sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Ence ameaza: ou conceción eólica o trinta anos máis na Ría

Foto atopada en Desarrollo Sostenible

(Enlaza co artigo orixinal de Vieiros)
Ence manda recado: se non hai concesión eólica, trinta anos máis na ría

O presidente do grupo empresarial, Juan Luis Arregui, asegura ter catro novas posíbeis ubicacións para a celulosa.

O presidente do Grupo Ence, Juan Luis Arregui, entrevistouse este xoves con representantes dos traballadores para asegurarlles que a celulosa conntinuará na ría de Pontevedra “polo menos” até o 2018, ano no que remata a licenza administrativa de actividade. Pero, Arregui foi máis aló ao dicir que a empresa valora seriamente iniciar en 2015 os trámites para lograr unha nova concesión que lle permita estar na ría outros trinta anos.

O presidente do comité de traballadores, Nicolás Fernández, sinalou que Arregui lles explicou que renunciaría a unha nova concesión en Pontevedra sempre e cando a Consellaría de Industria aprobe os proxectos que Ence presenta canda os empresarios galegos Jacinto Rey, Manuel Jove e Epifanio Campo. Se o reparto eólico é favorábel a este grupo empresarial, Arregui afirmou que ten catro localizacións posíbeis a onde trasladar a celulosa.

A entrevista de Arregui cos representantes dos traballadores prodúcese poucas semanas antes de que Industria faga públicas as concesións eólicas. O departamento que dirixe Fernando Blanco comprometeuse a deixar pechado o reparto antes de mediados do vindeiro mes.

Artigo de Vieiros

Via Chuza por Kiko_das_leiras

Ultima Hora
Via Chuza por bieito




Vídeo by PluraliaTV



.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas