(Enlaza co artigo orixinal en Galiza non se vende)
A vista das manifestacións do Fiscal Xefe do TSX de Galicia, das que se fixeron eco os medios de comunicación, sobre a falta de sensibilidade da cidadanía a hora de denunciar atentados contra o Patrimonio Cultural da Galiza, esta asociación quere facer as seguintes manifestacións:
1.- Mandaremos á Fiscalía da Coruña un inventario dos atentados do Courel, por que estamos totalmente de acordo co Sr Fiscal na escaseza de denuncias, tendo en conta que son as propias Administracións, non só as que non denuncian, se non que son as primeiras en esnaquizar o Patrimonio Cultural impunemente, isto alomenos é o que se ve no caso desta Serra, de xeito flagrante, por parte de moitas Institucións Administrativas.
2.- O Courel no seu conxunto pertence ao Patrimonio Cultural, dende que foi declarado no ano 1991 (Dog 19 de xuño de 1991), por as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Espacio Natural con especial protección urbanística. Así aténdose a esta normativa, a Xunta ordenou o Peche da Canteira da Campa en 2002 argumentando:
“As obras da canteira están a afectar a unha superficie de 306,250 metros cadrados (30,625 hectáreas), en terreos ós que se lles recoñece unha especial protección urbanística e medioambiental.
Para o exercicio da actividade de explotación establécense frontes de mina de ata 130 metros de altura, realizándose obras de retirada da cobertura natural con palas cargadoras e dumpers e obras de arranque do material por desmonte con palas cargadoras-excavadoras axudándose con perforación por voaduras e utilización de mechas de pólvora de mina, para favorecer o despegue dos bloques.
Se evidencia e se pon de manifesto coa simple observación da reportaxe fotográfica obrante no expediente, que se está a producir a destrucción dunha enorme superficie de masas forestais e vexetación, a alteración substancial da morfoloxía dos terreos, cos grandes desmontes para a extracción da pizarra e a apertura de pistas para o acceso de maquinaria pesada; a erosión do solo e subsolo, e en consecuencia a completa alteración da paisaxe rural, cun impacto visual que desfigura a harmonía da paisaxe, producindo a devastación de valores medioambientais e paisaxísticos, e graves e irreparables danos do espacio natural de O Courel”
A orden de peche foi confirmada por o TSXG, pero a Xunta non só non cumpriu a súa propia orde, se non que lle deu autorización Autonómica en xuño de 2007, cinco anos despois, alegando os postos de traballo. Porén, non se preocupa agora a Xunta dos/as traballadores/as das canteiras de Quiroga que non cobran dende xa fai varios meses ao pecharse os bancos de extracción afundidos entre os seus propios escombros. Agora os Concellos afectados non van convocar ningún pleno extraordinario para perseguir a o empresario ! A día de hoxe a canteira da Campa traballa aínda sen licencia Municipal de apertura por non cumprir o condicionado que se lle impuxo.
3.- Tamén mandaremos ao Sr Fiscal, unha relación de canteiras abandonadas sen restaurar, entre elas a de Romeor, con 20 hectáreas afectadas que chegou a invadir o coñecido Túnel-acueducto de Romeor.
4.- Tamén mandaremos unha relación das desfeitas incribles producidas pola Consellería de Medio Rural, co consentimento da Consellería de medio Ambiente e do Concello de Folgoso do Courel, consistentes na apertura indiscriminada de pistas, cortalumes e plantación de piñeiros por todo o Courel. Afectando mámoas, castros, covas, camiños tradiccionais, paisaxe cultural, devesas e a desfeita do perímetro de protección de Froxán e Seceda, aldeas declaradas Ben de Interese Cultural:
- http://www.boe.es/boe/dias/2006/12/14/pdfs/A44121-44124.pdf
- http://www.boe.es/boe/dias/1997/10/15/pdfs/A29983-29986.pdf
Estas accións de medio Rural tamén levan consigo a destrucción da Rede Natura e os seus valores educativos e científicos ( Patrimonio Cultural), ademais de incumprir gravemente a normativa europea como o disposto no artigo 6º da Directiva 92/43/CEE:
En caso de que el lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural y/o una especie prioritarios, únicamente se podrán alegar consideraciones relacionadas con la salud humana y la seguridad pública, o relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para el medio ambiente, o bien, previa consulta a la Comisión, otras razones imperiosas de interés público de primer orden.
A Comisión Europea xa emprazou a España para levala ante os Tribunais de Xustiza por o caso da canteira da Campa.
5.- Enviarémoslle ao Sr Fiscal, a denuncia que SOS Courel presentou ante D. José Jiménez Jiménez, Director General de Bellas Artes y Bienes Culturales, no Ministerio de Cultura del Goberno del Estado Español. Xa requiriron á Xunta de Galicia e ao Concello, sen que recibiran contestación nin xustificación algunha. Para informarse sobre o estado de tramitación chamar ao S. Lorenzo Martín, Subdirector de Bienes Culturales, 91 7017035.
6.- Tamén lle mandaremos un repertorio de atentados perpretados para intimidar a membros de SOS Courel, sen que foran condenados por ninguén, entre os que podemos atopar: ataques ás tumbas de familiares, convocatoria de manifestacións ilegais, Plenos extraordinarios ilegais e ata tres incendios no entorno da aldea de un dos nosos socios; todo elo sen que se concluíra a correspondente investigación. Estas vendetas impunes, non xustifican pero explican o porque da falta de denunciantes do espolio do Patrimonio Cultural. Meterse en complicacións ! Para que ? De todos os xeitos nós seguiremos informando de todas as desfeitas do Courel.
7.- Engadiremos o estudio xurídico do Valedor do Pobo, onde se pon de manifesto o desbaraxuste administrativo e legal que se cerne sobre o Courel.
Enviamos no axunto unha foto de unha pista de 2008 na Devesa da Rogueira, que duplicou o ancho de unha feita polo Goberno anterior da Xunta, que destruíu un camiño milenario, unha fundición romana e o circo do Glaciar de Céramo ( Formigueiros). Incrible o que poden chegar a facer co mellor bosque galego !
Artigo de Galiza non se vende
Relacionado
- A Xunta decidida a acabar co Courel !! (Made in Galiza)
- Que pasa co Parque Natural do Courel?
- Documental "O COUREL SALE A LA PIZARRA" - (El Escarabajo Verde)
- A UE alerta de 4 canteiras ilegais no Courel
- Novo documental de Namche Films en apoio de SOS Courel "Unha lousa sobre o Courel"
- Un vídeo de O Courel e música de Luar na Lubre supera as 400.000 visitas en YouTube
.
Sem comentários:
Enviar um comentário