quarta-feira, 14 de janeiro de 2009

Man en Flocos.tv

(c+p) Axencia Audiovisual Galega Este proxecto de animación en 3D realizado por Audiovisual de Servizos Kairos, pretende ser un modesto, pero comprometido pulo a sensibilización solidaria para conservar, protexer e restablecer a saúde e a integridade do ecosistema mariño, en aras dun desenvolvemento sostible baseado nunha nova cultura de cooperación e xustiza social. Man quere ser un recordatorio da catástrofe ecolóxica acontecida nas costas galegas, utilizando, como fío condutor o símbolo de Manfred Gnädinger. Esta curtametraxe será un primeiro paso en sentido contrario á liña trazado por outras empresas do sector. Pretendemos, con este proxecto, iniciar unha serie de futuros produtos onde a imaxe real e a dixital se unan nunha perfecta simbiose.

Podes vela en: Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/man/
Via Made in Galiza
.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas