sexta-feira, 28 de dezembro de 2007

Galiza co Foro Social Mundial, 26 - Xaneiro


26 DE XANEIRO DE 2008
Día da Mobilización e Acción Global


CARA UN FORO SOCIAL GALEGO

Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.


ASAMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS E FEIRA DE ASOCIACIÓNS

Sábado 26 de xaneiro 11.30h

Facultade de Xeografía Historia Santiago

CHAMAMOS A TODOS OS MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS A PARTICIPAR NUNHA ASEMBLEA HORIZONTAL, SEN XERARQUÍAS E REXIDA POLA CARTA DE PRINCIPIOS DO FSM, CO OBXECTIVO DE CREAR UN ESPAZO DE REFLEXIÓN PARA CAMIÑARMOS CARA UN FORO SOCIAL GALEGO.


ENVÍA A TÚA ADHESIÓN

(nome da organización ou da persoa e contacto) A: info@altermundo.org paz@sgep.org fsg@galizasempre.org


FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS:

No claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Espazo de balde pero limitado.

As organizacións interesadas en dispoñer dun espazo para amosar materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de xaneiro con: info@altermundo.org

Toda a información en: http://altermundo.org/
c+p via Plataforma Artabra 21

segunda-feira, 24 de dezembro de 2007

O APALPADOR



O APALPADOR

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.
(ler artigo en
Vieiros)

via Chuza por Galegoman

A Gentalha do Pichel


domingo, 23 de dezembro de 2007

"En el mundo a cada rato"




Trailer do filme

"En el mundo a cada rato"

Javier Fesser, Patricia Ferreira, Chus Gutiérrez, Pere Joan Ventura e Javier Corcuera dirixen cinco curtametraxes que denuncian os problemas que sofren os nenos no mundo.

Producida por 'Tus ojos' en colaboración con UNICEF como unha contribución do cine á protección dos dereitos da infancia no mundo, o filme componse de cinco historias que abordan a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/sida e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación.


"Binta y la gran idea"


"Binta y la gran idea"
escrita e dirixida por Javier Fesser


Cartel del cortometraje


Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance no sur de Senegal e vai ao colexio. A súa curmá Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.


Fontes

http://www.enelmundoacadarato.org/
http://www.unicef.es/contenidos/199/?idtemplate=1
http://www.tusojos.tv/cercadeti.htm

sábado, 22 de dezembro de 2007

O sol brilla no teu ...? anuncio de Greenpeace



Contra el cambio climático ¡Actúa ya!

Non alumes co cu, utiliza lámpadas de baixo consumo
FELICIDADES DE GREENPEACE


En Chuza

Día Mundial do Orgasmo


Orgasmo Global pola paz

[logo_horizontalPeace.jpg]

O sábado 22 celébrase o Día Mundial do Orgasmo. Coincidirá co solsticio. Desde a web anímase a que non se conciban "máis nenos durante o Orgasmo Global", dada "a superpoblación" do planeta. Os impulsores da idea aseguran que pode contribuír a loitar , contra o arrequecemento global e pola xustiza social e de xénero.

http://global-o.org/
http://globalo.blogspot.com/
En Chuza

terça-feira, 18 de dezembro de 2007

Despedida final dos Cempés o 22 de Decembro en Ferrol



GRAZAS por todo CEMPÉS,
ATA SEMPRE !!




galeria por Damch




Os Cempes en Mugardos


Nova atopada en Chuza enviada por Damch

sábado, 15 de dezembro de 2007

Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: Arceibe@hotmail.com
Data: 14 de dezembro de 2007 13:12
Asunto: Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE


A Asociación Cultural
Fuco Buxán
organiza para o
martes 18 de Decembro, ás 20 horas
no Centro Cultural Carballo Calero
a presentación pública do documental
Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur.

Asemade, este acto, que pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, incorpora un recoñecemento público a persoa de:

Carmelo Teixeiro Menéndez
membro de Fuco Buxán e
En agradecemento do seu compromiso social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.

Intervirán:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente de Fuco Buxán,
Camilo Nogueira Román
Ex -Deputado no Parlamento Europeo
Proxección do vídeo
(presentado por Silvia Chocarro Marcesse e Manuel Cendán Dopico, organizadores do Curso)
e agasallo por parte de Fuco Buxán a Carmelo Teixeiro.

Ó tempo que convidamos a tódala cidadanía a participar deste acto, agradecemo-la colaboración das persoas e entidades que facilitaron a súa realización.

sábado, 8 de dezembro de 2007

8 de Decembro DIA INTERNACIONAL DE ACCIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO


Petición aos Líderes Mundiais:
O cambio climático é a ameaza máis grande que enfronta o noso mundo actualmente -- e xa case non temos tempo para detela. Deben resolver este problema agora, xuntos e con determinación. Este ano, deben chegar a un novo acordo global; Establecer obxectivos globais obrigatorios para as emisións contaminantes e así impedir cambios climáticos catastróficos; E tomar medidas valentes inmediatamente - nós unirémonos aos seus esforzos.


Marcha virtual
Asina a Petición aquí
Tamén en Chuza

quarta-feira, 5 de dezembro de 2007

Atopan en Muros unha rá de cinco patas

imaxe via opinióncoruña


A Estación Hidrobiolóxica da USC "Encoro de Con" atopa en Muros unha rá viva con cinco patas e seis pés. As causas destas deformidades poden ser o exceso de fertilizantes ou o mal uso dos pesticidas.
Via Chuza Avatar de besbellinha enviado por besbellinha

Máis
Diario de Pontevedra
Faro de Vigo
Opinión Coruña
El correo gallego



Ver mapa más grande

http://labarbarie.com.ar/images/tres-ojos.jpg

sábado, 1 de dezembro de 2007

Día mundial da SIDA

No se puede mostrar la imagen “http://www.uab.es/Imatge/sida2.gif” porque contiene errores.

Un gol pola vida - Campaña MSF contra a sida infantil (2007)



via Chuza

"1º cibermaratón contra a sida infantil"
"MARCA O PÁSALA"
http://www.msf.es/cibermaraton07/index.html
via Médicos Sen Fronteiras

SIDA en África

via BBC Mundo

VIH/SIDA: problema rural
via fao.org

Datos da prevalencia mundial do VIH
Comunicado de prensa (Pdf)
Situación da epidemia de sida (Pdf)
via UNAIDS

Anuncio MSF día mundial da SIDA 2006

Nas bitácoras amigas