terça-feira, 25 de novembro de 2008

Eusko Alkartasuna lembra que quen fora presidente da Xunta ten resposabilidades en "crimenes contra a humanidade"

Imaxe atopada aporrea.org

(Enlaza co artigo orixinal de Vieiros)

EA responde as ameazas do PP pedindo a investigación dos "crimes contra a humanidade" de Fraga

Eusko Alkartasuna lembra que quen fora presidente da Xunta ostentou importantes responsabilidades de goberno nos últimos anos do franquismo.

O obxectivo é "esclarecer as responsabilidades" de Manuel Fraga Iribarne durante a súa época de ministro de Franco, entre os anos 1975 e 1976. Eusko Alkartasuna non perdoa as declaracións de diferentes dirixentes do PP no que os acusa de manter un vencello con ETA e, ademais de exixir unha rectificación, cargan a man contra o que actualmente é presidente de honra desta formación política.

O partido vasco recorda que Fraga ostentou importantes responsabilidades nos últimos anos do franquismo e nos primeiros executivos logo da morte do dictador, ao tempo que subliñan que en ningún momento "rexeitou o réxime franquista". Así, anuncian que estudarán se, no marco das súas actuacións como ministro, existen delitos imputábeis a crimes contra a humanidade e fan referencia a episodios de represión como o 3 de marzo de Vitoria, os asasinatos de Montejurra ou a imposición de penas de morte a presos políticos.

Finalmente, Eusko Alkartasuna asegura que "non aceptará leccións de democracia dunha formación que ten como presidente de honra a unha persoa co historial de Fraga" e subliña que "está decidida a emprender accións legais contra o PP se non rectifica as declaracións sobre as relacións do partido con ETA".

Vieiros
Nova via Suso-Ferrol



.

2 comentários:

Arceibe disse...

Este é amigüito de Tojeirus o Regañoso... haberia que facer un carcere para a terceira idade, pero fora da Ría!!.

canariodopenedo disse...

angeldecardido en Chuza
http://chuza.org/historia/ea-encargara-un-informe-para-saber-si-fraga-cometeu-delitos-contra-a-humanidade-cando-era-ministro-da-gobernacion-2/

Nas bitácoras amigas