sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

Veciños Asturianos e Galegos contra a liña de alta tensión crean a asociación 'Camín Grande'


(Galiciae) Veciños do concello lugués da Fonsagrada e de Santa Eulalia de Oscos (Asturias) uníronse nunha plataforma contra o trazado previsto da liña de alta tensión Boimente-Pesoz, que pasaría pola actual Reserva da Biosfera Oscos-Eo e Terras de Burón.

A asociación 'Camín Grande' quedou constituída nunha reunión na Casa de Cultura santallesa á que asistiron uns 120 veciños dos dous municipios afectados.

Os seus obxectivos inmediatos son conseguir a paralización do proxecto de construción do tendido eléctrico e a realización dun novo estudo de impacto ambiental, esixencia na que coinciden cos alcaldes dos seus respectivos concellos.

A xunta directiva da plataforma, composta por veciños de Asturias e Galicia, comprometeuse a analizar este informe en detalle porque consideran que "carace de fundamento, rigor e seriedade".

Impacto sobre a saúde dos veciños
Os seus argumentos contra o actual trazado la liña de 400.000 voltios que Red Eléctrica Española (REE) ten previsto para a zona inclúen motivos económicos, de saúde e ambientais.

O presidente de 'Camín Grande', o asturiano José Luis Díaz, asegura que o tendido "expandirá contaminación electromagnética, coa grave incidencia que isto suporá para a saúde das persoas" e destacou que en varios puntos a liña discorrerá "a menos de 300 metros" de lugares habitados.

Asegura que "está comprobado" que os que viven preto destes tendidos sofren "trastornos do sono e cefaleas" polo que a calidade de vida dos veciños "se devaluaría"...(Ler artigo completo en Galiciae)

via Chuza por pingheiras



Reserva de la Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón - 1


Reserva de la Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón - 2


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas