáns dixeron NON aos transxénicos




A Cámara debateu esta mañá unha moción do BNG para declarar "Galicia zona libre de cultivos transxénicos na produción de produtos, tanto destinados á alimentación humana como á animal, e a súa participación na Rede rexións europeas que se declaran libres de transxénicos". Mentres, na entrada do parlamento medio cento de cidadáns da Plataforma Galega Antitransxénicos manifestábanse con berros como "se non tedes fillos, será culpábel o millo!".

Charo Sánchez, voceira da Plataforma, acusou ao Goberno galego de "favorecer ás grandes multinacionais que só se preocupan por enriquecerse e prexudican á seguridade alimentaria".

Sánchez rexeitou a moción debatida hoxe no Parlamento de Galicia contra estes produtos, xa que permite o seu cultivo para investigación. A voceira denunciou que carece de "contido real algún" e reclamou que "non se deriven cartos públicos" para a investigación con transxénicos...
(Artigo Completo en A Nosa Terra)

Via Chuza por osusinho


.

O plan Vigo Íntegra (Gz Vídeos)


Vídeo by GZ Vídeos

A Ría non se Vende

O “LNG Bilbao Knusten” non puido entrar na Ría por mor do vento

Foto atopada en funkoffizier

(c+p CCE para a Ría de Ferrol) Onte, 25 de novembro, o gaseiro esperado con carga de GNL para Reganosa, que fai o nº 36, non puido efectuar a súa entrada na Ría.
O forte vento impediu ao “Bilbao Knutsen” atravesar a canle. O seu enorme envergadura, de case 285 m. de eslora e 42,5 m de manga, correría o risco, coas condicións metereolóxicas de onte, de verse desprazado contra a costa nunha pasaxe tan angosta como é a boca da nosa Ría.
Son varias xa as ocasións en que por distintos motivos, como o vento, a néboa, o erro na manobra, os buques teñen que demorar a súa entrada ata outra marea posterior.
Isto vén confirmar unha vez máis, o que desde fai case dez anos vén reiterando o Comité Cidadán de Emerxencia e todas as persoas sensatas desta comarca. A improcedencia e a peligrosidade da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría, situada aí, para beneficio exclusivo duns poucos, a costa da seguridade dos habitantes da súa contorna.
Todo isto non sucedería se a Planta estivese no exterior da Ría, por iso, agora que estamos aínda a tempo, antes de que nos vexamos nunha situación tráxica e irreparable, seguimos esixindo:

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!
.

terça-feira, 25 de novembro de 2008

Eusko Alkartasuna lembra que quen fora presidente da Xunta ten resposabilidades en "crimenes contra a humanidade"

Imaxe atopada aporrea.org

(Enlaza co artigo orixinal de Vieiros)

EA responde as ameazas do PP pedindo a investigación dos "crimes contra a humanidade" de Fraga

Eusko Alkartasuna lembra que quen fora presidente da Xunta ostentou importantes responsabilidades de goberno nos últimos anos do franquismo.

O obxectivo é "esclarecer as responsabilidades" de Manuel Fraga Iribarne durante a súa época de ministro de Franco, entre os anos 1975 e 1976. Eusko Alkartasuna non perdoa as declaracións de diferentes dirixentes do PP no que os acusa de manter un vencello con ETA e, ademais de exixir unha rectificación, cargan a man contra o que actualmente é presidente de honra desta formación política.

O partido vasco recorda que Fraga ostentou importantes responsabilidades nos últimos anos do franquismo e nos primeiros executivos logo da morte do dictador, ao tempo que subliñan que en ningún momento "rexeitou o réxime franquista". Así, anuncian que estudarán se, no marco das súas actuacións como ministro, existen delitos imputábeis a crimes contra a humanidade e fan referencia a episodios de represión como o 3 de marzo de Vitoria, os asasinatos de Montejurra ou a imposición de penas de morte a presos políticos.

Finalmente, Eusko Alkartasuna asegura que "non aceptará leccións de democracia dunha formación que ten como presidente de honra a unha persoa co historial de Fraga" e subliña que "está decidida a emprender accións legais contra o PP se non rectifica as declaracións sobre as relacións do partido con ETA".

Vieiros
Nova via Suso-Ferrol



.

segunda-feira, 24 de novembro de 2008

Perigo!! Gaseiro nº 36 na Ría

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro nº 36
Martes 25 Novembro, ás 7 da tarde - CONCENTRACION -
Diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)
.

As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia volveron aumentar en 2007 (Verdegaia)


Verdegaia As emisións galegas de gases causantes da mudanza climática volveron aumentar en 2007, despois do descenso rexistrado entre 2004 e 2006. Segundo o informe "Las emisiones de gases de invernadero por comunidades autónomas en 2007", elaborado pola Secretaría de Medio Ambiente de CCOO, no ano pasado emitíronse desde Galicia 35,8 millóns de toneladas de GEI. Isto supón un 25,1% máis que en 1990, é dicir, 10 puntos máis que o límite do 15% de aumento entre 1990 e 2008-2012 que o conxunto do Estado español non debería superar para cumprir Quioto.

As emisións de GEI en Galicia están a aumentar menos que en España pero máis que no conxunto da UE e dos países desenvolvidos. (Artigo completo en Verdegaia)

.

domingo, 23 de novembro de 2008

Mesa Redonda: A defensa medioambiental "Unha visión plural"


O Martes 25 de novembro as 20 horas no Centro Cívico de Caranza terá lugar unha mesa redonda - coloquio co lema A defensa medioambiental "Unha visión plural"onde participaran:

  • ADEGA - Fins Eirexas. Secretario Executivo
    “A contaminacion do Eume e da lagoa d’As Pontes”

  • Lápiz Verdes - Camilo Casal. Presidente de Lapis Verdes.
    “Enerxía Nuclear”

  • Comité Cidadán Emerxencia Ría de Ferrol - Luz Marina Torrente.
    “Movilización cidadá contra a planta de gas de Mugardos”

  • Plataforma afectados polígono Vilar do Colo. Suso Oca. Directivo da Plataforma
    “Polígonos industriais ou polígonos especulativos?"

  • SGHN. Paulino Gasalla. Ex-Presidente da Sociedade Galega Historia Natural.
    “Contaminación lumínica”

Modera: Suso L. Piñeiro. (Presidente Adega-Trasancos)


A nova no CCE para Ría de Ferrol
A nova en Adega Trasancos
Nova via Chuza por Fulano

Stop Nadal: aínda non, por favor! (Adega)

APALPADOR dende A Gentalha do Pichel

ADEGA solicita á administración, empresas e cidadáns control no consumo. Até fai ben pouco tempo, decembro traía o Nadal, pero nos últimos anos toda a parafernalia que vai asociada a estas festas adiántase cada vez máis, e cara finais de novembro aparecen xa os primeiros sinais. Este ano, a finais de outubro, cando moitas persoas aínda non probamos as castañas, xa había polvoróns, turróns e mazapáns nos andeis de moitos supermercados, e na primeira semana de novembro xa temos ofertas especiais de xoguetes. A nosa sociedade xa de por si consumista, convírtese nestas datas nunha sociedade hiperconsumista, depredadora dos recursos do planeta, sen percibir que estes son limitados e que deben ser xestionados como tal. (Artigo completo en Adega)


.

Políticos testaferros das multinacionais da acuicultura


(Mundo Galiza) ADEGA quere advertir á veciñanza de Corcubión que o prezo anunciado para a merca dos terreos afectados pola piscifatoría de Cabo Cee, fixado en de 2 €/m2 é absolutamente irrisorio, polo que non deben morder o engado e deixarse levar polos cantos de serea do alcalde e o conselleiro, que semellan actuar como testaferros das multinacionais da acuicultura.

Con este prezo indigno e insultante preténdese adquirir os terreos para un proxecto, a piscifatoría de cabo Cee, que presenta un grave impacto ambiental e sobre o que se están a difundir informacións tendenciosas e interesadas por parte dos responsábeis políticos tanto do concello de Corcubión como da Consellería de Medio Ambiente. (Artigo completo en MundoGaliza)


Via Chuza por Socram

.

sábado, 22 de novembro de 2008

26 de Novembro; A nosa terra zona libre de Transxénicos


.

PRIVATINOVA; O xogo de moda dos nosos Políticos

Xogo na Web de Suso

"NOVO XOGO PARA OS POLÍTICOS GALEGOS"

O xogo de moda para clase corruptopolítica galega. Que so se adican a especular coa nosa terra, o noso ceo, o noso ar, os nosos ríos, os nosos montes, os nosos mares e as nosas rías.

UNIDADES LIMITADAS
Descontos especiais pra os promotores de Reganosa !!

(entre nos.......seguro que Tojeiro xa o ten)


.

26 de Novembro; Galiza libre de transxénicos!!

Todos ao Parlamento Galego!!!



(c+p Plataforma Artabra 21)

O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!!
Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate.
Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

Estamos perante dunha oportunidade histórica. Todos sabemos o muito que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo de paralas antes de que sucedan.

A nosa terra zona libre de transxénicos, todas/os nós somos responsábeis desta loita.

(Enlaza co artigo orixinal da Plataforma Artabra 21)






.

Planta de Gas en Ribeira (ReganosaDemolizón)

Foto dende ReganosaDemolizón



(c+p ReganosaDemolizón)

Unha compañeira pasounos un borrador de alegación para o proxecto de planta de gas de Ribeira

Transcribimos parte por se vos interesa:” O 17 de outubro de 2008, foi publicada no DOG a “Resolución do 1 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización e a aprobación do proxecto de execución da planta satélite de gas natural licuado (GNL) para a subministración á rede de distribución de gas natural do termo municipal de Ribeira (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.”

“No proxecto fálase dun suposto de consumo máximo de gas (1 hora punta de 3500m3 máis 10000 m3 totais ao longo do resto do día) que levaría a unha frecuencia de 6 enchidos por mes. Isto supón practicamente un camión de 35 m3 de gas licuado circulando pola estrada dende a planta de Mugardos ata Ribeira, co conseguinte perigo potencial.
Por outra banda, non hai que esquecer que a planta de Mugardos está a traballar ilegalmente, e a posta en funcionamento da planta de Ribeira incidiría na súa produción e polo tanto na súa ilegalidade”.

(Artigo orixinal de ReganosaDemolizón)


.

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Non á canteira de Riomao


(Artigo orixinal de Vieiros)
Desde a Asociación Cultural de Prada achégannos denuncia da canteira que se vai abrir na zona de Riomao, no Concello d'A Veiga, na comarca de Valdeorras, onde a xente do lugar de Prada xunta voces en defensa do patrimonio local. Hai xa dous anos que os veciños recoñecen que sabían do proxecto presentado por unha empresa para furarlles o monte, pero admiten que nunca pensaron que as administracións foran apandar cunha "barbarie ecolóxica" desa dimensión. Agora, e toda vez que Goberno e Concello outorgaron os permisos correspondentes, os veciños pregúntanse a que criterios atenderon as administracións para autorizar a explotación dunha canteira "nunha paisaxe natural que nun futuro formará parte do Parque Natural de Pena Trevinca". Critican así que o propio alcalde da Veiga, o socialista Fernando Fernández, defina de "barbaridade" o proxecto pero xustifique o permiso municipal dicindo que "cumpre con todos os requirimentos legais". Por este motivo, o colectivo veciñal iniciou unha mobilización, con recollida de sinaturas incluída, baixo o lema "Non á canteira". Denuncian non só o "nefasto efecto visual" que consideran que causará a obra, senón tamén a perda dun patrimonio natural "único" e as consecuencias negativas desde o punto de vista socioeconómico para a zona: freo ao turismo rural, creación de escombreiras, destrución de flora e fauna, circulación de vehículos pesados por vías xa en mal estado... "Imos deixar desaparecer o lugar onde os nosos avós e pais plantaron milleiros de piñeiros ou abetos que resistiron durante anos ao lume?", pregúntanse.

Vieiros

Vecinos de A Veiga reúnen firmas contra una cantera (la región)



Nova via Suso-Ferrol


.

Galicia, mellor sen touradas


(c+p Chuza por ese_pitufo)
A League against Cruel Sports, organización británica que logrou a abolición da caza do raposo no Reino Unido, adheriuse á plataforma Galicia, mellor sen touradas, invitando ós internautas ingleses que amosen o seu descontento pola promoción do Concello da Coruña da Feria Taurina como festa popular, cando apenas un 3% da poboación galega declárase afecionada a este espectáculo violento.

.


Sabado 22 de Novembro: A Asociación Cometa recollerá firmas na Av do Mar (Caranza) contra o proxecto de Canceira Municipal


Recollida de firmas
(Artigo orixinal da Plataforma Artabra 21)
Continuando coa loita por un refuxio en Ferrolterra e o fín da matanza de animais abandonados, este sábado a Asociación Cometa recollerá firmas no paseo de Caranza. Se non chove estaremos alí a partir das 4 e media da tarde e, ademais da recollida de firmas, aproveitaremos a ocasión para facer oir a nosa protesta contra a rehabilitación do floco de Mougá, unha mostra máis da falta de sensibilidade cara aos animais que padecen os nosos gobernantes.

Os animais necesitan o teu apoio, agora máis que nunca. Acercate o sábado e axudanos a demostrar que non están sos.

Un saúdo

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992


correo@asociacioncometa.com

http://www.asociacioncometa.org/

.

Ence ameaza: ou conceción eólica o trinta anos máis na Ría

Foto atopada en Desarrollo Sostenible

(Enlaza co artigo orixinal de Vieiros)
Ence manda recado: se non hai concesión eólica, trinta anos máis na ría

O presidente do grupo empresarial, Juan Luis Arregui, asegura ter catro novas posíbeis ubicacións para a celulosa.

O presidente do Grupo Ence, Juan Luis Arregui, entrevistouse este xoves con representantes dos traballadores para asegurarlles que a celulosa conntinuará na ría de Pontevedra “polo menos” até o 2018, ano no que remata a licenza administrativa de actividade. Pero, Arregui foi máis aló ao dicir que a empresa valora seriamente iniciar en 2015 os trámites para lograr unha nova concesión que lle permita estar na ría outros trinta anos.

O presidente do comité de traballadores, Nicolás Fernández, sinalou que Arregui lles explicou que renunciaría a unha nova concesión en Pontevedra sempre e cando a Consellaría de Industria aprobe os proxectos que Ence presenta canda os empresarios galegos Jacinto Rey, Manuel Jove e Epifanio Campo. Se o reparto eólico é favorábel a este grupo empresarial, Arregui afirmou que ten catro localizacións posíbeis a onde trasladar a celulosa.

A entrevista de Arregui cos representantes dos traballadores prodúcese poucas semanas antes de que Industria faga públicas as concesións eólicas. O departamento que dirixe Fernando Blanco comprometeuse a deixar pechado o reparto antes de mediados do vindeiro mes.

Artigo de Vieiros

Via Chuza por Kiko_das_leiras

Ultima Hora
Via Chuza por bieito




Vídeo by PluraliaTV



.

“O Recuncho”, o programa de “fuco buxán” en Rádio FilispiM (93.9 FM)


Unha nova emisión - a cuarta – en directo, de “O Recuncho”, o programa de “Fuco Buxán” en Rádio FilispiM (93.9 FM), emitirase o próximo sábado, 22 de novembro, de 11 a 13 horas.

“O RECUNCHO DE TODOS”

Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.

Máis información na Web de Fuco Buxán
O blog do Recuncho é: http://recunchofuco.blogspot.com

.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

Leandro Lamas, un dos nosos

Leandro Lamas e dous das súas obras


Botade unha ollada á bitácora de Leandro Lamas, un dos artistas que participou na capaña "A Ría na Rúa". Este pintor de ferrolterra, da zona da Mourela (Neda), expón algunha das súas obras no seu blog... neste enlace:

http://leandrolamas.blogspot.com/

.

Fame e transxénicos (Altermundo.org)



(Enlaza co artigo orixinal de Altermundo.org)
Silvia Ribeiro-. As agroempresas transnacionais, as que máis se lucraron coa crise alimentaria e están entre os principais causantes do cambio climático, aproveitan a conxuntura para promover agresivamente cultivos e árbores transxénicas como solución das crises.

O espectro de argumentos, falsos pero recollidos por varios gobernos e institucións internacionais, inclúe que os transxénicos aumentarían a produción; que os agrocombustibles serían máis eficientes; que farán cultivos resistentes aos efectos do cambio climático e que as árbores transxénicas producirán celulosa (para agrocombustibles ou papel) sen competir con alimentos. Pero estes argumentos son falsos e implican novos perigos.

O problema non é a produción de alimentos, senón o acceso inxusto aos medios para producilos. Ademais, os transxénicos producen menos que as variedades convencionais. Varios estudos de organizacións da sociedade civil e investigadores independentes (Amigos da Terra, Charles Benbrook), ou universitarios e oficiais (Universidade de Kansas, Universidade de Nebraska, Departamento de Agricultura dos Estados Unidos) mostran que a soia transxénica, principal cultivo transxénico plantado no mundo, produce en media até o 11% menos, e que o millo, o algodón e a cana –que xunto á soia son o 99% da produción mundial de transxénicos– producen igual ou menos. A semente transxénica é máis cara e coa resistencia que xeran en malezas e insectos, requiren moitos máis agrotóxicos.

A promoción de cultivos "resistentes ao clima", segundo un informe do Grupo ETC, oculta que as empresas de transxénicos (Monsanto, Syngenta, DuPont, BASF...) acumularon máis de 530 patentes en trámite ou aprobadas, sobre caracteres xenéticos de cultivos, resistentes á seca, asolagamento, salinidade, etcétera, para producir plantas transxénicas e monopolizar o mercado. É un roubo do enxeño labrego (eses carácteres dos cultivos foron desenvolvidos por campesiños e campesiñas en todo o mundo), e trata de impedir que fronte ao cambio climático florezan as solucións locais, descentralizadas e non comerciais.

A promoción de novas xeracións de agrocombustíbeis (até árbores) para producir etanol celulósico, seguirá competindo en terra, auga e nutrientes cos cultivos alimentarios, porque é un zumento negocio e está subvencionada con diñeiro no Norte e contorna e man de obra barata no Sur. Pero será peor que a primeira xeración: non se pode procesar a celulosa con certa eficiencia enerxética sen usar microorganismos transxénicos, ou máis aló: microbios produto da bioloxía sintética, construíndo desde cero parte ou todo o organismo artificialmente, con riscos novos e impredicíbeis.

As árbores transxénicas virán aumentar os devastadores monocultivos que crean desertos verdes, resecan e esgotan os chans en pouco anos, desprazan agricultores, destrúen fauna e flora local. Ademais, provocarían a peor contaminación transxénica xamais vista, ao estar contaminando con pole transxénico centos de quilómetros, durante toda a vida da árbore.

As transnacionais "ofertan" que para conter a contaminación e os novos riscos desas árbores e cultivos manipulados, pódese aplicar a tecnoloxía Terminator, que os volve estériles. Terminator nunca funcionará totalmente, como mostraron científicos. Sumará o problema da esterilidade á contaminación, e fará que haxa que comprar todos os anos sementes novas ás empresas.

O que queren lograr realmente cos transxénicos é profundar a dependencia coas transnacionais, invadindo espazos do mundo onde non lograron entrar (como África e as áreas campesiñas de todos os continentes) para destruír as súas formas de vida e sustento, pasando así a controlar as bases da alimentación mundiais.


Via Chuza por Socram

Relacionado
"El maíz transgénico está vetado en Francia. ¿Cómo lo admite Zapatero?"


.

Nenos do proxecto "COOPERA" no Congo cantan o himno do Atlhétic


Vídeo By JordiSakolegi

(c+p da información do vídeo)
Este vídeo, está gravado en KIVU, zona do Congo onde nestes momentos existe un conflito militar gravísimo. Nun poboado, onde viven estes nenos, está cooperando unha ONG, con base en Logroño, que se chama COOPERA, (http://www.coopera.cc/é/) e entre os seus voluntarios atópase unha muller catalá, pero residente en Bilbao, Carmen Vidal (Carma), que nunha das súas visitas a Bilbao fai uns meses, suxeriu humildemente algo de material para os nenos que aparecen no vídeo. Contacteille co Athletic, entregáronlle petos e balóns. Ela e os seus nenos, comprometéronse a devolver con medras a amabilidade do Athletic. Xunto cos petos e os balóns, levouse gravado o noso himno, que lle entregou o seu socio Iñigo, na clínica Veterinaria Ensanche de Bilbao. Uns meses despois, este pasado Luns, deixounos a todos pequenos, cando nos fixo chegar este vídeo, que creo que nos emociona e impresiona a todos os que somos do Athletic. (c+p da información do vídeo)


.

Album fotográfico das protestas pola entrada do 35º Gaseiro

Enlaza co album de fotos da concentración by reganosa-ferrol


Via http://ferrolsuso.blogspot.com/

.

Ao servicio deles...

Foto atopada en "El Pasa Tiempo"


(Enlaza co artigo orixinal do Colectivo Fusquenlla)

Gasoduto ao servizo de quen?

As primeiras protestas dos veciños xa se deron a coñecer. O gasoduto que Gas Directo (Unión Fenosa+Cepsa) promove para abastecer ao concello de Pontedeume de gas natural atravesa varias parroquias e afecta a máis de 200 propiedades privadas. A forma de levar a cabo semellante construción en terreos privados non é a que cabería esperar da expropiación senón algo máis lesivo para os intereses dos propietarios. Ocúpase unha franxa de terreo de 10 metros de ancho na que non se pode edificar, prohibíndose tamén a plantación de arbustos e árbores nunha franxa de 4 metros. Os terreos seguen sendo propiedade dos veciños pero de feito o seu uso está restrinxido pola compañía gasística.

Ningunha compensación a cambio para os que son privados das súas pertenzas e moitos beneficios para as empresas suministradoras. Unhas empresas que parece non estar afectadas pola crise económica e que se benefician dun sistema que as protexe por riba dos intereses colectivos da cidadanía. A iso hai que engadir a salvaxe destrución dun territorio que supón en demasiados casos unha fonte de riqueza para moitas familias. Pero as empresas non están para atender as consecuencias do impacto que os seus proxectos ocasionan. Buscan a maior rentabilidade co menor custo e para iso ocontan co apoio dos poderes políticos, sempre serviles coas grandes multinacionais.

Vecinos oponse a que o gasoduto cruce a súa parroquia e non lles abasteza (La Opinión)

.

Manifestación contra o Plano Vigo Integra

Cartaz dende a Plataforma Defende Mos


(Artigo orixinal de A Ría non se vende)
30 colectivos, convocan unha manifestación Contra o Plano Vigo Íntegra co lema "O asfalto non é progreso", o domingo 30 de Novembro ás 12, que sairá desde a Praza dos Cabalos e rematará na Porta do Sol.


O ASFALTO NON É PROGRESO

10 RAZÓNS PARA DICIR NON AO PLAN VIGO ÍNTEGRA

1.- Está baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade, esquecendo totalmente o transporte público, estimulando a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación (atmosférica e acústica) e incrementando o consumo de petróleo.

2.- As vías de alta capacidade provocan un enorme e irreversible impacto ambiental (erosión do solo, fragmentación do territorio, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, etc.) e a destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico.

3.- Tamén provocan un enorme impacto social e económico (expropiación de terreos privados, afección de vivendas, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias,etc.).

4.- O uso abusivo do vehículo privado é un dos principais responsables de emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, causantes do cambio climático global.

5.- As vías de alta capacidade non solucionan os problemas de mobilidade, senón que os agravan. A máis e meirandes estradas, máis vehículos e máis atascos, xa que nas horas punta, as vías de enlace, de menor capacidade, non poden absorber tal cantidade de tráfico.

6.- Este modelo de transporte e de infraestruturas, dilapida grandes cantidades de diñeiro público e só favorece ós intereses privados das grandes construtoras e do sector do petróleo.

7.- O Plan Vigo Íntegra malgastaría 2.000 millóns de euros na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando de máis de sete millóns de metros cadrados de territorio. O Estado español é o primeiro de Europa en quilómetros de vías de alta capacidade por habitante, mentres que a súa rede de ferrocarril se sitúa no vagón de cola europeo.

A cidade de Vigo e as comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela, Vigo e área de Pontevedra continuarían a padecer esta eiva.

8.- Foi elaborado sen contar coa participación cidadá (e mesmo dificultando as preceptivas exposicións públicas) á medida dos intereses políticos e económicos de turno.

9.- Foi feito sen ter en conta a crise económica mundial, creada precisamente polos intereses políticos e económicos do gran capital, nin a fonda crise enerxética, en boa parte derivada dese modelo de transporte, gran consumidor de enerxías fósiles e petróleo.

10.- Forma parte indisoluble doutro proxecto maior, a centralista e depredadora Área Metropolitana de Vigo, tanto sexa de 14 como de 28 concellos, que ameaza con facer aínda máis dependentes da cidade ás vilas e comarcas da contorna.

ALTERNATIVAS AO PLAN VIGO ÍNTEGRA

1.- Un modelo de transporte baseado na accesibilidade, a proximidade e, ante todo, no fomento do transporte colectivo.

2.- Que os 2.000 millóns de euros presupostados para o Plan Vigo Íntegra se utilicen

Na mellora, humanización e vertebración da rede viaria existente na área afectada, dende as estradas veciñais, ata as secundarias e as comarcais, actualmente en pésimas e mesmo perigosas condicións.

Na mellora do transporte público, tanto terrestre, marítimo da ría, como ferroviario de proximidade, e no fomento do transporte non motorizado, como os carrís bici.

Na construción doutras infraestruturas máis necesarias: hospitais comarcais, centros sociais, educativos, de saúde, culturais, deportivos, e espazos verdes que, aparte de facer máis autosuficientes as nosas barriadas, parroquias e vilas, nos eviten a necesidade de desprazarnos ata a cidade. Isto é crear proximidade. A centralización é xerar distancias.

No aforro e a eficiencia enerxética.

Na promoción da rede de internet de alta velocidade e a informatización de trámites burocráticos, evitando desprazamentos para cuestións administrativas.

3.- Que se deseñe a ordenación do territorio dun xeito verdadeiramente participativo, tendo en conta un modelo alternativo de transporte e infraestruturas máis ecolóxico e humano. Que se racionalice esa ordenación, facendo desaparecer a Deputación, fortalecendo e achegando ao cidadán as mancomunidades de municipios e as comarcas, e baseándoa en principios de igualdade, solidariedade e complementariedade entre os distintos entes.

4.- Que a cidade de Vigo descentralice a súa área de influencia, ocupándose, ante todo, das prioridades e necesidades do seu propio territorio. Porque ten moitas e graves (saneamento, residuos, ordenación do litoral, rural, industrial, etc.) dentro dunha cidade mal deseñada, sobredimensionada e que non está a atender ás necesidades reais da súa veciñanza.

5.- Que o deseño urbanístico, incluída a rede viaria, se ateña á realidade demográfica, social, cultural e económica de cada concello e cada comarca, fuxindo da especulación urbanística e da invasión de competencias por parte da cidade.

Convocam:



.

Nas bitácoras amigas