Europa Press O movemento 'Galiza non se vende' iniciou ás 10.00 horas de hoxe peches simultáneos en seis localidades galegas para denunciar, con motivo do sexto aniversario do Prestige, a política "continuista" do Goberno bipartito e para esixir que se resolvan os problemas que evidenció o accidente do petroleiro aquel 13 de novembro de 2002.
"Cambiou o goberno, pero cambiaron as políticas?", preguntouse en declaracións a Europa Press Rafael Pillado, voceiro da vintena de activistas concentrados no Concello de Ferrol. Ao mesmo tempo e ata as 13.00 horas prodúcense peches na casa consistorial de Mugardos; no edificio administrativo da Xunta en Vigo; na Consellería de Medio Ambiente en Santiago; no edificio administrativo da Xunta na Coruña; e no Concello de Ribadavia.
Baixo o lema 'Galiza non se vende, goberne quen goberne', pretenden alertar de que se "siga vendendo a Galicia a intereses escuros", que, a seu entender, provocan que nesta comunidade se desenvolvan prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas ou territoriais que "nada teñen que ver coas necesidades" galegas.
En consecuencia, Pillado exclamou "que pouco aprendemos daquela experiencia" e, despois de salientar os danos "gravísimos, case irreparables" do Prestige, considerou que "non son menores" os que xera o "continuísmo" da actual Xunta.
A modo de exemplo, referiuse ao acto conmemorativo que presidirá o titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en Vilagarcía de Arousa, e enmarcouno dentro de "un ritual cínico". "Só bota a vista atrás para seguir sacando proveito daquela traxedia", interpretou, e cargou contra o Goberno galego por "seguir apostando por un vergonzoso continuísmo".
Entre outros exemplos, aludiu a "recheos inxustificados" nas rías, á aprobación do "devastador" Plan Acuícola, ao Plan eólico "deseñado para os xuros empresariais", ao Plan Vigo Integra "creado para os construtores", ou á aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio "sen contar coa participación dos cidadáns".
Tamén criticou a proliferación de polígonos industriais "sen planificación", o cultivo do "clientelismo electoral", ou o mantemento de industrias perigosas, como Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Sogama ou Meirama. Fronte a isto, esixiu á Xunta "un troco de rumbo inmediato" de cara a poñer a sostenibilidade e a xustiza social "no centro" das súas políticas.

(Enlaza co artigo orixinal de Europa Press)
Relacionado
- 13 Novembro: Mobilizacións de “Galiza non se vende”
- Última hora sobre o peche en edificios administrativos de A Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Ferrol, Mugardos e Rivadavia, de Galiza Non Se Vende
- Fotos dos peches desta mañán
- GNSV ocupa edificios públicos para denunciar a catástrofe medioambiental que ameaza o territorio galego
- "Goberne quen Goberne: GALIZA NON S€ V€ND€"
- Concentracións convocadas pola Rede "Galiza non se vende"
- HOXE 13 DE NOVEMBRO FAI SEIS ANOS QUE SE AFUNDIU O PRESTIXE
- Aniversario do Prestige
- Activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos das principais cidades e vila
Sem comentários:
Enviar um comentário