quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Anderson Jacintho; "EUA afasta das cidades as súas regasificadoras"

Regasificadora en Mugardos a carón das casas (foto Suso)


(Artigo orixinal Aquí)
O risco dunha explosión en regasificadoras é o motivo de que EUA impida a instalación deste tipo de plantas perto de poboacións, segundo explicou Anderson Jacintho, director da área de seguridade de American Bureau of Shipping (ABS), tras unha conferencia que impartiu no edificio do porto deportivo de Xixón.

Plantas como a que Enagás promove no porto do Musel non teñen problemas en EUA para instalarse en polos petroquímicos, «pero perto dunha poboación non» por que se ten en conta o risco de explosión, explicou o experto estadounidense. «O risco é produto de valorar a probabilidade, a vulnerabilidade e as consecuencias e se non hai como rebaixar o risco para que non haxa danos, non vai ser aprobado» un proxecto desas características. Jacintho explicou que edificios pertencentes ás propias instalacións industriais, como oficinas ou outros, poden «reforzarse» para evitar danos persoais en caso dunha explosión. Pero iso non é viable facelo con toda unha poboación.

Anderson Jacintho falou na súa conferencia sobre a ISO 28.000, unha norma de calidade nos sistemas de seguridade. ABS está realizando a auditoría inicial sobre a seguridade no porto do Musel, primeiro paso para que a Autoridade Portuaria de Xixón obteña esa certificación de calidade. De cumprirse os prazos previstos, O Musel sería o primeiro porto europeu que obtería a ISO 28.000, seguindo o exemplo do porto de Houston (Texas).

A ISO 28.000 require controis dos accesos de entrada e saída do porto, do seu perímetro, das entradas de ferrocarrís, os accesos de barcos desde zonas extraportuarias, o control de credenciais de persoas e a formación das persoas encargadas da seguridade nas instalacións. O principal risco no tráfico de mercancías vén da man do movemento de contedores, polos riscos de atentados terroristas usándoos para introducir armas de destrución masiva nun país, ou para actividades delituosas como o tráfico de drogas, apuntou o relator.

(Enlaza co artigo orixial)
.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas