quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Mencer Vermello - Rock proletario Galego



Rock proletario Galego

Mencer Vermello nace no ano 2004 cando catro colegas deciden xuntarse e formar un grupo de música. Ao principio tiñan claro duas cousas: unha era que querían ser un grupo comprometido coa realidade social na que lles tocara vivir, e outra facer a música que a todos lles gustaba e escoltaban: punk, oi! ou ska.

Apostaron dende o principio polo monolinguismo nas suas composicións. Consideran que o galego é un veículo perfecto no que realizar a sua música. Sempre o tiveron claro, tiñan que separar a idea xeralizada de que só os grupos de música tradicional cantan en galego. Tamén outras músicas tiñan que soar na nosa língua. Eles demostran que, é posíbel, aquí e agora, facer música nacionalista, de esquerdas, galega e en galego.




Influenciados polo camiño deixado por grupos como Xenreira ou Kortatu, puxeronse mans à obra e bautizaron ao grupo co nome de guerra de Mencer Vermello. Rápìdamente puxeronse a compor e a sacar algunha versión ou adaptación à galega. Tras largos meses de ensaios deron salto aos escenarios con conciertos repartidos por toda xeografía galega nos que, pouco a pouco, foron avanzando e madurando tanto a nivel musical como nas suas letras. E xá tocaron en sítios como Madrid, Rentaría ou Guadalaja.


Hoxe en día seguen a tocar e compor novos temas con vista a grabar o que será a súa primeira maqueta. Desde a sua páxina web (www.mencervermello.com) podense descargar 5 temas grabados en directo no ano 2005, o dia do primeiro partido da Selección Galega.


Podedes escoitalas através da sua Radio Blog ou ben, podedes descargalas na seguinte ligazón.
http://variosmv.blogspot.com/2007/06/mp3.html


ADIANTE CO ROCK PROLETARIO GALEGO!


Sem comentários:

Nas bitácoras amigas