quinta-feira, 6 de novembro de 2008

A crise ambiental do Eume pode repetirse agora na bacía do Miño (Adega)

Mércores 5 de Novembro o Chamoselo segue igual (Foto Amigus - As Pontes)


(Enlaza co artigo orixinal de Adega)

A volta das chuvias evidencia a ineficacia das medidas da consellaría para recuperar o Eume. O río Chamoselo, afluente do Eume, arrastra importantes cantidades de metais pesados e segue amosando un pH estremadamente ácido, con valores por baixo de 3,6. A crise do Eume podería repetirse agora na bacía do Miño. As mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial, a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, unhas 100 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra, que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, (Rede Natura).

A crise ecolóxica no Eume púxose de manifesto en xullo pasado cando comenzou a captación de auga para o recheo da mina de Endesa e se rexistraron as primeiras mortandades de peixes debido á acidificación.
Logo das actuacións de control nos afluentes (Chamoselo e Lavadoiro) e da masiva adición de carbonato no encoro da Capela, ningunha das causas que responsábeis da crítica situación do Eume están hoxe solucionadas:


  • Mantense a captación de auga por parte de Endesa para encher a mina, reiniciada despois do verán. Persisten as incertidumes sobre o comportamento ambiental e xeotécnico desta enorme balsa ácida que está a medrar na cabeceira dun Parque Natural, cuxos efectos, en caso de accidente, poderían ser catastróficose para o Eume e a ría de Ares.

  • Os labores de selado dos taludes e de contención das escorrentías procedentes das obras da autovía Ferrol-Vilalba, que aportan unha alta acidez e preocupoantes cantidades de metais pesados foron ineficaces.

  • As toneladas de bicarbonato cálcico vertidas pola Consellería de Medio Ambiente no río nun inútil intento de por elevar o pH foron só un parcheo e non solucionaron o problema. Estas actuacións, mesmo poden ser causa de máis problemas ambientais e técnicos (inestabilidade do formigón do encoro) que aportar solucións duradeiras.

  • E por se isto fora pouco as mesmas obras da autovía Ferrol-Vilalba continúan o seu avanzo e comezan a afectar xa a unha nova bacía fluvial. a do Miño: o río Trimaz ten xa un pH por baixo de 4,6, case 1000 veces superior ao normal, e amosa unha alta turbidez. Este río é afluente do Ladra (bacía do Miño) que goza de especial protección comunitaria ao formar parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, pertecente á Rede Natura.

Cantas veces vai a Consellería de Medio a cometer os mesmos erros e canto nos vai custar agora?


Adega


Relacionado

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas