quarta-feira, 6 de fevereiro de 2008

Por Fuco Buxán "Compañeiro Carmelo Teixeiro"

(c+p) Asociación Cultural Fuco Buxán

Carmelo Teixeiro, Directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental de Ría e da vida dos seus habitantes.


Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.

O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.


O seu exemplo e a súa memoria compartida alentaranos sempre e estimularanos a seguir desenvolvendo cantas actividades contribúan a facer realidade o proxecto social que esta Asociación Cultural persegue.

Fuco Buxán

Tamén

Bitácora do Nordés
Galiza non se vende
Sociedade Galega de Historia Natural Delegación Ferrol
Verdegaia
Vieiros
GZnación
Xornal.com


Sem comentários:

Nas bitácoras amigas