sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Prólogo das xornadas de "A RÍA NA RÚA"


(Enlaza co artigo orixinal do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol)

Como prólogo ás xornadas de “A Ría na Rúa” que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e prexuízo que ocasiona a ubicación no interior de nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseros ao pé das nosas casas e as nosas vidas. Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración. O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de “Planta de Gas Fora dá Ría” participando desta marcha artística e solidaria. E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

Enlace ao album de fotos

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA




.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas