sábado, 1 de novembro de 2008

Vídeo documental "O Monte de San Xurxo, espazo a conservar"


“O monte de San Xurxo, espazo a conservar”
Realización: Pablo García Rivas.
Ano: 2006
Duración: 18min

Este vídeo documental achéganos a un dos espazos naturais galegos, catalogado coma "Lugar de Interese Comunitario (LIC)" e que forma parte da zona coñecida popularmente como “Costa Ártabra”.
A pesares disto este espazo está, coma tantos outros, protexido só no papel, e non con medidas que garantan de feito a súa conservación. As agresións continuas que soportan os ecosistemas galegos non pasan desapercibidas para este realizador, que nos amosa a fraxilidade dos ecosistemas litorais, e como os seus valores naturais poden desaparecer en pouco tempo, debido tanto á masificación turística, coma tamén a actuacións irresponsables por parte das Administracións Públicas.
(Enlaza co artigo orixinal de Natureza Dixital)


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas