domingo, 4 de outubro de 2009

Os "Hilillos" de Rajoy - MundoGaliza.com

Imaxe via MundoGaliza.com

Beatriz Guiance - MundoGaliza.com - Aqueles, noutrora tan falsos como famosos, "hilillos de plastilina" que saían da boca de Rajoy, á par que o Prestige cuspía negrura polas nosas costas, siguen estando presentes, no noso mar e na nosa memoria.
O último informe realizado por Repsol, para o goberno estatal, confirma que cada día o Prestige continúa a verquer case 50 litros de fuel.

Despois de tantos anos de aparentar normalidade e de bañarnos, verán tras verán, nestas praias "limpas e esplendorosas" dámonos de canto coa realidade, nunca deixou de botar a pantasma veleno preto no mar nin deixaron de ser mentiras as pronunciadas por alquel desgoberno que afundiu algo máis do que un barco.

Canto fuel se supón que había nese barco para que dea tanto de si? Canto máis vai durar este pesadelo?

Estamos xa en outubro de 2009 e non hai perspectivas de que a situación vaia cambiar. Ninguén pagou polas súas responsabilidades, ninguén demitiu, ninguén pisou o cárcere agás o "coitado" de Mangouras.
Até cando vai durar o preto das augas, os fundos mariños e as mentiras?

Non esquezamos que os dous da foto foron os máis culpables, xa non tanto polas súas decisións erradas como polas súas mentiras, ocultación de datos, rexeitamento de axuda internaciónal, por non querer escoitar as voces dos expertos e retrucar na súa sobervia teimuda de alonxar o barco até facelo afundir.

A situación, lonxe de estar solucionada, como todos parecen aparentar, pode aínda empeorar moito. O deterioro dos restos do petroleiro poderían provocar a saída de 1.100 toneladas, que son as que actualmente hai almacenadas no seu interior.

1.100 toneladas que de seguro acabarán espalladas polo mar a un ritmo de 50 litros diarios, ou máis se o deterioro dos restos do Prestige provoca perforacións nos tanques.

Non hai cartos, penas ou bágoas que poidan pagar o que estes desvergoñados lle fixeron á Galiza. Non debería haber curruncho na terra onde vos puiderades meter sen ter que agochar esa faciana máis dura que a pedra, mais nen hai vergoña nen sentimentos de arrepentimento, nen tan sequer unha desculpa, nada, apenas mentiras e esquecemento.

Pasen os anos que pasen seguirá a estar no noso recordo. Nunca Máis

Relacionado

Galiciae - O Prestige segue a perder entre 20 e 50 litros de fuel diarios

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas