quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Os cidadáns dixeron NON aos transxénicos




A Cámara debateu esta mañá unha moción do BNG para declarar "Galicia zona libre de cultivos transxénicos na produción de produtos, tanto destinados á alimentación humana como á animal, e a súa participación na Rede rexións europeas que se declaran libres de transxénicos". Mentres, na entrada do parlamento medio cento de cidadáns da Plataforma Galega Antitransxénicos manifestábanse con berros como "se non tedes fillos, será culpábel o millo!".

Charo Sánchez, voceira da Plataforma, acusou ao Goberno galego de "favorecer ás grandes multinacionais que só se preocupan por enriquecerse e prexudican á seguridade alimentaria".

Sánchez rexeitou a moción debatida hoxe no Parlamento de Galicia contra estes produtos, xa que permite o seu cultivo para investigación. A voceira denunciou que carece de "contido real algún" e reclamou que "non se deriven cartos públicos" para a investigación con transxénicos...
(Artigo Completo en A Nosa Terra)

Via Chuza por osusinho


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas