[(c+p) Canariodopenedo]
Hoxe xoves 13 de Novembro, coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas.
"Goberne quen Goberne: GALIZA NON S€ V€ND€"
Vídeo by anosaterraTV
.
Sem comentários:
Enviar um comentário