segunda-feira, 27 de outubro de 2008

BARBARIDADE E BARBARIE por SOS Groba

(Enlaza co artigo orixinal na bitácora de SOS Groba)

SEN DESPERDICIO: NOVAS NA PRENSA


TÓDOLOS INTERESADOS E OS LUGARES SOLICITADOS

http://www.anosaterra.org/media/media0000008424.pdf


!Que barbaridade¡ Parece que a evolución que, segundo os científicos, nos levou dos tempos da barbarie ao os tempos do progreso e , nos ultimos anos, do benestar, está a ganar a volta e levarnos outra vez aos tempos da barbarie.

Si, como diciamos onte, lle botades unha ollada a listaxe de lugares onde se pretende pór un parque eólico, non nos queda nengún reuncho no país sen tarabelas.

Houbo un tempo no que a terra era a fornecedora do traballo e do alimento da maioría. Por iso, os montes foron humanizados ata o máis pequeno e afastado recuncho para polos a producir e aproveitar os froitos que, por moi humildes que fosen, axudaban a vivir ás nosas xentes. Dende os cumes máis outos ata os vales, os galegos aproveitamos historicamente a terra, e vivímos nunha comuñón armónica coa natureza que deixou na nosa xenética un xeito especial de vivir e sentir a relación coa terra. Milleiros de anos tiveron que pasar para que ise sentimento, tan pouco entendido polos de fóra, se convertise en un dos sinais da nosa identidade. Ata os nosos poetas, notarios do que se ve e do que se sinte - máis dificil de reflectir e de explicar- deixaron nos seus versos ese amor e sentimento pola terra. Tivo que pasar todo o século XX para que, xa nos derradeiros anos, unha mutación se albisque nese xen galaico e trocara o amor e defensa da terra por un desprezo e unha especie de antropofaxía, que nos leva a destruir todo aquilo que, ata onte, era símbolo e sinal de identidade defendida e asumida por todos.

O xen parbo, lle chamaría eu, faise dominante e atordoanos a todos permitindo que nos destruan, diante das nosa nafras aquilo que nos deu e nos da a vida.

Remato, coma onte cuns versos de Celso Emilio Ferreiro:


O DEDO NA CHAGA (Discos: Loitando/As palabras dos galegos)


Estas palabras que digo
abróllanme dende o fondo
pois eu enxamais escondo
a canción que vai conmigo.
Cos meus cantares consigo
ser como o vento lixeiro
ninguén me marca o sendeiro
ninguén me dicta a canción
teño limpo o corazón
pra cantar ceibe e senlleiro.
Meu canto rudo e sinceiro
co badoco non se avén
desprecio a todo o que ten
alma servil de logreiro
sen outro Deus que o diñeiro.
Meu canto a ninguén falaga
ninguén por cantar me paga
soio o pobo meu irmán
aplaude o meu canto chan
se poño o dedo na chaga.


Suso Vaamonde - Terra


e lembrando a voz firme e rexa do ben querido e lembrado Suso Vaamonde, que de seguro, andaría, como andivemos noutros tempos, a loitar xunto a nós contra a desfeita organizada que nos ven enriba.

SOS Groba

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas