Mostrar mensagens com a etiqueta A Ría na Rúa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta A Ría na Rúa. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Homenaxe a María Manuela dos Ferroláns

María Manuela na campaña "A Ría na Rúa" foto Comité Cidadán


(c+p Chuza) A cidade de Ferrol e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego unirán-se para render unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Será nunha grande gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partires das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta. Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán, Xurxo Souto e María do Ceo serán algúns dos artistas que estarán na gala.


(máis información en radiofusion)

.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

Leandro Lamas, un dos nosos

Leandro Lamas e dous das súas obras


Botade unha ollada á bitácora de Leandro Lamas, un dos artistas que participou na capaña "A Ría na Rúa". Este pintor de ferrolterra, da zona da Mourela (Neda), expón algunha das súas obras no seu blog... neste enlace:

http://leandrolamas.blogspot.com/

.

sábado, 1 de novembro de 2008

Hoxe magosto "A RÍA NA RÚA"

Hoxe terá lugar o acto final da Campaña "A Ría na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade con arte, solidariedade, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense ver en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaranse as 10 obras no Centro Cívico de Caranza, desde as 5 da tarde, onde haberá música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

[Máis info]

.

segunda-feira, 27 de outubro de 2008

Murais solidarias dos nosos artistas

María Manuela (Centro Cívico de Caranza)

Carmen Martín (Praza de Ultramar)

Novás (Praza do Inferniño)

Miguel Anxo Varela (Praza do Himno Galego)

Suso Bastarrechea (Praza de España)

Eduardo Hermida (Praza de Canido)

Nadales (Praza de Armas)
Ladislau da Regueira (Praza da Constitución)
Gustavo Sequeiro (Praza de Amboaxe)

Leandro (Praza Vella)


As fotos son da Asociación Fuco Buxán

.

domingo, 26 de outubro de 2008

A Ría na Rúa - 10 pintores en 10 prazas


(Enlaza co artigo orixinal do Comité Cidadán)
As prazas e rúas de Ferrol enchéronse onte de arte e reivindicación. Artístas plásticos, músicos, cicadás e cidadáns, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, déronse a man nas nosas rúas, nunha xornada festiva, amosando o seu rexeitamento a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior da Ría.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Disfrutar da obra realizada
Album de fotos do Comité Cidadán
.

sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Prólogo das xornadas de "A RÍA NA RÚA"


(Enlaza co artigo orixinal do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol)

Como prólogo ás xornadas de “A Ría na Rúa” que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e prexuízo que ocasiona a ubicación no interior de nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseros ao pé das nosas casas e as nosas vidas. Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración. O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de “Planta de Gas Fora dá Ría” participando desta marcha artística e solidaria. E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

Enlace ao album de fotos

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA




.

sexta-feira, 17 de outubro de 2008

"A Ría na Rúa"


A campaña "A Ría na Rúa", terá lugar entre os días 25 de Outubro e 1 de Novembro e pretende levar a loita contra REGANOSA a dez prazas de Ferrol, coa colaboración de 10 artistas que realizarán murais en ditas prazas, ademais dun roteiro reivindicativo e un magosto popular.


Via Plataforma Artabra 21



.


Nas bitácoras amigas