Galicia
En Galicia, a industria papeleira e do cloro teñen un peso importante, sendo Pontevedra o punto máis contaminado polas verteduras procedentes deste tipo de instalacións.
Galicia posúe a incineradora de Sogama en Cerceda que queima residuos sólidos urbáns.
1. Elnosa (Pontevedra)
2. Grupo Empresarial ENCE, S.A. (Louzirán, Pontevedra)
3. Refinería de Repsol (A Coruña)
4. Incineradora de Sogama, Cerceda (A Coruña)
5. Cementeira Cementos Cosmos (Oural, Lugo)
2. Grupo Empresarial ENCE, S.A. (Louzirán, Pontevedra)
3. Refinería de Repsol (A Coruña)
4. Incineradora de Sogama, Cerceda (A Coruña)
5. Cementeira Cementos Cosmos (Oural, Lugo)
Estas plantas xeran cinzas e escorias tóxicas, e emiten dioxinas e furanos, que son sustancias persistentes (tardan anos ou décadas en degradarse) e bioacumulativas (acumúlanse en todos os organismos da cadea alimentaria, aumentando a súa concentración nos últimos elos). Non existen niveis seguros de emisión para estas sustancias persistentes. Ademais, existe unha cementeira onde se incineran residuos. Esta práctica ten o inconveniente de incorporar ao cemento sustancias perigosas, ademais de xerar unha gran contaminación atmosférica por partículas en suspensión que levan adheridas metais pesados.
A industria do petróleo ten un peso importante na contaminación da comunidade. A refinería da Coruña, cunha produción de máis de 6 millóns de toneladas ao ano, é unha fonte importante de derrames ao mar de cru. Ademais, Galicia é a zona máis sensible e castigada polo intenso tráfico marítimo e as verteduras de petróleo. Algúns dos máis graves son o do Urquiola, o Mar Egeo e, máis recentemente, o Prestige. Segundo datos do ministerio da Presidencia, Europa é a maior receptora de produtos petrolíferos, acumulando un 27% do total do comercio mundial. A maior parte deste tráfico efectúase fronte ás costas Atlánticas e do Mar do Norte, que son as zonas máis vulnerables a calquera tipo de sinistro derivado deste comercio. Segundo a UE, todos os anos navegan nas costas comunitarias de 1.500 a 2.000 petroleiros.
Demostrouse como, tras a catástrofe do Prestige, os PAHs foron o principal contaminante da costa galega. Estes compostos orgánicos persistentes (COPs) poden permanecer no medioambiente durante longos períodos de tempo sen alterar as súas propiedades tóxicas. Os principais impactos dos PAHs na saúde humana céntranse nas súas propiedades genotóxicas, é dicir causan danos ao material xenético (teratogénicas, mutagénicas e carcinogénicas). Identificáronse tamén a existencia de metais pesados no Parque Nacional das Illas Atlánticas e na Bahía de Corme-Laxe que aparentemente non están producindo efectos biolóxicos de tipo agudo.
A nova por Greenpeace
Informe da contaminación en España que inclúe mapas de puntos negros por fontes contaminantes e por autonomías (pdf)
Sem comentários:
Enviar um comentário