sábado, 13 de dezembro de 2008

Ferrol en perigo; O gaseiro que onte non poido entrar polo temporal, vólveo intertar...



Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia
[13 de dezembro de 2008 10:16 ]

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.

O "LNG LAGOS" un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.

Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.

Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.

Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN
(Entrada 37º gaseiro)

O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca

CONCENTRACIÓN

Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

(Praza de Amada García – Ferrol)

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!



Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org/


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas