domingo, 19 de outubro de 2008

"O fondo das nosas rías non son vertedoiros" 3ª proposta ao Concello dende SOS Pontedeume

Foto dende SOS Pontedeume


(enlaza co artigo orixinal en SOS Pontedeume)

Parece que foi onte cando Sos Pontedeume lanzou a primeira proposta ao Concello e hoxe chegamos a 3ª proposta, ainda que hai que recoñecer que non fixeron caso. A proposta de hoxe implica tanto o Concello como a outros colectivos ou asociacións, posto que esta iniciativa parte co obxectivo de limpar os fondos da nosa ría, unha ría que é o principal sustento de moitos eumeses. Cando falamos de limpar os fondos, chegaría por comezar coa limpeza da ponte de pedra hacia as Fragas do Eume xa que os medios materiais que se precisan pra facelo son mínimos dada a escasa profundidade coa marea baixa. Pra limpeza desa zona chegaría con xente con gañas e ataviados cun traxe de neopreno e contar coa infraestructura necesaria pra despois levar o lixo os puntos axeitados pra súa reciclaxe.

A simple vista na ría vemos desde a beira bicicletas, unha motocicleta, papeleiras, valados de sinalización, bolardos, a bateria dun coche e unhas rodas, o sinal do paseo marítimo, entre outro tipo de lixo.

Como dicía antes, destas desfeitas xa deu conta, chegando a sair publicada en Chuza, pero ata agora non se fixo nada polo que SOS Pontedeume reitera a súa petición aportando mais datos e tendo en conta que desde a Xunta de Galicia destináronse unha morea de cartos pra estas labouras. Por ese motivo mandaráse un correo aos principais partidos políticos eumeses, a Asociación de Veciños "A Nosa-Vila", a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia "ADEGA", a Asociación de Artes Menores de Galicia "ASOAR-ARMEGA", e tentarse por en contacto coa "Asociación Medioambiantal Neptuno" coa intención de publicitá-lo problema para tratar de acometer a súa limpeza e tentar que os fondos da nosa ría convértanse nun vertedoiro.

Desde SOS Pontedeume pensan que si en Corcubión, en Mugardos, Fene ou en Viveiro entre outros moitos lugares foi posíbel ... por qué non en Pontedeume?

SOS Pontedeume

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas