sábado, 1 de março de 2008

Fotodenuncia Greenpeace en A Coruña e Vigo


(c+p Fotodenuncia Greenpeace) Convencidos de que a presión pública é un dos mecanismos máis efectivos para producir os cambios necesarios para a mellor protección do noso planeta, desenvolvemos unha nova ferramenta para a participación cidadá na defensa do medio ambiente. Queremos implicar a toda a cidadanía para frear a crecente degradación do medioambiente do planeta. Todos somos testemuñas das constantes violacións ambientais que se producen, a diario, ao noso ao redor. A través deste mecanismo, daremos publicidade aos teus testemuños fotográficos, creando así máis presión social na defensa do medioambiente e divulgando as deficitarias situacións nas que se desenvolven numerosas actividades humanas hoxe en día. O noso obxectivo non é outro que sensibilizar á poboación sobre a realidade ambiental, achegando datos concretos. Unha vía directa e efectiva de pór o teu granito de area pola defensa do noso planeta.

PRESENTACIÓN FOTODENUNCIA A CORUÑA:
O sábado 8 de Marzo as 11:30h. no Forum Metropolitano, sala Fernando Rey, dirección Rúa Río Monelos, 1
Sonia 675307921
Simón 686174720

Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en A Coruña

acoruna@participa.greenpeace.es


PRESENTACIÓN FOTODENUNCIA VIGO:
Venres 14 de Marzo de 19:00h a 21:00h na Asociación de Veciños Eduardo Chao, Praza da Princesa nº7-Andar 2
Sonia:655255965

Manuel:606318686

Grupo Local de Voluntariado de Greenpeace en Pontevedra

pontevedra@participa.greenpeace.es

Via Galiza Non se vende


Sem comentários:

Nas bitácoras amigas