Mostrar mensagens com a etiqueta natureza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta natureza. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 4 de março de 2009

Arceibe na Ribeira Sacra

Presentación de diapositivas da Ribeira Sacra
.

terça-feira, 24 de fevereiro de 2009

sábado, 7 de fevereiro de 2009

Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado en Caranza

Foto de Suso


(c+p) canariodopenedo - Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado hoxe á beira da ermida de Caranza, para recordar o ano do seu falecemento. Foi descuberta unha placa na súa honra, esta placa repousa ao pé de tres castiñeiros plantados para recordalo... E ao fondo pódese ver a ría, na que foron esparexidas as súas cinzas a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, desde onde é observada por Carmelo .

Artigo orixinal ferrolsuso.blogspot.com

(ver fotos do acto feitas por Fuco Buxán)

.

domingo, 28 de dezembro de 2008

O Apalpador sairá polas ruas de Ferrol o 30 de Dezembro


O próximo dia 30 de Dezembro a partir das 19:00h, O Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento. Durante esta semana já foi visto em diferentes Comarcas da Galiza.

(c+p) Fundaçom Artábria
Via Plataforma Artabra 21

.

quarta-feira, 10 de dezembro de 2008

A contaminación e o risco de sufrir problemas cardiovasculares

Foto atopada na web da Junta de Andalucia

As persoas con problemas cardiovasculares presentan un maior risco de sufrir ataques ao corazón, ictus ou arritmias como consecuencia dunha exposición á contaminación ambiental. Así se indicou durante a celebración do primeiro encontro sobre Investigación Traslacional do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC), celebrado a semana pasada en Madrid.

(correofarmaceutico) As partículas contaminantes emitidas pola combustión das carburantes dos vehículos, entre outras fontes de polución, poden conter unha mestura de complexos químicos tóxicos, segundo un estudo publicado no 2007 en The New England Journal of Medicine. O traballo, efectuado en mulleres, revelou que un incremento de 10 unidades de partículas finas asóciase cun aumento do 76 por cento de mortes por episodios cardiovasculares, como ictus e infartos.

"Son moitas as investigacións que estudan de que maneira polutantes como as dioxinas ou compostos como o bisfenol-A poden estar implicádevos na aparición de eventos cardiovasculares como malformacións do corazón ou paros cardíacos", sinala Adrián Grimes, do departamento de Bioloxía do Desenvolvemento Cardiovascular do CNIC.

O Estudo Multicéntrico Español dos Efectos da Contaminación Atmosférica na Saúde sinala que dous días de altos niveis de contaminación abondan para elevar a mortalidade nas poboacións ata un 1,5 por cento. Así mesmo, un estudo de avaliación de riscos realizado polo Centro de Investigación en Epidemiología Ambiental (Creal-Imim) liderado por Nino Künzli, sobre os beneficios de reducir a contaminación, conclúe que axustar os niveis reduciría en 1.200 as mortes anuais no área metropolitana da cidade.

"As doenzas cardiovasculares como consecuencia da contaminación ambiental superan en número ás respiratorias", apunta Künzli. E engade que as persoas que posúen esta doenza de maneira conxénita son as que presentan un risco maior de sufrir complicacións máis graves.

Estímase que o cinco por cento dos bebés nace con algunha complicación cardiovascular. De feito, "múltiples estudos suxeren que a exposición do a nai ao aire contaminado pode ocasionar problemas no neno, similares aos que provoca o tabaco".


(Enlaza co artigo orixinal do Correo Farmaceutico)
.

Amigos da Terra conmemora o Día Internacional dos Dereitos dos Animais


O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos dos Animais no cal se quere facer lembrar a toda a poboación a importancia de respecto e convivencia con outro seres vivos vítimas da manipulación do ser humano.

Hoxe pola tarde na rúa do Paseo en Ourense, Amigos da Terra fará unha Xornada Informativa e procederase á entrega das follas asinadas por numerosos cidadáns que solicitan ao concello de Ourense que declare “Ourense, cidade amiga dos animais”. Unha iniciativa promovida por varias asociacións ecoloxistas e que se leva a cabo en varios municipios galegos. Tamén, o sábado 13 ás 18 horas, a asociación proxectará o documental “Animal” na Casa da Xuventude, co obxectivo de crear debate sobre as polémicas corridas de toros e a presunta tradicionalidade que esta festa defende. A entrada será de balde.
(Enlaza co artigo orixinal de Amigos da Terra)
.

domingo, 7 de dezembro de 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no Foro Social Galego

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, está a participar no Foro Social Galego, que celebrase en Santiago, estes 5, 6 e 7 de Decembro.

Enlace a web do F.S.G. coa información dos debates.

Onte sábado día 6, na Facultade de Filoloxía, e dentro da Comisión Galiza: Territorio, Enerxía, Seguridade, Movilización Social, os compañeiros do CCE : Manuel Rodríguez Carballeira, Luz Marina Torrente, Manuel Afonso Amorín, Carlos Alvarez e Humberto Fidalgo, presentaron a ponencia:

O Caso Reganosa
(Enlaza co artigo de moito interese na bitácora do CCE)

.

sábado, 6 de dezembro de 2008

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

Que pasa na Costa? O Pobo quere trigo non rodaballo


O tractor non para de traballar. Máis de 20 hectáreas xa están preparadas para sementar, cuia fertilidade logo de anos sen estar cultivadas e tras ser arrasadas polo lume no 2006, promete suculentas colleitas. Todas estas parcelas estás situadas nos terreos que Pesca pretende ocupar coa ampliación da piscifactoría de Quilmas, ata 250.000 metros cuadrados entre a aldea e a costa.

A clave de todo o proxecto é o que implica: un conxunto de familias que teñen claro o seu modo de vida. Falamos dun pobo que quere vivir da agricultura e que prefire sementar que cementar. Un xeito modélico para enfrontarseao Plan Acuícola

Os veciños están comprometidos coa causa, non hai ninguén que queira vender os seus terreos e todos participan nas labores de acondicionamento das leiras. É curioso ver como as señoras sacan de sacho e axudan ao tractor nas zonas complicadas.

Moitos están indo de feito, aos cursos que organiza a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, que preside Xosé Manuel Casais e que conta coa dirección dunha mestra neste eido, Lucía Ferreiro Fernández, a secretaria (vémolos abaixo á dereita). Na mesma participan con todas as consecuencias 15 veciños, que confían en que este proxecto xenere riqueza para o pobo, non como a piscifactoría, na que traballan tan só 3 veciños do lugar.

(Artigo completo en Que pasa na Costa)

Via Chuza por Socram

.

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

Logo dunha década, a Fiscalia denuncia a canteira das "Médulas" (Patrimonio da Humanidade)

Foto orixinal de Aladín


O fiscal de Medio Ambiente da Audiencia Provincial de León presentou fai dúas semanas unha querela criminal contra a empresa de Martínez Nuñez "Canteiras Industriais do Bierzo Sociedade Anónima (Catisa)", á que se responzabiliza dun suposto delito contra o medio ambiente pola explotación dunha canteira na paraxe protexido das Médulas (Patrimonio da Humanidade) , tras haber recibido unha denuncia a raíz da cal adoptou a determinación de actuar de oficio, segundo informaron fontes xudiciais.Tamén ao alcalde de Carucedo, Clemades Rodríguez, ao que se considera posible autor dun suposto delito de prevaricación por omisión, ao entender que a concesión das licencias de obra que se expediron é ilegal.
(Artigo completo en Diario de León)
Vía Chuza por Kandpalleiro




Visualizar o mapa ampliado

.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

"Recheos Non" MANIFESTACIÓN en Redondela


Cartaz atopado en Galiza non se vende

MANIFESTACIÓN "CONTRA OS RECHEOS NA RÍA", QUE TERA LUGAR O DÍA 12 DE DECEMBRO AS 7 E MEDIA DA TARDE DENDE O CAMPO DA FEIRA EN REDONDELA.

Máis información GNSV



.

Reganosa NON


Vídeo by Meiga77

Vídeo atopado na bitácora de canariodopenedo

.

sábado, 29 de novembro de 2008

Ledicia pola volta de "Eucaliptos NON"

De: ATELMOP@telefonica.net
Enviado: venres, 28 de novembro de 2008
Para: Arceibe@hotmail.com

Por un problema relacionado cun grave accidente de tráfico do compañeiro que levaba o Blog, a nosa páxina estivo "parada " unha longa tempada .

A nosa dirección é http://www.eucaliptosnon.com/





-----------------------------------------------------------------------------------------


Un sincero desexo de que o teu amigo se recupere ben do accidente, e dende aquí animarvos a seguir con tan digno traballo, que tanto me comprace.

Seguide así!!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
.

quinta-feira, 27 de novembro de 2008

Charla - coloquio nas Pontes para tratar a situación dos ríos Eume e Chamoselo

Foto da contaminación do río Chamoselo (Amigus)


A Asociación xuvenil Galiza Nova organiza unha charla - coloquio nas Pontes no que se analizará a situación actual dos ríos Eume e Chamoselo. O acto contará presenza de colectivos ecoloxistas como ADEGA. Ademais están convidados grupos políticos, empresariais e cidadáns anónimos preocupados polo tema. Terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro ás 20.00h no local do Lar.
(c+p Amigus As Pontes)


.

Vídeo de "A Nosa Terra Tv" Antitransxénicos no Parlamento


Vídeo by A Nosa Terra Tv

Son beneficiosos os transxénicos

.

quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Os cidadáns dixeron NON aos transxénicos




A Cámara debateu esta mañá unha moción do BNG para declarar "Galicia zona libre de cultivos transxénicos na produción de produtos, tanto destinados á alimentación humana como á animal, e a súa participación na Rede rexións europeas que se declaran libres de transxénicos". Mentres, na entrada do parlamento medio cento de cidadáns da Plataforma Galega Antitransxénicos manifestábanse con berros como "se non tedes fillos, será culpábel o millo!".

Charo Sánchez, voceira da Plataforma, acusou ao Goberno galego de "favorecer ás grandes multinacionais que só se preocupan por enriquecerse e prexudican á seguridade alimentaria".

Sánchez rexeitou a moción debatida hoxe no Parlamento de Galicia contra estes produtos, xa que permite o seu cultivo para investigación. A voceira denunciou que carece de "contido real algún" e reclamou que "non se deriven cartos públicos" para a investigación con transxénicos...
(Artigo Completo en A Nosa Terra)

Via Chuza por osusinho


.

segunda-feira, 24 de novembro de 2008

As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia volveron aumentar en 2007 (Verdegaia)


Verdegaia As emisións galegas de gases causantes da mudanza climática volveron aumentar en 2007, despois do descenso rexistrado entre 2004 e 2006. Segundo o informe "Las emisiones de gases de invernadero por comunidades autónomas en 2007", elaborado pola Secretaría de Medio Ambiente de CCOO, no ano pasado emitíronse desde Galicia 35,8 millóns de toneladas de GEI. Isto supón un 25,1% máis que en 1990, é dicir, 10 puntos máis que o límite do 15% de aumento entre 1990 e 2008-2012 que o conxunto do Estado español non debería superar para cumprir Quioto.

As emisións de GEI en Galicia están a aumentar menos que en España pero máis que no conxunto da UE e dos países desenvolvidos. (Artigo completo en Verdegaia)

.

domingo, 23 de novembro de 2008

Mesa Redonda: A defensa medioambiental "Unha visión plural"


O Martes 25 de novembro as 20 horas no Centro Cívico de Caranza terá lugar unha mesa redonda - coloquio co lema A defensa medioambiental "Unha visión plural"onde participaran:

  • ADEGA - Fins Eirexas. Secretario Executivo
    “A contaminacion do Eume e da lagoa d’As Pontes”

  • Lápiz Verdes - Camilo Casal. Presidente de Lapis Verdes.
    “Enerxía Nuclear”

  • Comité Cidadán Emerxencia Ría de Ferrol - Luz Marina Torrente.
    “Movilización cidadá contra a planta de gas de Mugardos”

  • Plataforma afectados polígono Vilar do Colo. Suso Oca. Directivo da Plataforma
    “Polígonos industriais ou polígonos especulativos?"

  • SGHN. Paulino Gasalla. Ex-Presidente da Sociedade Galega Historia Natural.
    “Contaminación lumínica”

Modera: Suso L. Piñeiro. (Presidente Adega-Trasancos)


A nova no CCE para Ría de Ferrol
A nova en Adega Trasancos
Nova via Chuza por Fulano

Políticos testaferros das multinacionais da acuicultura


(Mundo Galiza) ADEGA quere advertir á veciñanza de Corcubión que o prezo anunciado para a merca dos terreos afectados pola piscifatoría de Cabo Cee, fixado en de 2 €/m2 é absolutamente irrisorio, polo que non deben morder o engado e deixarse levar polos cantos de serea do alcalde e o conselleiro, que semellan actuar como testaferros das multinacionais da acuicultura.

Con este prezo indigno e insultante preténdese adquirir os terreos para un proxecto, a piscifatoría de cabo Cee, que presenta un grave impacto ambiental e sobre o que se están a difundir informacións tendenciosas e interesadas por parte dos responsábeis políticos tanto do concello de Corcubión como da Consellería de Medio Ambiente. (Artigo completo en MundoGaliza)


Via Chuza por Socram

.

Nas bitácoras amigas