O Comité Cidadán de Emerxencia quere manifestar o seu máis fondo pesar polo falecemento do seu Coordinador Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as súas condolencias á familia e amigos.
Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.
Todas as persoas que queiran renderlle unha homenaxe, poderán facelo acompañándoo na súa despedida
mañá mércores día 6 as 18:00 no cemiterio de Catabois
Velatorio : Tanatorio Artabria - (A Gándara - Ferrol)
(c+p) O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário