(Artigo de opinión dende Canido Sostible)
Aínda que Ferrol é terra de mariños, parece que escasean políticos que seipan levar un barco.
Estamos fodidos, non levantamos cabeza.
Teño que confesar que pensei que esta lexistaltura era a de Ferrol. Despois de dez anos de esplendor vendo como todas as cidades e pobos, con independencia do seu color político, se desenvolvían a todos os niveis, por estos lares unha manada de borregos que non sabían qué facer co timón do goberno municipal, perdían unha tras outra todas as oportunidades para facer de Ferrol a cidade que todos esperábamos.
A inestabilidade política patolóxica que reina no concello vaise contaxiando de corporación en corporación cuns síntomas que van dende a estupidez absoluta ate a inoperatividade levada ao seu grado máis elevado. Xardíns sen ningún coidado, rúas e aceiras propias de Uganda, talas absurdas, monumentos de debuxos animados, obras ridículas, sentidos de circulación pensados co cú, cascos históricos abandonados, barrios terceiromundistas, metres noutros lares se transformaban as cidades con riadas de inversións.
Ésta é a lexislatura pensei. Nesta nos toca a nós decía sempre. Tivemos mala sorte, pero agora nos toca a nós. Por fin un goberno estable, de esquerdas e serio. Xente de peso específico pensaba para min. A verdade e que desexaba profundamente. Quería pensar que eso sería así, pero solo era un espexismo.
A rotura deste goberno vainos costar moi caro. Creo que é o peor erro que se podía cometer. É a entrega en bandexa de plata das próximas eleccións á dereita.
O peor de todo é que os barrios menos desenvolvidos como Canido pagarán o pato.
(Enlaza co artigo orixinal en Canido Sostible)
Colgada en Chuza
Relacionado
- Irisarri ameaza a EU con gobernar Ferrol en minoría
- Irisarri avanza na ruptura con EU ao deixar sen competencias a un edil
- O alcalde de Ferrol anuncia a ruptura do pacto de goberno
- O PSOE rompe o seu pacto de goberno con EU en Ferrol
- EU cre "insostible" o goberno en minoría do PSOE en Ferrol
- En mans da oposición?
- Irisarri (PSOE) reorganiza o seu goberno en Ferrol para "facer borrón e conta nova" e comezar unha etapa "frutífera"
.
Sem comentários:
Enviar um comentário