quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

Que pasa na Costa? O Pobo quere trigo non rodaballo


O tractor non para de traballar. Máis de 20 hectáreas xa están preparadas para sementar, cuia fertilidade logo de anos sen estar cultivadas e tras ser arrasadas polo lume no 2006, promete suculentas colleitas. Todas estas parcelas estás situadas nos terreos que Pesca pretende ocupar coa ampliación da piscifactoría de Quilmas, ata 250.000 metros cuadrados entre a aldea e a costa.

A clave de todo o proxecto é o que implica: un conxunto de familias que teñen claro o seu modo de vida. Falamos dun pobo que quere vivir da agricultura e que prefire sementar que cementar. Un xeito modélico para enfrontarseao Plan Acuícola

Os veciños están comprometidos coa causa, non hai ninguén que queira vender os seus terreos e todos participan nas labores de acondicionamento das leiras. É curioso ver como as señoras sacan de sacho e axudan ao tractor nas zonas complicadas.

Moitos están indo de feito, aos cursos que organiza a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, que preside Xosé Manuel Casais e que conta coa dirección dunha mestra neste eido, Lucía Ferreiro Fernández, a secretaria (vémolos abaixo á dereita). Na mesma participan con todas as consecuencias 15 veciños, que confían en que este proxecto xenere riqueza para o pobo, non como a piscifactoría, na que traballan tan só 3 veciños do lugar.

(Artigo completo en Que pasa na Costa)

Via Chuza por Socram

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas