(c+p Ortigueira Sostible) Xa se decataron de que non vai ser doado. Pontevedra rexeita o complexo de Lourizán e o seu traslado é un compromiso político ineludible para o bipartito. Pero tamén hai un compromisomanifesto coa empresa: ENCE debe reubicarse no país. En Galicia, si, di Touriño. E o discurso político atopa malabarísticamente o xeito de conciliar as incontrovertibles razóns de Pontevedra para desterrar a papeleira en incontestables vantaxes polas que a localidade X debería acollela. Pero non está sendo doado. Polo momento a simple mención a título de rumor de A Coruña, porto exterior, como ubicación de acollida, ven de provocar unha excitada reacción por parte do seu alcalde, que a cualifica de brincadeira. Non andou polas ramas o alcalde Losada: Non hai como abortar algunhas ideas antes de que se convertan en posibilidade. E que sexan outros os que liden coasvindeiras APDRs, con manifestacións e litixios nos tribunais. Irisarri non se queda atrás e lle sae ao paso: En Ferrol tampouco. E xa son dous os representantes do PSOE os que cualifican a celulosa de grave risco para a costa e instalación indesexable para a súas localidades. “Si ENCE non contamina que quede en Pontevedra”, di Losada sen ambaxes. Que Touriño, Quintana e Blanco expliquen ao mundo por qué en Pontevedra non, por qué non en A Coruña nin en Ferrol pero sí á beira do Eume. O bipartito toma nota: Non hai que alporizar as pitas. Quintana demanda discreción: A administración seguirá a buscarlle o sitio a ENCE en nome do interese público, pero coidando que os cidadáns non se decaten moito. Obxectivo: disolver a posible contestación social nunha espesa desinformación. Garantir o interese da empresa e procurar o menor impacto...electoral. Porque o impacto ambiental dunha pasteira xa non se pon en dúbida: De ser asentada en As Pontes, a Xunta recoñece que se faría necesario construír unha longa e custosa canalización das súas tóxicas verteduras ata o mar (ría de Ferrol) para non provocar o envelenamento do río que da vida ao parque natural das fragas do Eume. As novas tecnoloxías de producción de celulosa poden reducir as emisións pero non é suficiente para facer desexable para ningunha localidade a súa instalación, nomeadamente tendo en conta que non hai unha compensación social que a xustifique: As novas tecnoloxías, menos contaminantes, tamén consisten nunha maior mecanización da producción e unha necesidade menor de man de obra. A actual ENCE da traballo directo a 300 persoas, a próxima factoría colocará a pouca mais xente que unha carpintería industrial. Eso si, consolidará o cuestionable modelo forestal que ten hipotecados os nosos montes e obstaculizará odesenvolvemento sustentable deste sector. Pero o bipartito ten pechado este debate e asume os intereses da empresa como propios. Agora, pola vía do escurantismo pretendecolocar á cidadanía ante feitos consumados. Como se fixo con REGANOSA: Pero aínda non se decataron que esas cousas acaban por estoupar, esperemos que sexa soamente na carreira política de alguén.
O Faladoiro, nº 11. Un achegamento á Mocidade.
-
*O Faladoiro Nº 11 (15/7/2025)*
*Un achegamento á Mocidade.*
Despois de abordar distintos temas no Faladoiro decidimos adicar un
programa a debater sob...
Gramática da fantasía
-
Resúltame estraño que a literatura para nenos poida ser considerado un
xénero menor. Antón Cortizas a define como aquela que tamén pode ser lida
polos máis...
Melodias, tinta e cor
-
*O Ateneo Ferrolán acolle “Melodías, tinta e cor”, unha xornada de fusión
artística e creativa*
Ana Maria Pedreira promotora do evento
O vindeiro *27 d...
La granja humana
-
[image: orangutan]07-07-2019 - En la actualidad, tanto la especie humana
como el resto de seres vivos, hemos dejado nuestro libre albedrío y nuestra
capa...
Perhaps slot machines will help me
-
I had gone through a terrible virus six months ago. While I was over the
worst of it now, I was left with some neurological complications that
really irr...
A gran aposta
-
*La ciudad parece mi amiga, hoy es mi día y nadie me lo va a arruinar. Las
chicas de la esquina ríen con picardía, yo se que es lo que quieren y se lo ...
José Manuel Souto
-
O mércores 3 de outubro pasado o barrio perdeu ao seu grande puntal, José
Manuel Souto, responsable da Cáritas Parroquial de Santa Cruz e persoa
absoluta...
Manifestación CIG 1 de Maio 2018
-
[image: Premer para ver as fotos]
[image: Creative Commons License] This obra by susete70 is licensed under a Creative
Commons Reconocimiento-No comerc...
Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE
-
Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda
de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de En
Mar...
Ábrete de orellas XLV, 22-setembro-2014
-
estudio de Rádio FilispiM, Ferrol,
22-setembro-2014
podcast do programa
sintonía
- *Pablo Novoa *"Soy un pato" ("Novoa cruza el Atlántico", Subterfuge...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
Tartaruga "BASTEIRA" (Caretta caretta) - No océano
-
*Liberada en alta mar polos compañeros da CEMMA, a Tartaruga mariña común
ou Tortuga Boba (Caretta caretta) que chamamos BASTEIRA porque apareceu
aboiando ...
Sem comentários:
Enviar um comentário