segunda-feira, 27 de outubro de 2008

Quere Touriño repetir outras Encrobas?

Foto de A Nosa Terra

(Artigo orixinal de A Nosa Terra)
Manuel Vilas

Agricultura ecolóxica contra o Plan Acuícola

A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica a Raíña Lupa denuncia represalias tras constituirse, co apoio de Medio Rural, como 'alternativa local' á ampliación da granxa de Stolt Sea Farm en Quilmas, parte do Plan Acuícola da Xunta. A Garda Civil comprobou que a multinacional leva anos vertendo á Rede Natura sen permiso.
Multiplicar por dez unha piscifactoría que leva anos funcionando sen permiso de vertido. Isto é o que establece o polémico Plano Acuícola da Xunta para a granxa que explota en Quilmas (Carnota) a multinacional baseada en Luxemburgo Stolt Sea Farm.

Sementar ou cementar

Na parroquia –ao pé do Monte Pindo– viven un cento de persoas, das que un grupo de quince familias están abertamente en contra da macrogranxa. Elas forman Plataforma pola Defensa Cultura de Quilmas e da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica a Raíña Lupa, unha “empresa alternativa á piscifactoría que crea riqueza para o pobo”, explica o seu voceiro e socio, Xosé Manuel Casais...

Quere Touriño repetir outras Encrobas?

Os socios da cooperativa din estar “dispostos a chegar até o final” e pregúntanse se “Touriño está disposto a aturar que se repitan en Quilmas imaxes como as das Encrobas”.
O certo é que a animadversión veciñal é fonda. “En quince anos que levan aquí só trouxeron merda, nin sequera nunca deron un peso para as festas”, laméntase un cooperativista.


STOLT DI QUE SÓ DEVOLVE 'AUGA DE MAR'
A Gardia Civil probou que a granxa de Quilmas opera sen permiso de vertedura


Axentes do SEPRONA da Guardia Civil acudiron a Quilmas en maio alertados polos veciños. Na denuncia, os gardas deixaron constancia oficial de que a fábrica carece do permiso de vertido. Ademais, indican que a tubería bota os residuos dentro da rede natura.
É máis, os cooperativistas aseguran que a planta só pediu esta autorización unha vez que a noticia saltou á prensa. De feito, mostran unha copia da solicitude de Stolt posterior ao incidente coa Garda Civil. Tamén denuncian que tras a denuncia Stolt construíu fosas sépticas para os baños dos traballadores, que antes vertían directamente ao mar.

Tres granxas sen permiso en Galiza

Unha versión negada pola empresa. “O permiso de vertidos leva cinco anos a trámite”–asegura o director da firma. García admite que, das seis granxas do grupo no país, Quilmas e outras dúas aínda “están tramitando a autorización”. Con todo, argumenta que “até o ano 2002 non era necesario un permiso de vertidos” e que a firma non é responsábel do atraso burocrático na súa consecución.
O director tamén minimiza a contaminación pois trátase “de devolución de auga do mar”. García argumenta que Pesca fixou o límite da primeira reserva mariña de Galicia a poucos metros do desaugadoiro da macropiscifactoría de Lira, próxima a Quilmas.

Vertidos orgánicos e químicos, segundo os veciños

O certo é que calquera que visita a costa de Quilmas como a auga que verte Stolt non é precisamente auga de mar. Trátase dunha mestura de cor abrancazado, cheirenta e con moitos restos orgánicos –incluídos 'galletas' enteiras que se usan para alimentar dos rodaballos.
Os veciños denuncian que o vertido tamén leva restos dos antibióticos que lles dan aos animais, deterxente para limpar os depósitos e mesmo cadáveres de peixes. Ademais, aseguran que as algas xa non medran ao redor do desaugue e da desaparición de especies, como o peón.

Artigo de A Nosa Terra
Via Chuza by reconversion.naval
tag: acuicola

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas