quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Homenaxe a Carmelo Teixeiro o 7 de febreiro "Carmelo o verás cos nosos ollos"

Imaxe de Suso Ferrol



O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
organiza unha homenaxe a Carmelo Teixeiro o Sabado 7 de Febreiro,
ás 12 horas, no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza.



Visualizar o mapa ampliado

.

terça-feira, 20 de janeiro de 2009

2º concerto da caravana de Galiza Non Se Vende - Coruña


O próximo sábado dia 24 a caravana de Galiza Non Se Vende chega a Coruña cun novo concerto, no que actuaran os grupos: A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, os trés trebóns e Samesugas.
Terá lugar na Casa das Atochas, no bairro de Monte Alto ás 20:30
.

Boicote a Israel (Isca!)


Boicote a Israel! from Isca on Vimeo

Via Chuza por furmanov

.

Galiza con Palestina - Non ao masacre!!

Vídeo entrevistas
(Video: Vieiros)


(Clicar riba da imaxe para ver o vídeo)

Via Colectivo Ártabra 21

.

sábado, 17 de janeiro de 2009

A Coruña - Campamento Urbano Permanente (Zaitun)




Zaitun; oliveira en árabe, é un chamamento á reflexión e acción sociais en torno á guerra en curso en Palestina.


Queremos desatar un proceso de expresión directa da dor ante a última agresión do goberno israelí ás palestinas da Faixa de Gaza.


Queremos interrogar a posibilidade de participar desde a nosa localización, desde Galiza, na construcción dunha Paz Xusta no Medio Oriente. Denunciar a quen nos goberna, ao Goberno galego, o español e a todas as esferas decisionais locais e globais involucradas na imposición da miseria ás nosas irmás árabes.


Queremos unirnos e multiplicar a palabra emerxente nas rúas de todo o planeta contra a guerra e a islamofobia. Liberar os nosos desexos colectivos de xustiza e liberdade.


Zaitun é unha proposta de experimentación democrática, un CAMPAMENTO URBANO PERMANENTE contra a barbarie.


A PARTIR DO DOMINGO 18 ás 16:00h no OBELISCO


música, conferencias, denuncia, performances, debate, solidariedade, xustiza, arte, corunha, xogos, cólera, teatro, na rúa, exposicións, protesta, encontros, resistencia, democracia, Palestina, documentais, conexións desde Gaza, antimilitarismo, Israel, información, fotografía, participación, pluralismo...

(Enlaza ca ligazón orixinal aquí)


.

quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Man en Flocos.tv

(c+p) Axencia Audiovisual Galega Este proxecto de animación en 3D realizado por Audiovisual de Servizos Kairos, pretende ser un modesto, pero comprometido pulo a sensibilización solidaria para conservar, protexer e restablecer a saúde e a integridade do ecosistema mariño, en aras dun desenvolvemento sostible baseado nunha nova cultura de cooperación e xustiza social. Man quere ser un recordatorio da catástrofe ecolóxica acontecida nas costas galegas, utilizando, como fío condutor o símbolo de Manfred Gnädinger. Esta curtametraxe será un primeiro paso en sentido contrario á liña trazado por outras empresas do sector. Pretendemos, con este proxecto, iniciar unha serie de futuros produtos onde a imaxe real e a dixital se unan nunha perfecta simbiose.

Podes vela en: Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/man/
Via Made in Galiza
.

18/01/2009 MANIFESTACIÓN NACIONAL GALEGA POLA PAZ


(c+p) Galizaporpalestina Chamamento ao pobo galego a manifestar o seu rexeitamento aos ataques cometidos contra o pobo palestino, a súa solidariedade total e o seu apoio a causa palestina. Dada a crítica situación que sigue sufrindo o pobo palestino chamamos a aqueles que están en contra dos crimes de guerra e queren reclamar o alto do fogo na faixa de Gaza a asistir á MANIFESTACIÓN O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 18, ÁS 12:00 AM. NA ALAMEDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.



Rógase a difusión deste acto solidario.


.

Localiza a situación de barcos e avións en tempo real


Via Chuza por orzan
.

domingo, 4 de janeiro de 2009

Xosé Cendón ao fin ceibe!!


Logo de máis dun mes secuestrado
Confirmado: Xosé Cendón en liberdade



A Nosa Terra Diario . O fotógrafo galego, que fora secuestrado en Somalia o 26 de novembro, foi posto en liberdade xunto co seu compañeiro o británico Colin Freeman.
(artigo completo Aquí)

.

sexta-feira, 2 de janeiro de 2009

Solidaridade co pobo Palestino en Ferrol

Ver album de fotos da concentración by Suso
.

Nas bitácoras amigas