sábado, 29 de novembro de 2008

Queremos a Xosé Cendón ceibe!!



O fotografo galego Xosé Cendón leva secuestrado dende o pasado mércores en Somalia, créese que poida estar nunhas covas a 20 km. de Bossaso, por outra banda o Ministro de Asuntos Exteriores admitiu o venres que aínda non puideron contactar cos captores,e dicir non se sabe nada de Xosé Cendón. A última noticia que se ten é que detiveron a dous persoas presuntamente relacionadas co secuestro.
Esperemos que o noso fotografo este axiña na casa connosco.




Ultima Hora


29/11/2008 18:17 h Embaixador en Quenia: "Aínda que nós non falamos con eles, distintas fontes [non identificadas], confirmáron que os viron e que están en bo estado"


29/11/2008 18:36 h Xulia Cendón, irmá do fotógrafo Xosé Cendón, admitiu de que se enterou a través de xornalistas de que o embaixador español en Quenia dixera que está localizado


30/11/2008 10:16 h "Primeiro contacto entre autoridades e captores de xornalistas en Somalia"


30/11/2008 11:21h Moratinos asegura que a prioridade no rescate de Cendón é "a súa seguridade"


30/11/2008 18:13 h Policía de Puntlandia espera éxito en operacións para liberar xornalistas


30/11/2008 23:40 h A liberación do fotógrafo español José Cendón en Somalia, máis perto con cinco novas detencións


01/12/2008 00:05 h A familia de Cendón di que está localizado e atópanse máis tranquilos pero en espera


01/12/2008 09:38 h Somalia envía tropas ás montañas para rescatar ao fotógrafo galego


01/12/2008 18:45 h Cendón e Freeman levados a un novo "escondite"


01/12/2008 23:11 h "O meu irmán está ben"


02:12/2008 08:31 h Xosé Cendón: "Estou ben e non teño nin un rasguño"


02/12/2008 10:52 h Comezan as negociacións para liberar ao xornalista Galego secuestrado en Somalia


02/12/2008 21:15 h Os captores de Cendón aseguran que están negociando o prezo do rescate


02/12/2008 21:41 h Moratinos non ten constancia de que se pida rescate por Cendón


03/12/2008 12:09 h Moratinos: 'O rescate de Cendón xestiónao o 'Daily Telepraph'


04/12/2008 10:12 h A familia de Cendón teme que os secuestradores o reteñan ata Nadal


04/12/2008 14:52 h Trinta persoas piden presión política para a liberación de Xosé Cendón


04/12/2008 19:36 h Xosé Cendón segue desaparecido en Somalia unha semana despois da súa captura


05/12/2008 10:14 h A solución pasa por Londres


07/12/2008 17:21 h Decaen os ánimos na familia Cendón diante do secuestro que 'vai para longo'


08/12/2008 23:20 h A familia Cendón pide cautela e prudencia para protexer a Xosé Manuel


08/12/2008 23:35 h Moratinos di que "non hai que perder a esperanza"

10/12/2008 16:00 h A irmá de Cendón di que os contactos para a liberación avanzan lentos

12/12/2008 13:00 h Ceibar a Xosé cendón Xa!!

26/12/2008 12:00 h Cúmprese un mes do secuestro do gráfico galego Xosé Cendón






.

A Nosa Terra entrevista a Xosé Manuel Beiras sobre o Foro Social Galego



Vídeo by anosaterraTV


ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS

'Cómpren cambios aínda que algúns ricos se arruínen'


Manuel Vilas. Beiras reclámalle á Xunta 'independencia de criterio' e 'coraxe' para que tome medidas diferentes das da UE e evitar 'salvar aos delincuentes que crearon a crise e afogar aos cidadáns'. O catedrático cualifica de 'acontecemento decisivo' o Foro Social Galego para organizar dende Galiza unha resposta alternativa á recesión. (Artigo completo en A nosa Terra)


Vía Chuza por sann


http://forosocialgalego.org/images/banners/acceso_libre.gif


banner atopado na Plataforma Artabra 21

.



Ledicia pola volta de "Eucaliptos NON"

De: ATELMOP@telefonica.net
Enviado: venres, 28 de novembro de 2008
Para: Arceibe@hotmail.com

Por un problema relacionado cun grave accidente de tráfico do compañeiro que levaba o Blog, a nosa páxina estivo "parada " unha longa tempada .

A nosa dirección é http://www.eucaliptosnon.com/





-----------------------------------------------------------------------------------------


Un sincero desexo de que o teu amigo se recupere ben do accidente, e dende aquí animarvos a seguir con tan digno traballo, que tanto me comprace.

Seguide así!!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
.

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

28N; Día sen compras

Imaxe atopada na Ventana Verde


(c+p Adega) Dende hai 16 anos vense celebrando o Día sen Compras, unha iniciativa que xurdiu en Canadá baixo o lema “o bastante é suficiente”. Un día no que a modo de protesta contra o consumismo imperante se anima á poboación a que deixe de lado o carriño da compra. Unha xornada na que poderemos descansar do noso papel de consumidores/as natos e investir o tempo gañado nunha reflexión sobre o modelo “hiperconsumista” do que formamos parte. Proba a facerte algunha destas PREGUNTAS: De verdade o preciso? Voulle dar uso suficiente que compense o gasto? Cantos teño xa? Podería pasar sen el? De onde ven este produto? Quen e como se fabricou? Vai supor moito lixo isto que merco? Hai outra alternativa que sexa máis ecolóxica? Pódese reciclar? É bo para a saúde?

As materias e materiais que consumimos son recursos naturais finitos que usamos para o noso desfrute e para cubrir as nosas necesidades. É importante logo coidalos, gastalos con mesura e darlle unha longa vida. Pola contra no sistema existente a cultura de usar e tirar estáse pondo de rabiosa actualidade. As modas impostas anímannos a tirar obxectos que tornan en “obsoletos” de un ano para outro. O noso consumo tería que ser principalmente de produción local e libre de químicos. Mais a realidade é ben distinta, cada vez é máis difícil saber de onde viu ou que contén o que estamos a mercar.
Os alimentos e produtos pasean de un lado a outro do planeta incrementando as emisións de gases de efecto invernadoiro ao tempo que o seu prezo aumenta simplemente por pasar por mans intermediarias. A cantidade de pesticidas e tóxicos empregados nos cultivos aumentan ano tras ano, moitos deles carecendo dos estudos axeitados que certifiquen a súa seguridade e salubridade.

As transnacionais teñen cada vez máis influencia económica, política e social. Na actualidade máis do 80% das compras realizanse en grandes superficies. Sete empresas controlan tres de cada catro alimentos que mercamos nestes establecementos e unha soa empresa, Carrefour, controla un de cada catro. As grandes superficies fixan prezos, incitan o consumismo estudando o noso comportamento e apoiandose nas nosas debilidades, promoven a produción de lixo, compiten co pequeno comercio e a función social que ten este e provocannos estrés.
Estamos inmersos/as nun sistema onde prima a cantidade producida e os beneficios tirados do producto perante a calidade deste. Un modelo que aplaude por exemplo que os transxénicos aparezan sen permiso na nosa mesa. Un réximen de “libre” mercado na que a degradación medioambiental está acompañando en todo o proceso, no que as rexións máis pobres do planeta son as que sofren o noso desenfreno devorador de recursos.
Como reacción a este modelo, pola saúde persoal e pola do planeta, pero tamén como maneira de levar a iniciativa individual ao plano colectivo, compre mudar estes hábitos e voltar cara un consumo local, social e ambientalmente máis xusto. Tamén nós rematamos por convertirnos en vítimas do consumismo; consumimos o noso tempo libre nas tendas e centros comerciais, consumimos a nosa saúde e paciencia en longas colas, consumimos os nosos desexos poñendolle prezo a todo.
Ante a decisión de facer unha compra podes plantexarte algunha destas preguntas: De verdade o preciso? Voulle dar uso suficiente que compense a inversión? Cantos teño xa? Podería pasar sen el? De onde ven este produto? Quen e como se fabricou? Vai supor moito lixo isto que merco? Hai outra alternativa que sexa máis ecolóxica? Canto me vai durar? Pódese reciclar? Faime máis feliz mercalo? Estou sendo vítima da publicidade? É bo para a saúde?

Artigo orixinal de Adega


.

Nas bitácoras amigas