segunda-feira, 21 de julho de 2008

"O día 23, eu marcho a Mugardos"

Ver diapositivos ampliados da acción do Comité Cidadán


Distintos monumentos e esculturas da cidade, convertíronse en axentes publicitários da II Marcha a Pé que o Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada para o próximo 23 deste mes de Xullo. Esta campaña de sensibilización que se completa coa colocación de centos de cartaces nas rúas da comarca, ten como obxectivo lembrar o perigo permanente que supón as instalacións de REGANOSA, a entrada de gaseiros por unha das rías galegas máis sinuosa, e exixir o cumprimento das sentencias xudiciais que veñen dando a razón desde o ano 2004 ao Comité Cidadá de Emerxencia. Esta II Marcha a Pé a Mugardos coincide co primeiro aniversario do peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello. Desde as nove da noite, no Campo dos Carneiros (ao pé das Casas Baratas de Mugardos), un festival musical porá peche a esta xornada lúdico reivindicativa. O festival contará coa actuación do grupo de Gaitas da Revolta, Amacuca, Balakandra, María Manuela e Satan y Coplan.
Enlaza co artigo orixinal na Plataforma Artabra 21
.

domingo, 20 de julho de 2008

O Eume Morre; Asina e denuncia


Lago en As Pontes (Adega)

Artigos de interese dende Adega


Lago de As Pontes: unha bomba de tempo




18 de xullo de 2008
. Aos poucos van chegando novas sobre o progresivo enchido con auga do oco da explotación de As Pontes. Nestes intres, ENDESA está levando a antiga mina á situación do Oligoceno (fai 20 millóns de anos) cando era un imenso lago natural. Só que hoxe sabemos algo máis do tema que no Oligoceno. A bacía de As Pontes sitúase sobre unha
zona sísmicamente activa. E a auga inxectada a presión no plano de falla durante un eventual sismo, o seu papel lubricante e a falta de resistencia ao empuxe da masa rochosa desprazada, permiten prognosticar o que ocorrería cun sismo de intensidade 6 (ou aínda maior): un TSUNAMI LOCAL. Nesas circunstancias, paga a pena que a cidadanía corra un risco que pode chegar en calquera intre ao rematar o enchido da lagoa? Un artigo de X. R. Vidal Romaní
(Artigo completo en Adega)


ADEGA pide investigar as práticas de Endesa no encoro do Eume e a súa relación coa acidez do río



17 de xullo de 2008. A explicación de Medio Ambiente sobre a morte de peixes no Eume, responsabilizando á autovía Ferrol-Vilalba, non convencen a ADEGA nin aos pescadores. Certo que as augas ácidas da autovía chegan ao Eume polo do Chamoselo, pero a mortandade prodúxose 34 kilómetros río abaixo. A Consellaría non soubo ou non quixo considerar o outro pico de acidez no Eume á saída do encoro da Capela, a só 10 kilómetros do couto de Ombre, lugar do desastre. Este foco podería ter orixe na presunta limpeza dos fondos do encoro que explota Endesa. ADEGA e os colectivos de pescadores queremos saber se Augas de Galiza autorizou o valeirado de lamas no encoro e que investigue as práticas de Endesa na presa da Capela.
(Artigo completo en
Adega)


ADEGA denunciará ante a Fiscalía de Medio Ambiente o desastre ecolóxico do Eume





12 de xullo de 2008. Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o presunto responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.

(Artigo completo en Adega)



.

sexta-feira, 18 de julho de 2008

Incidente do LNG Rivers; Escritos dirixidos á Ministra de Fomento, ao Director Xeral da Mariña Mercante e ao Capitán Marítimo de Ferrol

Artigo orixinal na Plataforma Artabra 21

Escritos dirixidos á Ministra de Fomento, ao Director Xeral da Mariña Mercante e ao Capitán Marítimo de Ferrol

Asunto: Manobra de entrada do gasero "LNG Rivers" o día 2 de xullo de 2008 na Ria de Ferrol


Sra. Dª Magdalena Alvarez Arza
Ministra de Fomento 28071
Madrid

Manuel A. Rodríguez Carballeira, DNI ..., con enderezo a efectos de notificacións en ..., coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, formado por un gran número de asociacións cidadás, culturais, e ecoloxistas, ao amparo do artigo 35 da lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas,

EXPÓN:

O pasado 2 de xullo sobre as catro da tarde o buque gasero "LNG Rivers" de 288 m de eslora cargado com 135.000 m3 de gas natural tivo serios problemas para entrar em a ría de Ferrol.

Esa tarde o vento sopraba do Sur e había marusía. A marea alta era ás 4:34 PM cunha altura de 3.80 m. O buque estábase achegando á costa sen que estivesen os prácticos a bordo. Sen saber se a causa foi unha mala enfilación ou a forza combinada do vento e o mar que empuxaban o buque cara á costa, a realidade é que pouco despois de subir os prácticos o buque en vez de continuar a manobra de entrada virou en redondo, cando estaba perto de Punta Coitelada, pasando moi perto da costa e por encima dos baixos "Merloeiras", con puntos de calado entre 11 e 16 m (BMVE).

Posteriormente renovaron a manobra tomando a enfilación correcta, comezando desde un punto mais afastado da costa. Moita xente presenciou a inusitada manobra mentres estaban pescando ou paseando pola costa.

Como queira que este tipo de manobras con este tipo de buque supón un risco tanto para a navegación marítima na canle de acceso á ría de Ferrol, así como para os habitantes das súas marxes é polo que,

SOLICITO,

que me facilíten todos os detalles relativos á manobra efectuada: Posición do barco e hora exacta de cando subiron os prácticos, diámetro do circulo de evolución deste buque para a velocidade que tiña em ese instante, momento e posición exactos en que tomaron remolque cada remolcador, rexistro detallado dos datos da derrota seguida polo buque durante o xiro en redondo e posterior derrota de entrada até o fondo da ría e atracada no peirao de Reganosa.

Ferrol, a 10 de xullo de 2008

Asinado. Manuel A. Rodríguez Carballeira
___


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
mailto:Ferrolcomitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org/
___

Enlaces relacionados:

Gaseiro en perigo [02.07.2008]

Diapositivos e mapas [02.07.2008]

Enlaza co Artigo orixinal na Plataforma Artabra 21

.

90 aniversario de Nelson Mandela

Imaxe atopada en El Morrocotudo


gl.wikipedia.org
http://www.anc.org.za

.

sábado, 12 de julho de 2008

Atrocidade, barbarie, crueza, sadismo...

¡Vaya torito, ay torito bravo!

CQC - Proteste ya!



.

sábado, 5 de julho de 2008

-23 de Xullo- Marcha a Pé a Mugardos e Festival Reivindicativo - conmemorativo

Diante das novas ameazas de Reganosa o Comité Cidadán de Emerxencia convoca para o MÉRCORES 23 DE XULLO, unha MARCHA A PÉ desde o parque "CARMELO TEIXEIRO" (no barrio de Caranza), con saída ás 5 DA TARDE, até MUGARDOS, onde se celebrará un FESTIVAL REIVINDICATIVO - CONMEMORATIVO dos 111 DÍAS DE PECHE, da veciñanza de MEÁ, na Casa do Concello.

Difunde a convocatoria do Comité Cidadán:

Baixa, copia e difunde
[Os cartaces a cor ou en B/N en formato pdf nos seguintes enlaces]

http://CartazA3BN-2008MarchaMugardos23deXul.pdf

http://CartazA3Cor-2008MarchaMugardos23deXu.pdf
_______

Blog das novas ameazas [Boletín nº 14]:

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

Via Platafroma Artabra 21


.

A Xunta decidida a acabar co Courel !! (Made in Galiza)

Enlace co artigo orixinal na bitácora Made in Galiza





Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:


Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra


- Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.

- Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...

- Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.

- Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais...

- Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.

- Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.

- Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

- Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.



SOS COUREL: DIFUNDE, ESPALLA!



Galicia no segundo posto das que máis maltratan as súas costas



Galicia xunto con Cataluña e Baleares, atópase no segundo posto das Comunidades Autónomas que máis maltratan as súas costas, segundo revela o informe 'Destrución a toda costa 2008' que publica anualmente a organización ecoloxista Greenpeace. Tamén aquí sinálanse culpables, entre os que destacan Reganosa na ría de Ferrol, ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra e Ferroatlántica na ría de Corcubión.

Ler aquí o informe sobre Galiza

Ler aquí o informe completo Destrución a toda costa 2008



Tamén

Vieiros.com
Anosaterra.org
Galiciae.com
Europapress.es
Agalega.info
Chuza.org
Fusquenlla


.

Gaseiro con graves problemas para entrar na Ría de Ferrol


Gaseiro en perigo (c+p Plataforma artabra 21)
Ver galeria de imaxes en Picasa por
Inácio

O pasado 2 de xullo ás 4 da tarde o buque gaseiro "LNG Rivers", de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas para entrar na Ría de Ferrol. Esa tarde o vento sopraba do sur e había mareira no mar. O barco que aínda non tiña os prácticos a bordo achegábase perigosamente á costa. A enfilación para poder entrar na Ría de Ferrol non era a correcta, e tanto o vento como o mar abatían cada vez maís ao barco contra a Ponta Coitelada. Neses momentos logran subir a bordo dende un remolcador os prácticos do Porto de Ferrol e inician unha perigosa manobra virando en redondo o barco. Catro remolcadores permanecen a expectativa, pero sin ter suxeito ao barco. O gaseiro na súa virada pasa moi perto da costa, a menos de 300 metros, e case por riba dos baixos das "Merloeiras ".

Finalmente o "LNG Rivers" consigue alonxarse da costa e tomar a enfilación correcta para penetrar na Ría de Ferrol.

Despois de media hora de arriscadas manobras e loitando contra o reloxo, xa que a marea comenzaba a baixar o "LNG Rivers" amarrado a catro remolcadores entra na Ría.

A Capitania Marítima debe dar explicacións do que sucedeu aquela tarde. Estas situacións non fan outra cousa que confirmar o que este CCE vén manifestando desde fai máis de 8 anos: A localización da Planta de Gas no interior de Ría, incumprindo toda a normativa de seguridade, en canto a distancias aos núcleos de poboación e ao tránsito continuado dos gaseiros sen garantía de poder abandonar a Ría polos seus propios medios ante calquera situación de emerxencia.

Unha vez máis queremos chamar a atención das autoridades competentes, para que acaten as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e poñan fin a este despropósito e a esta ameaza permanente, sobre a riqueza e o potencial laboral de nosa Ría e sobre as vidas das persoas que a habitamos.

PLANTA DE FAS FORA DA RÍA

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

.

quinta-feira, 3 de julho de 2008

Dous tentativas do "LNG RIVERS" para entrar na Ría de Ferrol


Foto atopada na bitácora da Plataforma Artabra 21

- (Extracto c+p) CCE - O gaseiro "
LNG RIVERS", que fai o número 24 dos arribados a Reganosa, tivo complicacións na súa entrada a ría, tras un primeiro fallido intento de aproximación, virou en redondo para nunha segunda manobra lograr o seu obxectivo. Isto supuxo perder media hora de pleamar, outro risco engadido.

Co convencimiento de que estamos ante a maior ameaza que padeceu nunca esta comarca, e asistidos pola razón , este CCE continuará no seu empeño de conseguir, agora que estamos a tempo e antes que suceda a traxedia potencialmente previsible, facer realidade o noso lema:


PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡!



Enlaza co artigo completo na bitácora do CCE para a Ría de Ferrol

.

quarta-feira, 2 de julho de 2008

HOXE toca "cacerolada"




Mércores, 2 de Xullo, ás 8 daTarde
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello.


comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org/

terça-feira, 1 de julho de 2008

VIII Festival da Terra e da Língua (Pedroso)

Cartaz da Fundaçon Artábria

Festival da Terra e da Língua (Pedroso)
Días 18 e 19 de Xullo



O VIII Festival da Terra e da Língua este ano co lema Na defensa do território celébrase os días 18 e 19 de Xullo no Muíño de Pedroso.


Actúan:

Venres 18

Sábado 19


A mesa de debate composta por membros de ADEGA, Verdegaia, SOS Courel e o Comité Cidadan de Emerxencia para a Ria de Ferrol, achégan o lema do festival "Na defensa do território"

No
"festivalzinho" (espazo para os máis novos) estarán o Grande Mago Fiz e os Monicreques da compañia Titeres Cascanueces.

Tamén hai un espazo para o deporte co campionato de "Matraquiños" e espérase contar coa presenza da Liga Nacional de Billarda e o seu free-style.

Información completa na web da Fundaçon Artábria
Via Plataforma Artabra 21

.

Graffiti "Reganosa é SUPERPERIGOSA"

Foto atopada en 72ppp.com/graffitis

.

Nas bitácoras amigas