sábado, 9 de fevereiro de 2008

Novo documental de Namche Films en apoio de SOS Courel "Unha lousa sobre o Courel"




(Artigo de Vieiros) Namche Films constituíuse hai uns meses para realizar documentarios de contido social. Xa produciu O salario do silencio, centrado na defensa da Ría de Ferrol e na crítica á instalación de Reganosa no seu interior. Agora presentan Unha lousa sobre o Courel, que denuncia a destrución deste espazo natural, o despoboamento das súas aldeas, e a instalación de canteiras en lugares protexidos. No primeiro vídeo Xan do Vilar canta contra o abandono do Courel e a "depredación económica e política" que está a sufrir a zona, en palabras de Banet. (seguir lendo)

via Chuza por
Calidonia
SOS COUREL


culturagalega.org

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas