domingo, 13 de setembro de 2009

Unha foto malograda

Imaxe dende a rede Galiza Non Se Vende

Anaco copiado dunha nova da bitácora da rede GNSV titulada - "11 de setembro: Xornada de loita en defensa do Salgueirón"

...A nota discordante puxérona uns asistentes que non foran convidados. Referímonos aos representantes do BNG, Teresa Táboas e Bieito Lobeira, que se presentaron no lugar coa intención de saír na foto. Pero a foto saíulles bastante movida e moi desenfocada.
É un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas de Cangas que estas persoas tiveran o descaro e o atrevemento de presentarse alí, cando nas mans da súa compañeira de partido e alcaldesa de Cangas, Clara Millán, está a posibilidade (e a obriga) de parar esas obras con só asinar un papel, pois, entre outras moitas irregularidades, carecen de licencia municipal. Pero Caixanova (ou caixa rouba), accionista maioritaria da empresa promotora, é moi… como dicir… influínte?
E a foto saíulles movida porque os berros de “Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é”, “BNG fora de Massó”, hipócritas, vendidos, corruptos e outras lindezas, acompañáronnos moi de cerca, cara con cara, tanto cando embarcaron nun dos barcos como cando, unha hora despois, saíron del a toda presa e fuxiron peirao adiante como almas que leva o demo. E aínda no mesmo barco tiveron que oír bastantes cousas. Deuse ademais a circunstancia de que sobre as 11:30 toda a flota tomou rumbo á casa do concello, moi próxima ao mar, para levar á alcaldesa a protesta. As súas caras alí eran todo un poema...





.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas