terça-feira, 13 de novembro de 2007

Cinco anos do desastre ecolóxico do "Prestige" Día 13




Mércores, 13 de novembro 2002:

-O petroleiro "Prestige" con bandeira de Bahamas se escora fronte a Fisterra
-O Ministerio de Fomento faise cargo do rescate
Ás 15.15 da tarde, o petroleiro, un máis dos 1.400 que pasan cada ano fronte ás costas galegas, lanzou un S.O.S. Un golpe de mar abriulle unha vía de auga en dous tanques de estribor e presentaba unha escora de 25 graos.
Ao final do mércores, o barco perdeu unhas 6.000 toneladas de fuel. A mancha é xa de dez quilómetros de longo e 300 metros de ancho.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas