Este sábado 18 de outubro a partir das 20:00 no Centro Social A Tiradoura de Cangas, concerto organizado pola rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE coa participación de:
KOGITO Ska feito na Galiza
SOM DO GALPOM Funky, reggae e rap dende as tebras de Compostela
LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIK Leo e Arremecajona + Gharcía (Dios ke te crew)
Pola tarde exhibición de graffiti a cargo de Sokram, Mou, Miska, Paula, Iste e Chek.E ó remate dos concertos: Selecta in Helicopter + DJ Anthoni + Micro aberto.
Os colectivos de A RÍA NON SE VENDE queren agradecer a colaboración desinteresada de tódol@s participantes neste festival de loita e defensa da Ría de Vigo.
Goberne quen goberne a ría non se vende, Galiza non se vende!
Enlaza co artigo orixinal A RIA NON SE VENDE
.
Sem comentários:
Enviar um comentário