Os comentarios son de interese
Para Manuel Vázquez foi um protesto ''oportunista'' e ''injusto''
O conselheiro do ambiente opina sobre a manifestaçom de Galiza Nom se Vende: Oportunista e injusta, politicamente pouco defendível, "acopio de colectivos que iba a pedir cada uno lo suyo"... E, como nom, pergunta-se onde estavam os manifestantes quando governava o PP. "Para una vez que alguien está poniendo el barco medioambiental derecho en este país, los colectivos que son teóricamente progresistas son los que van contra un Gobierno que defiende estas políticas".
Algo pasa na Quintana...
Chuza enviado por CANARIODOPENEDO
Artigo de Antón Xil. A multitudinaria manifestación do domingo en Santiago deixa un pouso de consecuencias impredecibles para os vindeiros comicios xerais. Desde logo o éxito da participación debe provocar entre os máximos responsables do goberno bipartito certo exercicio de reflexión e, incluso, autocrítica posto que moitos dos que se concentraron na Praza da Quintana axudaron a que PSOE e BNG compartan hoxe tarefas de goberno. Visto en artabra21.blogspot.com/2008/02/algo-pasa-na-quintana-por-antn-xil.html
O 'Coronel Paco' defende a gestão ambiental do PSOE e ataca os ambientalistas afins ao BNG por ''desleais''
Chuza enviado por gerardinho2000
O líder máximo da UPG, o futuro ex deputado Francisco Rodríguez, defende a gestão ambiental do PSOE na Junta e chama de "desleais" os ambientalistas afins ao BNG por darem apoio à cocentração de Galiza non se Vende do passado domingo. | RELs (de algum jeito): www.vieiros.com/opinions/opinion/349/e-onde-estaba-vostede perfectoconde.blogspot.com/2008/02/galicia-non-se-vende.html
Galiza Non Se Vende pide a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente
O Conselleiro Vázquez declarou que os manifestantes de GALIZA NON SE VENDE "non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu". Lonxe de responder aos argumentos de GNSV, expresados no manifesto e no comunicado, prefire descualificar aos milleiros de galeg@s que democraticamente e facendo gala dun enorme sentido da responsabilidade (entendida esta como unha actitude cívica de defensa do patrimonio natural e do medio ambiente) esiximos un cambio de rumbo.
Onde estaban antes os da Quintana?
Un artigo de opinión en Vieiros.com abre un debate interesante ¿onde estaban antes os que se manifestaron enchendo a praza da Quintana para defender a ecoloxía, a paisaxe e o territorio?.
(c+p) ChuzaO Bipartito non entendeu nada
As rápidas reaccións dos membros do goberno autonómico puxeron de manifesto en primeiro lugar o maior éxito da manifestación do domingo: Ter feito visible a apabullante presenza dun movemento social que se manifesta rotundamente crítico coa política medioambiental do bipartito e que xa non lles é posible ignorar. O Presidente Touriño e o Conselleiro de Medio Ambiente Vázquez revelaron estupor e desconcerto ante tan contundente resposta cidadá.
A Conselharia do Ambiente insta a Meio Rural a parar a concentraçom parcelária em Vilatuxe por nom contar cum estudo de impacto ambiental e afectar à Rede Natura. Xesús Cordeiro "Menfis", do BNG, dá umha conferência de imprensa na que acusa ao PSOE de deslealdade e afirma que hai certos "tontos inútiles" que pretendem desacreditar a política do BNG no meio rural. Via: federacionecoloxista.blogsome.com/2008/02/21/os-politicos-estan-enfadados-perdi
Segundo Xesús Cordeiro, certos ''tontos inútiles'' pretendem desacreditar a política do BNG no meio rural
A Conselharia do Ambiente insta a Meio Rural a parar a concentraçom parcelária em Vilatuxe por nom contar cum estudo de impacto ambiental e afectar à Rede Natura. Xesús Cordeiro "Menfis", do BNG, dá umha conferência de imprensa na que acusa ao PSOE de deslealdade e afirma que hai certos "tontos inútiles" que pretendem desacreditar a política do BNG no meio rural. Via: federacionecoloxista.blogsome.com/2008/02/21/os-politicos-estan-enfadados-perdi
"Nós si defendemos o medio"
Chuza enviado por CANARIODOPENEDO
Entrevista ao Conselleiro de Medio Ambiente. Manuel Vázquez está doído pola protesta de Galicia non se vende, que cualifica de "absolutamente inxusta". Pregunta onde andaban os que agora protestan cando os gobernos de Fraga violaban a Rede Natura. O goberno ao que pertenzo está loitando polo territorio e por romper unha tradición de moitos anos. Entendo a xente de Reganosa, pero tampouco se pode chegar agora mesturando iso coa minas do Courel, o Lagares ou o parque de Carballeda. Relacionada: chuza.org/historia/100-v-zquez/
Sem comentários:
Enviar um comentário