Mostrar mensagens com a etiqueta Ancares. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ancares. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 11 de março de 2009

Finou Gerardo García Pardo; Un dos grandes precursores do montañismo galego



...Como montañeiro e coñecedor da xeografía, trazou centos de debuxos, perfís e perspectivas que colgan en innumerables locais da xeografía galega. Os seus primeiros mapas sobre Ancares e Courel, ao alcance de todo o mundo, aínda están nas mochilas de moitos de nos, e cada vez que os abramos, aí estarás de novo, Gerardo, ensinándonos o camiño.
http://www.clubmontanaferrol.com/p-fallecio-gerardo.htm


domingo, 28 de dezembro de 2008

O Apalpador sairá polas ruas de Ferrol o 30 de Dezembro


O próximo dia 30 de Dezembro a partir das 19:00h, O Apalpador sairá polas ruas do bairro de Esteiro a apalpar as barrigas d@s nen@s repartindo presentes e a música das gaitas como acompanhamento. Durante esta semana já foi visto em diferentes Comarcas da Galiza.

(c+p) Fundaçom Artábria
Via Plataforma Artabra 21

.

terça-feira, 9 de dezembro de 2008

A voltas co encoro nos Ancares

Foto en Panoramio

(Enlaza co artigo orixinal de El País)
A concesión que outorgou o réxime franquista a unha empresa para erguer un gran encoro na serra de Os Ancares está hoxe en día "plenamente vixente". Así asegúrao o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino en relación cos trámites iniciados por Saltos do Navia, unha empresa asturiana propiedade de Endesa e Hidroeléctrica do Cantábrico, para construír un encoro e unha central hidráulica entre os meandros do río Navia, na provincia de Lugo.

A sociedade esgrime un permiso concedido no 1963 para promover un encoro de 123 hectómetros de capacidade que sería a sétima máis grande da Galiza. Na súa resposta parlamentaria a unha pregunta do BNG, o departamento da galega Elena Espinosa evita aclarar se pensa autorizar a execución do proxecto, situado nunha paraxe limítrofe con Asturias que a Xunta pretende declarar parque natural.

O ministerio argumenta que o pantano promovido por "Saltos do Navia" atópase en plena avaliación de impacto ambiental polo que "non corresponde informar en que sentido se pronunciará o órgano ambiental na súa resolución". A Xunta, sen embargo, xa anunciou que enviará ao Goberno central un informe contrario ao proxecto polos danos que ocasionaría na zona, segundo lembra o deputado nacionalista Francisco Jorquera, o Bloque xa pediu incluso no Congreso que se anule definitivamente a concesión outorgada fai máis de 40 anos.

Compensacións

Desde que a ditadura aprobou a concesión para erguer un encoro xunto á localidade de Navia de Suarna, a infraestrutura está atrapada nun labirinto de resolucións administrativas, impugnacións xudiciais e protestas dos veciños. O penúltimo intento de reactivar o proxecto, bautizado no seu día como o Gran Suarna, produciuse durante o Goberno de Felipe González, que estivo a piques de darlle vía libre sen nin sequera esixirlle á empresa un estudo de impacto ambiental. Agora, con maiores controis ambientais, a empresa filial de Endesa emprendeu unha nova tramitación. E a sabendas de que as probabilidades de que saia adiante son escasas, os responsables de Saltos do Navia confesan a súa aspiración a que a Administración lles "compense" polos "dereitos" adquiridos na zona.

El País

Vía Chuza por ranchinchancho



.

segunda-feira, 20 de outubro de 2008

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

Nas bitácoras amigas