sábado, 23 de fevereiro de 2008

Artigo de Interese dende GALIZA NON SE VENDE - Os ecoloxistas denuncian o enchido pasivo do oco da mina de As Pontes


Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes


As entidades ecoloxistas denunciaron perante a Consellería de Medio Ambiente e da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o enchido que realiza Endesa. Trátase de aproveitar a auga das chuvias e dos regos que rodean a mina. Este sistema foi rexeitado no seu día pola propia empresa debido ás consecuencias medioambientais que ocasionaría.


(Galiza non se vende) A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase do Eume para mediados dese mesmo mes. As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Verdegaia e SGHN-Ferrol solicitaron nesas datas á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal consideravel con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago... (seguir lendo na bitácora de GNSV)




Visualizar o mapa ampliado

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas